A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

 

Iniciar sesión



Cartel

Eventos

Último mes Marzo 2010 Seguinte mes
L M M X V S D
week 9 1 2 3 4 5 6 7
week 10 8 9 10 11 12 13 14
week 11 15 16 17 18 19 20 21
week 12 22 23 24 25 26 27 28
week 13 29 30 31

Procurar no web

Quen anda?

Temos 20 convidados en liña
 
 

O Tribunal Superior de Xustiza anula parte do Convenio a instancia de CCOO

Concurso de traslados, OPE 2005, cambio de categoría, concurso permanente; afectados ou anulados pola demanda de CCOO á que se sumou o CSIF.

A sentenza impulsada por CCOO é un ataque frontal aos dereitos dos/as traballadores/as, buscando torpedear o V Convenio e practicando unha política sindical de terra queimada. Descarga o boletín especial "o laboral".


A xoía da coroa de Economía e Industria perde brillo
Nacional - RPT e estrutura
Venres, 05 Marzo 2010 00:28

Se a receita do éxito da política de I+D+I consite en mimar aos seus recursos humanos, non se espera demasiado éxito se se comeza por tratar de xeito despectivo ás persoas encargadas da súa xestión.

Por pedimento da CIG, a semana pasada tivo lugar unha xuntanza co secretario xeral da Consellaría de Economía e Industria para falar sobre o anteproxecto de Lei polo que se autoriza á Xunta de Galicia para a creación da Axencia Galega de Innovación. A motivación desta reunión nace de dous extremos: 1) a falta de información ao persoal afectado e aos seus representantes, e 2) o contido no seu articulado de elementos que son materia de negociación e que afectan ás condicións de traballo dos empregados públicos.

Ler máis...
 
Actualidade das listas de substitución
Nacional - Listas substitucións
Luns, 01 Marzo 2010 22:40

O D.O.G. do día 26 de febreiro de 2010 publica as resolucións polas que:

  •  se acorda o peche e a apertura das listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas, e se adapta a forma de presentar as solicitudes.


  • se fai pública a actualización provisional de méritos correspondentes ao ano 2009 das listas para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Ler máis...
 
Reunión da Comisión de Seguimento do Acordo dos Centros de Ensino 22/02/2010
Nacional - Mesas negociación e órganos representación
Martes, 23 Febreiro 2010 14:04

Reunión da Comisión de Seguimento do Acordo sobre a xornada de traballo  do persoal subalterno e sobre as retribucións do persoal subalterno e auxiliar administrativo que presta servizos nos centros educativos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 22/02/2010.

Na xuntanza, desde a CIG presentamos a problemática que se está a producir en torno ao Acordo:

A) Problemas de interpretación do acordo

Ler máis...
 
Campaña de vixiancia da saúde
Nacional - Saude laboral
Mércores, 17 Febreiro 2010 10:55

O día 4 de febreiro comezou a campaña de vixilancia da saúde para o ano 2010, polo que xa está aberto  o prazo para solicitar o recoñecemento médico para o persoal da Administración Xeral da Xunta de Galicia. No DOG do día 3 de febreiro publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos. A solicitude farase de xeito telemático, a través da páxina web do Servizo de Prevención de Riscos, picando na ligazón habilitada na marxe dereita (petición de recoñecemento médico anual). O prazo para poder solicitalos remata o vindeiro 4 de abril.

 
Prevención de Riscos Laborais: Reunión coa SX de Presidencia, AAPP e Xustiza
Nacional - Saude laboral
Mércores, 03 Marzo 2010 15:05

Por pedimento da CIG mantivemos unha xuntanza coa secretaria xeral de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Beatríz Cuiña Barja, e co subdirector xeral  de Servizos Comúns, José Luís Maestro Castiñeiras, para denunciar as eivas e incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais na Xunta de Galicia. Os temas tratados, dado a súa especial relevancia dentro da Xunta e por ser os que suscitan maior interese  no  persoal e nos delegados e delegadas de prevención, foron: as avaliacións de riscos, as convocatorias dos Comités de Saúde e Seguridade Laboral (CSS),  a vixilancia da saúde e os problemas coas prestacións da Mutua.

Ler máis...
 
Xuntanza sobre o PRODI nas Oficinas de Emprego coa Consellaría de Traballo e Benestar
Nacional - Outras informacións e conflitos xerais
Martes, 23 Febreiro 2010 14:21

O día 18 de febreiro tivemos unha xuntanza coa Consellaría de Traballo polas oficinas de emprego (PRODI). A Consellaría infórmanos de que Administración Xeral do Estado concedeulle unha subvención por unha cantidade de 73.000 € para o reparto de produtividade entre os/as traballadores/as das Oficinas de Emprego pola maior carga de traballo entre o día 16 de agosto de 2009 e o 31 de decembro de 2009 por mor do aumento do plan PRODI.

Esta cantidade e o concepto veñen marcados polo Estado polo que non se poden cambiar, o único que se ten que negociar é si é lineal para todos/as os/as traballadores/as das oficinas de emprego.

Ler máis...
 
Modificacións nas listas de substitución
Nacional - Listas substitucións
Venres, 19 Febreiro 2010 17:26

Dende a Dirección Xeral de Función Pública achegáronnos hoxe o borrador da resolución pola que se modifican algúns aspectos relacionados coas listas de substitución. Nesta resolución se acorda o peche dalgunhas listas, reábrense outras por mor da resolución de determinados procesos selectivos, elimínase a obriga de presentar o DNI coa solicitude e se establece como únicos modelos válidos de solicitudes, a partir do 1 de marzo, os que xerados a través da correspondente aplicación da seguinte páxina web da Xunta de Galicia.

Nesta resolución inclúese un anexo I e II nos que se relacionan as listas que están pechadas neste período que comeza o 1 de marzo e as listas que están abertas, estes anexos aínda non están revisados polo que poden conter algún dato erróneo. A intención da DXFP é enviar ao DOG  a resolución o próximo luns para que se puidera publicar entre o 25 e o 26, xa que  afecta as novas solicitudes. Ata entón podedes comunicarnos as vosas alegacións a través dos nosos foros.

Por outra banda, infórmasenos de que a próxima semana publicarase a actualización provisional de méritos.

 
Folleto de retribucións 2010
Nacional - Retribucións
Martes, 16 Febreiro 2010 11:54

Poñemos á tua disposición un folleto coas retribucións do persoal laboral e funcionario para o exercicio 2010. Preme nesta ligazón.

 

Outras novas nacionais

Xuntanza RPT CMATI
05/03/2010

O xoves 11 temos unha xuntanza coa Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras para discutir a sua RPT. Podes descargar os documentos, e d [ ... ]


Curso Superior de Administración electrónica
09/02/2010

No DOG do 09/02/10 publicase a convocatria do curso superior de administración electrónica que se vai inaugurar o 26 de febreiro .-PRAZAS: 64 .-DESTINAT [ ... ]


Cursos de linguaxe administrativa galega nas Escolas Oficiais de Idiomas
09/02/2010

O dog do 03/02/10 publica a convocatoria dos cursos de linguaxe administrativa galega a celebrar nas EOI. .- QUENDAS: Febreiro/marzo 2010 e outubro 2010 . [ ... ]


probas para a obtención dos certificados de lingua galega( Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2010)
09/02/2010

O DOG do 05/02/2010 publica a convocatoria das probas para obter os certificados de lingua galega. .- 3 convocatorias:  maio 2010 ( para Galicia); out [ ... ]


Campaña de vixiancia da saúde 2010
09/02/2010

O DOG do 03/02/2010 publica a apertura do prazo para solicitar as revisión médicas. Vai dirixido a todos/as os/as traballadores/as da administración xera [ ... ]


Cursos EGAP 1º semestre
09/02/2010

O dog  do 4 de febreiro de 2010 publica a apertura de solicitudes para participar na formación continua da EGAP para o persoal da administración [ ... ]


Novas da CIG

Mobilizacións contra a reforma laboral, das pensións e o acordo de negociación colectiva
10/02/2010

O secretariado confederal da CIG acorda mobilizacións contra a reforma laboral, das pensións e o acordo de negociación colectiva. O mércores 10 de febre [ ... ]


PSOE e PP votan a favor do mantemento dos privilexios dos funcionarios que desempeñen altos cargos
11/12/2009
article thumbnail

Suso Seixo, secretario xeral da CIG, foi o encargado de defender no pleno do Parlamento, como portavoz da comisión promotora, a Iniciativa Lexislativa Popu [ ... ]


Titulares doutros sitios

Nas comarcas

Ourense

Cursos na CIG - Admón. Pública de Ourense para o 2010
20/01/2010

CURSOS NA CIG - ADMÓN. PÚBLICA DE OURENSE. Comarca:  Ourense


Rogelio Martínez e o culto ao seu embigo
14/01/2010

Dende a CIG-Autonómica estamos estupefactos coa manipuladora e capciosa contestación de Rogelio Martínez ao comunicado da CIG no que denunciabamos ás il [ ... ]


Requirimento da Inspección de Traballo a Medio Rural polos incumprimentos en materia de prevención
14/01/2010

A Inspección de Traballo vén de efectuar un requirimento á Consellaría de Medio Rural en Ourense, polos incumprimentos en materia de prevención de  [ ... ]


Pontevedra-Vigo

Formación contínua comarca de Vigo
19/02/2010

Programación 2010. Cursos da CIG Admón. Pública comarca de Vigo. Na vindeira semana abriremos o prazo de preinscripción, de xeito que as instancias hai  [ ... ]


A Xanela Vigo-Pontevedra. Xaneiro 2010
29/01/2010

A Xanela, Vigo-Pontevedra. nº 47, xaneiro 2010:
- Retribucións: a crise, que a pague o capital. - O que defendeu a CIG para a Xunta
- Ladrar á lúa - O [ ... ]


Edificio Pontevedra. Unidade de CCOO
15/12/2009

O 24 de novembro, a Xunta de Persoal de Pontevedra xuntouse coa Secretaria Territorial de Pontevedra e Xefe Territorial de Presidencia para tratarmos asunto [ ... ]


Serv. centrais

Boletim Serviços Centrais 187. Janeiro 2010
01/02/2010

Boletim Serviços Centrais 187. Janeiro 2010. Nesta ediçom:Editorial: Roberto Varela e a anticultura post-modernaArtigos: A perversom dos Falsos (Trabalho  [ ... ]


Joomla 1.5 Templates by Joomlashack