|
Subsector Axencia Tributaria - Convenio Único do persoal laboral |
| Diptico CIG - Vota
contas
|
| B.O.E 30/01/08,
PUBLÍCASE A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO
PARA O ANO 2008 NA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO.
Corrección de erros da OPE 2008 |
| Acordo
Carreira Administrativa - Axencia Tributaria
|
| Nota
Informativa Comisión Técnica da CIVEA
|
| Prazas
OEP acumulada Persoal Laboral
|
| Regulación
do Teletraballo
|
|
Promoción
interna 2007 persoal laboral
|
|
Táboa
salarial persoal laboral 2007
|
|
OFERTA DE EMPREGO
PUBLICO 2007
|
|
Texto Mesa
Xeral
Xuntanza da Mesa do Estado: Crónica doutra perda anunciada |
|
Informe
sobre as modificacións do R.D. de provisión de postos
BOE 04/03/06 Modificación regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da admon. xeral do estado |
PLAN
DE PENSIÓNS NA ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO
|
|
Nota Informativa: "Sentencia do Supremo" - 14 de maio de 2002 O Tribunal Supremo, ratifica o dereito da CIG a participar, de pleno dereito, nos Órganos de Negociación Colectiva do Persoal Laboral da Administración Xeral do Estado.
|
|
14/5/2002 |
O
Tribunal Supremo, ratifica o dereito da CIG a participar, de pleno dereito, nos
Órganos de Negociación Colectiva do Pesoal Laboral da Administración Xeral do
Estado.
A
Sala do Social do Tribunal Supremo, por sentencia de 15 de abril, ven de poñer
fin á batalla legal iniciada pola CIG no ano 1999; logo de que os Sindicatos
Estatais CCOO, UGT e CSI-CSIF, co beneplácito do Ministerio de Administracións
Públicas, pretenderan usurparlle á CIG o dereito á negociación colectiva;
acordando excluir ós nosos representantes nos ámbitos de representación
constituidos nos distintos Ministerios e Organismos da Administración Xeral do
Estado, limitando a nosa participación a dúas das dezaoito Subcomisións
constituidas ó amparo do I Convenio Único asinado, tamén pola CIG, en
novembro de 1998.
Como
consecuencia desta decisión, a Federación de Administración Pública da CIG;
presentou diante da Audiencia Nacional un Conflicto Colectivo pola discriminaciçón
que este acordo supoñía; ademáis de consideralo contrario ó disposto no
texto do propio Convenio.
Por
Sentencia de 19 de setembro do 2000 da Sala do Social da Audiencia Nacional, fállase
a favor do recurso presentado pola CIG. Declarándose o dereito do Sindicato
demandante a participar, a lo menos con un membro, en todas e cada unha das
Subcomisións constituidas nos distintos Departamentos e Organismos Públicos
con centros de traballo no ámbito territorial de Galiza.
Non
conformes có sentenciado, os Sindicatos CCOO, UGT e CSI-CSIF, xunto có Ministerio de Administracións Públicas, interpoñen recurso de Casación
perante o Tribunal Supremo. Sendo todos eles coincidentes nos seus argumentos,
que concretanse en: A obriga de pasar pola decisión maioritaria da Comisión
que tomou o acordo, o cuestionamento da representatividade da CIG e o feito de
que a entrada doutros representantes desplaza ós destes Sindicatos (o convenio
establece un máximo de once representantes por Subcomisión).
Esta
sentencia do Supremo (que
podedes consultar íntegramente na páxina web da Federación de Administración
Pública da CIG, www.cigadmon.org) remata cun litixio que nunca debeu comezarse, de non mediar
outros intereses que para nada se corresponden cos estrictamente sindicais; e
que, si cabe, ainda adquiren maior gravedade, cando unha das partes actuante e
unha Administración Pública que, cos medios e profesionais, económicos e
materiais financiados polos impostos de todos, promove a exclusión e o
illamento do Sindicalismo Nacionalista (lembramos que no mesmo caso atópanse os
compañeiros do sindicato Vasco ELA-STV) na nosa pretensión de defender os
nosos principios sindicais nos ámbitos constituidos para canalizar a Negociación
Colectiva dos traballadores e traballadoras de Galiza.
Galiza, 14 de maio de 2002.