|
Subsector Axencia Tributaria |
|
Subsector Axencia Tributaria
Nota Informativa: MESA DE NEGOCIACION DOS CRITERIOS DE VALORACION NOS CONCURSOS DE INFORMÁTICA O pasado día 28 de Marzo a Administración convocounos para presentar á parte social o borrador de traballo sobre a valoración de méritos para os Concursos de Informática adscritos ós grupos A, B, C e D.
As
propostas dos sindicatos non foron atendidas pola Administración, polo
que nin a CIG nin os demais membros da parte social asinamos o borrador.
Os
puntos principias de desencontro coa Administración foron os seguintes: ·
Non se aplica o Plan Concilia ó persoal laboral ( só se
aplicará para o persoal funcionario). ·
Non están dispostos a valorar os coñecementos da lengua
galega, en contra da nosa petición, xa que solicitabamos que se valoraran
cando menos nas prazas de atención ó público. ·
Informe do xefe: a Administración con accede a súa
supresión. ·
Vanse manter os
nomeamentos en comisión de servizos.
As novidades que se introducen no borrador son, entre outras, as
seguintes: ·
Vaise valorar o nivel do complemento de destino do posto
ocupado polo solicitante nos últimos cinco anos. ·
A Administración acepta a nosa proposta de valorar o
traballo desenvolvido nos últimos 5 anos, (e non nos últimos 6, como
pretendía inicialmente). Estamos á espera dunha nova convocatoria da Administración para discutir o borrador, se queres facer algunha sugerencia ou comentario,ponte en contacto con nós no correo cigaeat@hotmail.com. |
|
Subsector Axencia Tributaria
PROPOSTA SINDICAL DE NOVO CALENDARO LABORAL NA AEAT |
|
Subsector Axencia Tributaria
Nota Informativa: REUNION COMISION DE INTERPRETACION DO ACORDO HORARIO DE VIXIANCIA ADUANEIRA Por fin deuselle un “pasavante” ás cuestións que xa se tiñan acordado nos meses de novembro e decembro do ano pasado pero que non estaban asinadas por parte da Administración , o que lle permitía interpretar unilateralmente o Acordo sempre en perxuicio dos traballadores. Aínda
que quedan algunhas cousas importantes por interpretar, dende a CIG consideramos
oportuno asinar onte as cuestións que xa estaban acordadas, e reunirnos nun
prazo máximo de 15 días para dilucidar os temas pendentes, a outra
posibilidade era a de enrocarse e seguir
na situación de inseguridade na que estabamos outros tres meses como mínimo. A
CIG, dende unha postura de responsabilidade e coherencia, apostou por seguir
profundizando no desenrolo do Acordo Horario dende a perspectiva de acabar coa
incertidumbre e as interpretacións interesadas. Na
vindeira reunión trataranse entre outras cuestións as seguintes: -
Cómputo de 150 horas no sistema de Investigación. -
Aplicación do R.D. 462/2002 sobre indemnizacións por razón de servicio
para todas as embarcacións. -
Asimilación ou non de embarque en buques de guerra a B.O.E. -
Tempo máximo de saída en embarcacións con tripulacións mínimas -
Aplicación do acordo da CECIR sobre dietas de manutención ó persoal de terra
cando non sae do término municipal, nas mesmas condicións que o persoal de
custodias Si
tedes outros temas que considerades se deban tratar na Comisión non dubidedes
en enviarnolas a través dos delegados da CIG no voso centro de traballo ou
enviando por fax ó 981 12 72 22 á
atención de Carmen. Con
este Anexo ó Acordo quedan derogadas todas as interpretacións unilaterais que
enviara V.A. en forma de circulares, avisos etc., polo
que vos rogamos que en caso de que observedes calquer incumprimento por parte
dos responsables de aplicar o Acordo vos poñades en contacto coa CIG ou o
denunciedes persoalmente |