Confederación Intersindical Galega

Federación de Administración Pública

Federación de Administración Pública da CIG

Federación de Administración Pública da CIG

Ligazóns sectores

Autonómica
Correos
Xustiza

Ligazons confederacion

CIG - Avantar
Forga
Saúde laboral
Fesga

Iniciar sesion






Procurar no web

A Área Pública da CIG oponse aos recortes nas condicións laborais e salariais do persoal da administración pública
Venres, 03 Febreiro 2012 20:54

Anuncia mobilizacións para exixir a súa reconsideración e retirada

A Área Pública da CIG manifesta o seu rotundo rexeitamento ás medidas anunciadas pola conselleira de Facenda, no día de hoxe. Medidas que implican recortes nas condicións laborais e salariais e supresión de dereitos do persoal das administracións públicas. A Xunta de Galiza pretende eliminar desde o cobro do 100% de salario en todas as baixas por debaixo dos 21 días, até reducir de forma obrigatoria un terzo da xornada e, en consecuencia de salario, aos traballadores/as interinos e contratados. A CIG exixe a reconsideración e retirada destas propostas ou, do contrario, convocará a todas as empregadas e empregados públicos a mobilizarse en defensa dos seus dereitos.

A conselleira de Facenda anunciou esta mañá aos secretarios nacionais das federacións da Área Pública (Administración, Saúde e Ensino) toda unha serie de medidas que implican recortar as condicións laborais e salariais de todo o persoal de todas as administracións públicas: entes, organismos, consorcios, universidades, Parlamento...

As federacións da Área Pública da CIG denuncian que a Xunta de Galiza pretende que sexan as súas traballadoras e traballadores quen paguen os recortes que a administración vai realizar, segundo a conselleira de Facenda, para cumprir as exixencias de Bruxelas e do estado español.

A secretaria nacional de CIG-Administración, María Carme López Santamariña, como coordinadora das federacións de Área Pública asegura que se trata de medidas “moi agresivas e lesivas” para o persoal. “Isto supón unha regresión canto a dereitos adquiridos, algúns deles consolidados desde os anos 60 e 70 do século pasado, como é eliminar o complemento das baixas por incapacidade, penalizando así ás traballadoras e traballadores polo feito de estaren enfermos”.

A pretensión da administración é rebaixar os salarios en caso de incapacidade temporal (enfermidade común), eliminando o complemento que garantía a remuneración do 100% do salario e só ofrecendo a posibilidade de cobralo a partir do día 21 da IT.

Ler máis...
 
As federacións da Área Pública da CIG denuncian a campaña mediática emprendida contra os servizos públicos e o seu persoal
Xoves, 19 Xaneiro 2012 22:36

Manifestan a súa oposición a calquera medida que supoña recortar aínda máis as condicións laborais dos empregados e empregadas públicas.

As federacións da Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) denuncian a campaña sistemática de desprestixio dos/as empregados/as públicos/as e, por extensión, dos servizos públicos. Manifestan a súa oposición a calquera medida que supoña recortar aínda máis as condicións laborais dos empregados e empregadas públicas e denuncian a publicación de informacións baseadas na mentira e na demagoxia en medios afíns ao PP que teñen como único obxectivo manipular á opinión pública.
10-04-25 Manifestación nacional en denfensa dos servizos públicos XIX Segundo unha información publicada este xoves, a Xunta de Galiza estaría a barallar novas medidas que implicarían aplicar novos recortes laborais aos empregados e empregadas públicas. Estes recortes afectarían aos días de libre disposición, ao complemento por IT (Incapacidade Temporal) e xornada laboral que pasaría a ser de 37,5 horas.

Fronte a isto, as federacións da área pública da CIG afirman que no referido á xornada laboral, en Galiza todas as empregadas e empregados públicos traballan xa 37,5 horas semanais, que é o que esteblece a normativa da Función Pública galega e o Convenio do persoal laboral.

Neste sentido, matizan que só o persoal laboral que traballa a quendas, con noites e festivos, ou que teña un contrato fixado por horas, coa redución proporcional do soldo, traballa menos horas, do mesmo xeito que o fai o persoal funcionario e laboral que ten unha redución de xornada por conciliación familiar, ao que tamén se lle aplica unha redución proporcional do soldo. “Hai outras administracións que si teñen un horario menor, en Galiza non se dá o caso”.

Polo que se refire ao recorte dos días de libre disposición, que segundo a información citada se reducirían de 9 a 6, a secretaria nacional de CIG-Administración, María carme López Santamariña, explica que esa medida afectaría ao persoal de Sanidade e da Administración de Corpos xerais, pero non a Ensino nin a Xustiza, onde teñen a súa propia regulamentación.

 

Ler máis...
 
Eliminar tres días de asuntos propios ao persoal da administración non suporá aforro algún
Xoves, 02 Febreiro 2012 13:59

Como alternativa propoñen aforrar en salarios de persoal asesor e na contratación de asistencias técnicas

A Xunta de Galiza vén de anunciar que eliminará tres días de asuntos propios ao persoal da admnistración pública. A CIG-Administración considera que esta medida non suporá aforro algún, porque na Administración xeral non se subsitúe á persoa que os goza, como tampouco se subsitúen no período de vacacións.

O sector da Autonómica de CIG-Administración engade a isto, que deixar a porta aberta á revisión do complemento salarial en baixas por enfermidade común é deixar ao traballador á súa sorte nos momentos máis delicados. “Ninguén elixe sufrir un accidente non laboral, ter un cancro ou un embarazo de risco. E cando sucede, de novo, na Administración xeral non se cubren estas baixas salvo casos excepcionais recollidos na Lei de orzamentos”, manifestan.

Ao tempo, cuestionan a imaxe que das traballadoras e traballadores públicos se transmite. “Somos profesionais que prestamos un servizo á cidadanía, non maleantes que non merecen os dereitos que teñen”.

Fronte á insistencia da necesidade de facer recortes orzamentarios e de facerllos pagar precisamente ao persoal, sinalan que “os servizos privatizados ou o traballo feito por asistencias técnicas tamén custan cartos á Xunta de Galiza e nese punto ninguén do Goberno galego pon o grito no ceo”.

Fronte a isto defenden que “unha traballadora ou traballador público menos é un cachiño de servizo público que ou ben desaparece ou ben pasa a ser prestado por persoal privado, moito máis manexable”.  E alertan de que se os mepregados e empregadas públicas molestan é porque “somos o último escollo para o asalto á bolsa de negocio dos servizos públicos por parte da empresa privada que, como a cidadanía ben coñece, non se rexe polo servizo senón polo beneficio”.

Como alternativa a este novo recorte de dereitos, propoñen aforrar en salarios do persoal asesor político, dentro ou fóra dos gabinetes, ou na contratación de asistencias técnicas que, din, “asumen inxustificadamente o traballo reservado ás empregadas e empregados públicos”.

 
PECHE DE SERVIZOS PÚBLICOS EN AMES
Luns, 16 Xaneiro 2012 12:42

O Goberno Municipal de Ames (A Coruña) pretende pechar varios servizos públicos e despedir 9 persoas. O pasado 15 de Novembro o Goberno municipal presentou unha proposta de eliminación de servizos e de prazas de traballadores que implican o despedimento de 9 persoas.

Proponse a eliminación dos seguintes servizos:
- Radio Municipal e o Web Municipal: 3 persoas despedidas
- A Brigada de Medio Ambiente: 2 persoas despedidas
- O Servizo de Normalización Lingüística: 1 persoa despedida e
- O Servizo de Animación á lectura e unha praza de axudante de bibliotecas: 3 persoas
O Goberno alega necesidades económicas que non xustifica, xa que os informes da intervención municipal inciden na necesidade de optimización das contas, pero non xustifica o peche de servizos e indican que se pode recortar o orzamento de outras partidas que non impliquen tocar os servizos públicos e aos traballadores e traballadoras.

Comunícalle ao Alcalde de Ames a túa oposición ao peche de servizos públicos e despedimentos de traballadores e traballadoras municipais.

http://actuable.es/peticiones/comunicalle-ao-alcalde-ames-tua-oposicion-ao-peche-de

Publicación en AVANTAR o 15 de decembro de 2011

http://www.galizacig.com/avantar/novas/15-12-2011/a-cig-gana-as-eleccions-sindicais-no-concello-de-ames-e-obten-a-maioria-absoluta-do

 

Resumo de novas da Confederación

  • Miles de persoas maniféstanse polas rúas da Coruña en defensa dos postos de traballo e o futuro das factorías de Alcoa

    3 Feb 2012 | 9:33 pm

    Cun recorte da produción do 50% e unha proposta de ERE de suspensión temporal enriba da mesa para a metade dos 420 operarios/as da factoría da Coruña, o persoal de Alcoa Inespal manifestábase este serán polas rúas da cidade, acompañado por centos de cidadáns/ás e compañeiros/as doutras factorías, para rexeitar as medidas da multinacional do aluminio e contra o desmantelamento industrial da comarca. Os delegados da CIG na empresa insistiron[…]

  • A FGAMT de Ferrol alerta da situación na que quedan as mariscadoras/es ao eliminarse as axudas para rexeneración da ría

    3 Feb 2012 | 7:37 pm

    Cerca de 500 mariscadoras e mariscadores adscritos ao plan de dinamización da Ría poden pasar a engrosar, segundo a FGAMT-CIG de Ferrol, as listas do paro. Unha situación que para a federación é inadmisíbel nunha comarca na que, lembran, o desemprego afecta a preto de 20.000. Esta situación é consecuencia da decisión da consellaría, comunicada este xoves, de suprimir as axudas, de 82 euros diarios, que cobraban as mariscadoras e[…]

  • A CIG potencia a creación de cooperativas de traballo asociado entre a súa afiliación como alternativa ao modelo capitalista

    3 Feb 2012 | 6:25 pm

    A CIG, que xa asesorou outras iniciativas de cooperativas, ofrece agora o servizo do Gabinete de Economía Social aos seus afiliados/as. A central nacionalista considera que debe dar este paso novamente, polo que tamén porá os seus locais a disposición dos promotores para que poidan celebrar as reunións de vertebración destas iniciativas cooperativistas. Ao mesmo tempo, e dada a importancia destas iniciativas, a CIG impartirá dentro de todas as accións[…]

  • A CIG Ensino denuncia o atraso do pagamento, por parte da Consellaría, aos colaboradores dos comedores escolares

    3 Feb 2012 | 5:40 pm

    A CIG-Ensino preguntou por este atraso na pasada Mesa Sectorial sen que a Consellaría se dignase responder e sen que dese a máis mínima mostra de preocupación. As persoas colaboradoras dirixíronse ás Delegacións e non foron debidamente atendidas, recibindo respostas desprezativas que insistían na voluntariedade da súa función. A Consellaría respondeu na súa web, como é habitual, tamén no mesmo ton desprezativo e escusándose en problemas de fusión entre a[…]

Resumo de novas dos sectores

  • XA NON CHEGA CON REBAIXARNOS O SOLDO E AUMENTAR O IRPF

    CIG - Sector de Xustiza 3 Feb 2012 | 12:38 pm

       Deixámosvos aquí o correo electrónico remitido á Consellería e á Dirección Xeral de Xustiza sobre as novas publicadas no día de hoxe en prensa, en relación coa redución do número de días por asuntos particulares que nos corresponderá disfrutar neste ano 2012, como nova medida de recorte pratexada polo executivo do Sr. Feijoo."A raiz da publicación na prensa (Faro de Vigo - 3-2-2012 - Pax. 21) das novas medidas[…]

  • A XUNTA DE PERSOAL DE PONTEVEDRA NON APOIA O NOVO SISTEMA DE GARDAS PROPOSTO POLA CIG PARA VIGO

    CIG - Sector de Xustiza 3 Feb 2012 | 11:51 am

       A xunta de persoal da provincia de Pontevedra, na súa xuntanza do pasado 2 de febreiro, acordou non apoiar a proposta da CIG dun novo sistema de gardas para Vigo, consistente na petición ao Consello Xeral do Poder Xudicial da modificación do Regulamento de Aspectos Accesorios a fin de que no mesmo se contemplara un sistema intermedio de 12 h + 12 h de garda que puidera dar resposta[…]

  • A supresión do plus de altos cargos NON abonda para devolver a confianza aos empregados públicos

    CIG-Sector Autonómico 2 Feb 2012 | 9:29 pm

    Infórmanos o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a través dos medios de comunicación, a toma en consideración dunha serie de medidas dirixidas aos empregados públicos, entre a que destaca pola súa repercusión pública a suspensión do coñecido "Plus de Altos Cargos".A CIG-Autonómica quere deixar constancia de que o Presidente da Xunta non suprime o Plus, senon que só o suspende temporalmente. Inda así, é ben posíbel que o Plus,[…]

  • Medio Rural precisa persoal funcionario do A1 para cubrir un posto de subdirector/a

    CIG-Sector Autonómico 1 Feb 2012 | 2:39 pm

    Búscase persoal funcionario do subgrupo A1 para o posto de Subdirector de Coordinación Orzamentaria e Contratación. Valorárase experiencia en orzamentos, contratación e fondos europeos. Requírese boa presencia.Conscientes da dificultade para atopar entre o persoal funcionario da Xunta de Galiza unha persoa con iste perfil, desde aquí brindamos a nosa plataforma para botarlle unha man ao secretario xeral técnico de Medio Rural.Esta retranca vén motivada porque fumos chamados a unha reunión[…]

Joomla 1.5 Templates from JoomlaShack.com