I Convenio colectivo da Universidade de Vigo
Capítulo
I - Ámbito e condicións de
aplicación
Artigo 1º
Concertan este convenio a Universidade de Vigo,
universidade pública de Galicia, e a representación sindical do seu persoal
laboral formada por UGT, CC.OO e CIG.
Artigo 2º.-Ámbito funcional e
territorial.
Este convenio é de
aplicación á Universidade de Vigo, ós seus centros de traballo existentes
actualmente e aqueloutros que, durante a vixencia do convenio, se poidan crear
ou integrar nela.
Artigo 3º.-Ámbito persoal.
As
normas do presente convenio aplicaránselle a todo o persoal que, integrado no
ámbito funcional
do artigo anterior, estea vinculado á universidade en virtude de relación
xurídico-laboral, formalizada polo rector ou órgano en quen delegue, estea
suxeito ó poder de dirección dela e perciba as súas retribucións con cargo ás
correspondentes consignacións orzamentarias de persoal laboral de
administracións e servicios.
Queda excluído do ámbito do convenio o persoal
contratado para proxectos de investigación.
Artigo 4º.-Período de
vixencia.
Este convenio entrará en vigor o día seguinte ó
da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e terá vixencia ata o 31 de
decembro do 2004. O seus efectos económicos aplicaranse desde o un de xaneiro de
2001.
Artigo
5º.-Prórroga e denuncia.
1. Por
calquera das partes asinantes do convenio colectivo poderase pedir, mediante
denuncia notificada por escrito á outra parte, a súa revisión, cunha antelación
mínima de dous meses ó remate do período de vixencia sinalado no artigo 4º ou,
se é o caso, do remate de calquera das prórrogas se as houbese.
2. En todo caso, mentres
que non se asine un novo convenio, permanecerán en vigor tódalas cláusulas
deste.
3. De
non producirse a denuncia no prazo establecido no punto anterior, o convenio
colectivo entenderase tacitamente prorrogado por períodos de anos naturais.
Neste suposto, as condicións económicas serán negociadas anualmente nos dous
meses seguintes á data de prórroga automática do convenio para a súa
efectividade ó día 1 de xaneiro de cada exercicio.
Artigo 6º
Durante o período de vixencia deste convenio as
condicións retributivas fixadas nel serán revisadas anualmente con efectividade
desde o primeiro de xaneiro, en virtude do incremento porcentual que determinen
as respectivas leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para o
persoal sometido ó réxime estatutario da función pública. Igualmente, se nas
referidas leis de orzamentos se establecesen condicións máis beneficiosas para o
citado persoal, estas faranse extensivas ós grupos correspondentes do persoal
laboral suxeito ó presente convenio. Así mesmo, cando se produza unha desviación
entre o incremento do IPC na Comunidade Autónoma de Galicia e a revisión
establecida na Lei de orzamentos, negociarase a revisión das condicións
retributivas procurando compensa-la perda de poder adquisitivo, no marco en que
as dispoñibilidades orzamentarias o permitan.
Artigo 7º.-Compensación e
absorción.
As condicións económicas
establecidas no presente convenio compensarán tódalas existentes no momento da
súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa orixe e natureza.
Artigo 8º
Respectaranse, manténdose estrictamente ad
personam, as condicións particulares que, con carácter global, en cómputo anual,
excedan das melloras do presente convenio e veñan derivadas da norma
preexistente estatal, da Comunidade Autónoma de Galicia ou convida
colectivamente.
Artigo 9º
As condicións
pactadas no presente convenio forman un todo orgánico e indivisible e, para
efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas total e
globalmente.
Capítulo II - Comisión paritaria
de vixilancia e interpretación do
convenio
Artigo 10º.-Comisión
paritaria.
1. Constituirase a
comisión paritaria do convenio colectivo, sen prexuízo das competencias
atribuídas ós órganos administrativos e xudiciais correspondentes.
2. A comisión estará
composta por catro representantes do persoal laboral designados, garantindo a
presencia de todas elas, polas centrais sindicais asinantes do presente convenio
en proporción ós resultados obtidos nas últimas eleccións sindicais celebradas,
e por outros catro representantes da Universidade de Vigo. As partes poderán
nomear asesores segundo se estableza no regulamento de réxime
interno.
3. A
comisión paritaria, que terá a súa sede en Vigo, constituirase por iniciativa de
calquera das partes no prazo dun mes contado a partir da data da publicación do
convenio do Diario Oficial de Galicia.
Na sesión constitutiva procederase a designa-las
persoas que exercerán a presidencia da comisión e a súa secretaría.
4. Son competencias da
comisión:
a) A interpretación da
totalidade do articulado e cláusulas do convenio.
b) Vixia-lo cumprimento do pactado.
c) A conciliación previa naqueles conflictos de
carácter colectivo que lle sexan sometidos á consideración por calquera das
partes.
d)
Acordar, cando proceda, a modificación do convenio no referente á clasificación
por grupos e categorías, nos aspectos de creación, modificación ou supresión de
categorías profesionais así como a definición das súas funcións. A iniciativa
poderá partir da xerencia, comité de empresa ou seccións sindicais.
e)
Aproba-lo seu
regulamento de funcionamento interno.
f) Calquera outro asunto que lle sexa encomendado no articulado deste
convenio.
5. Os acordos da comisión
paritaria requirirán o voto afirmativo dos dous tercios de cada unha das partes
integrantes. Estes acordos, que vinculan as partes nos mesmos termos con que o
fai o presente
convenio, serán recollidos en actas que se incorporarán como anexos ó
convenio.
6. A comisión reunirase con
carácter ordinario unha vez ó semestre e con carácter extraordinario trala
petición da universidade ou de calquera central sindical con representación
nela, en tal caso procurarase que a reunión teña lugar antes de que se cumpran
15 días desde a solicitude.
7. A universidade e cada central sindical con
representación na comisión poderán solicitar, a través da súa secretaría, toda
clase de información relacionada con asuntos da súa competencia.
8. A comisión continuará
desenvolvendo as súas competencias sobre a parte do convenio que siga vixente.
Artigo 11º.-Comité
intercentros.
Poderase constituír un comité intercentros cun máximo de trece membros. A
composición terá unha representación proporcional ós resultados obtidos por cada
central sindical ou agrupación electoral nas últimas eleccións sindicais
consideradas globalmente. Terán as competencias que lle delegue ós comités de
empresa e/ou delegados de persoal. En todo caso as seguintes:
a) A denuncia e
negociación de futuros convenios.
b)
A negociación das revisións salariais cando proceda.
c) As mesmas competencias que posúen os comités
de empresas ou delegados sindicais cando afecte ó ámbito global das partes do
convenio.
d)
A elección dos representantes de persoal na comisión paritaria de vixilancia e
interpretación do convenio, respectando a proporcionalidade existente no comité
intercentros.
e) Solicitar conflicto colectivo e interpoñer calquera tipo de
reclamación, así como solicita-la declaración de folga legal.
As normas de
funcionamento aprobaranse por maioría absoluta, na primeira sesión en que se
constitúa o devandito órgano de representación.
Capítulo III - Clasificación profesional
Artigo 12º
1. Logo da negociación cos representantes do persoal, a Universidade de
Vigo aprobará anualmente a relación de postos de traballo (RPT), na que se
recollerán tódolos postos dotados orzamentariamente reservados ó persoal
laboral, indicando: categoría, dotación, grupo, quenda e, de se-lo caso,
complementos salariais, forma de provisión e requisitos de
desempeño.
Procurarase que a antedita negociación se realice con anterioridade á
aprobación dos orzamentos da universidade.
2. Grupos. Atendendo á titulación requirida para
o acceso, establécense cinco:
-Grupo I: titulación superior: licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou
equivalente.
-Grupo II: diplomado
universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou equivalente.
-Grupo III: bacharelato,
formación profesional de segundo grao ou equivalente, outras titulacións
homologadas polo Ministerio de Educación.
-Grupo IV: graduado en educación secundaria
obrigatoria, graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou
equivalente.
-Grupo V: traballadores en posesión de certificacións de educación
secundaria, certificados de escolaridade ou outros homologados polo Ministerio
de Educación.
Excepcionalmente, por causas suficientemente xustificadas, logo da
negociación entre a xerencia e o comité intercentros, poderá eximirse o
requisito de titulación para o acceso a determinadas categorías.
3. Categorías. Dentro de
cada grupo, e atendendo ás especificidades das funcións que deban desenvolver,
os postos de traballo clasificaranse por categorías profesionais que
determinarán os sistemas de acceso, traslado e promoción.
4. A clasificación por
grupo determinará as retribucións básicas do persoal. Os complementos salariais
fixaranse atendendo ás características específicas ou xerais dos postos de
traballo.
Artigo 13º
O persoal ó que se
lle recoñeza legalmente a diminución da súa capacidade será destinado a un
traballo axustado ás súas condicións, sen reducción salarial nin profesional,
nun prazo máximo de tres meses.
No caso do persoal que obtivera recoñecemento do
dereito a percibi-la pensión por incapacidade permanente total, adxudicaráselle
unha clasificación axeitada á súa capacidade. Cando as circunstancias así o
requiran, a universidade facilitará a formación profesional necesaria para
adapta-lo traballador ó seu novo posto de traballo. A universidade adoptará as
medidas necesarias para facilita-lo acceso dos traballadores con condicións
físicas diminuídas ós locais e lugares de traballo.
As traballadoras terán
dereito a cambiar de posto de traballo por embarazo se, segundo a prescrición
dun facultativo da sanidade pública ou, se é o caso, do servicio de medicina de
empresa, se certifica que as condicións do posto resultan nocivas para a súa
saúde, para as do feto ou impiden o normal desenvolvemento da actividade que
desempeña. Neste suposto asegurarase que a traballadora non sufra mingua dos
seus dereitos económicos, e terá dereito a incorporarse ó seu posto habitual
cando remate a circunstancia que deu lugar ó cambio.
Capítulo IV - Organización do traballo
Artigo 14º
A organización do traballo, consonte a lexislación vixente, é facultade
exclusiva da universidade e a súa aplicación práctica corresponderá á xerencia,
por delegación do rector, consonte o establecido na normativa básica de
aplicación, nos estatutos e nos regulamentos de desenvolvemento.
Artigo 15º.-Cambio de
quenda obrigatorio.
Cando as
necesidades do servicio o fagan necesario poderase proceder ó cambio de quenda
dos traballadores co procedemento establecido no artigo 41 do Estatuto dos
traballadores. No prazo de 30 días establecido no artigo 42.3º do Estatuto dos
traballadores, a xerencia e o comité iniciarán un período de consultas con
anterioridade á execución do acordo. De non aceptar ningún traballador o cambio,
realizarao o de menor antigüidade destinado no centro de traballo, cambiando da
seguinte vez que ocorra ó segundo menos antigo, e así sucesivamente.
Artigo
16º.-Mobilidade
funcional.
1. A mobilidade funcional
non poderá aplicárselle a aquelas persoas que non posúan a titulación académica
específica ou a titulación profesional esixida na RPT. Os traballadores deberán
pertencer sempre ó mesmo grupo profesional ou a unha categoría profesional
equivalente.
2. Funcións de categoría superior.
Unicamente o rector poderá autoriza-la realización de funcións de
categoría superior. Resultará nulo de pleno dereito o acto adoptado nesta
materia por calquera outra autoridade universitaria.
De autorizarse a
realización de funcións de categoría superior para a cobertura de posto de
traballo vacante, a duración do período de desempeño poderá comprender ata a
provisión definitiva do posto.
Para os efectos do artigo 24 do Estatuto dos
traballadores, a superación do correspondente proceso selectivo por promoción
interna será o único procedemento que permita o ascenso ou cambio de categoría
profesional dun traballador.
3. Traballos de categoría inferior.
Se por necesidades perentorias e imprevisibles
fose preciso destinar un traballador a tarefas correspondentes a unha categoría
ou posto singularizado inferior ó que exerce, os xefes das unidades poderán
propoñelo á xerencia a través dun informe motivado, á vista do que, a xerencia
poderá facelo por tempo non superior a un mes dentro do mesmo ano e
comunicándollelo ós representantes dos traballadores. Nestes casos, ós
traballadores manteránselle-las retribucións e os demais dereitos da súa
categoría profesional.
Capítulo V - Provisión, selección e contratación temporal
Sección primeira
- Provisión de postos de traballo
Artigo 17º.-Concurso de traslados.
1. Unha vez ó ano, a Universidade de Vigo
convocará o correspondente concurso de traslados, pro
curando que sexa no
primeiro semestre, que será resolto pola aplicación do baremo que se establece
no presente convenio. Nas ditas convocatorias ofreceranse tódalas prazas
consignadas como vacantes nas correspondentes RPT da Universidade de
Vigo.
2. A
convocatoria do concurso de traslados publicarase no taboleiro de anuncios do
Rectorado e remitirase copia ós rexistros auxiliares e centros de traballo da
Universidade de Vigo.
3. Requisitos e condicións de
participación.
a) Poderán tomar parte
os traballadores e traballadoras fixos da Universidade de Vigo e daqueloutras
universidades coas que se celebre un convenio de reciprocidade para a provisión
de postos, que pertenzan á mesma categoría profesional das prazas ofertadas, así
como, os funcionarios e funcionarias dos corpos e escalas de subalternos
declarados a extinguir en categoría profesional equivalente.
Non se poderá participar
en quendas de traslado ata que transcorran dous anos desde a obtención do último
destino definitivo, coas excepcións seguintes:
-Cando se producise un
cambio de destino decidido pola xerencia en uso das súas
competencias.
-Cando o posto de traballo estivese ocupado de forma provisional por
reingreso ó servicio activo desde unha excedencia voluntaria ou por cesamento
nun posto de libre designación.
-Cando o traslado se solicite para cambio de
localidade.
-Cando o traslado se
solicite para cambio de quenda.
-Cando se accedese a unha nova categoría por transformación ou procesos
específicos de promoción.
b) Postos.
Ademais das prazas consignadas como vacantes na RPT engadiranse as que
resulten vacantes, por mor do proceso de cobertura do propio
concurso.
c) Irrenunciabilidade.
Unha vez
transcorrido o período de presentación das instancias, as solicitudes formuladas
serán vinculantes para os peticionarios e os destinos adxudicados serán
irrenunciables.
d) Baremo.
Traballo desenvolvido:
-0,20 puntos por mes ou
fracción de mes na mesma ou equivalente categoría nas universidades públicas de
Galicia.
-0,10 puntos por mes ou fracción de mes en categoría profesional distinta
nas universidades públicas de Galicia
No caso de empate resolverase atendendo ós
seguintes criterios:
I. A maior
antigüidade na categoría.
II. A maior
antigüidade nas universidades públicas galegas.
III. De persisti-lo empate resolverase en favor
da persoa de maior idade.
e) Comisión
de avaliación.
Os méritos serán
valorados por unha comisión de avaliación integrada por tres representantes da
universidade e dous representantes dos traballadores nomeados polo respectivos
comités.
f)
Resolución do concurso e toma de posesión.
A resolución do concurso farase no prazo máximo de 3 meses desde que
remate o prazo de presentación de solicitudes. A incorporación no posto de
traballo farase efectiva nun mes, e excepcionalmente poderase alongar ata 3
meses.
4.
Reingreso procedente de excedencias voluntarias.
Os traballadores que soliciten o seu reingreso ó
servicio activo deberán participar obrigatoriamente no concurso de traslado dos
puntos anteriores. Non obstante, a xerencia poderá adscribilos con ocasión de
vacante a un destino provisional ata a celebración do seguinte
concurso.
5.
A Universidade de Vigo promoverá o asinamento de convenios con outras
universidades públicas que permitan o recíproco traslado dos seus
traballadores.
A efectividade do traslado suxeitarase á comprobación pola comisión
paritaria da devandita equivalencia de categorías profesionais ou funcións entre
o posto de orixe e o solicitado.
Artigo 18º.-Provisión temporal.
A
xerencia, por propia iniciativa ou por
solicitude do traballador, poderá cubrir con carácter provisional postos
reservados ó persoal laboral nos seguintes casos:
1. Reingreso ó servicio
activo dos traballadores fixos sen reserva de posto de traballo. Os
traballadores que soliciten o reingreso ó servicio activo desde a situación de
excedencia voluntaria por interese particular ou incompatibilidade serán
adscritos con carácter provisional a un posto de traballo pola xerencia. Os
traballadores reingresados a través da adscrición provisional terán a obriga de
participar no primeiro concurso de traslados que se convoque.
2. Cesamento nun posto de
traballo obtido mediante libre designación.
3. Cando exista a necesidade de cubrir un posto de traballo que
posibilite o cambio de quenda, localidade ou categoría, atenderanse os seguintes
criterios:
a)
Cambio de quenda. De existiren varias solicitudes a prelación establécese na
seguinte orde: persoal do campus, persoal fixo, persoal contratado, antigüidade
da solicitude, antigüidade na categoría, antigüidade nas universidades públicas
galegas.
b)
Cambio de localidade. De existiren varias solicitudes a prelación establécese na
seguinte orde: persoal fixo, persoal contratado, antigüidade da solicitude, antigüidade na
categoría, antigüidade nas universidades públicas galegas.
c) Cando corresponda a
categoría distinta, cubrirase consonte coa normativa de listas de espera que
será elaborada no seo da comisión de política de emprego, ou no seu defecto por
acordo entre a xerencia e o comité intercentros.
Se a provisión temporal
dun posto de traballo ten unha duración previsible inferior a tres meses, só se
autorizará un cambio de quenda, localidade ou categoría e será substituído o
traballador polo que corresponda consonte co normativa de listas de
espera.
Artigo 19º.-Provisión de postos de responsabilidade.
1. Os postos de traballo de natureza
singularizada que se definan na relación de postos de traballo polo criterio de
responsabilidade serán cubertos segundo estableza a respectiva relación de
postos de traballo.
Cando existan determinadas tarefas ou traballos de carácter temporal que
supoñan a asunción dunha responsabilidade extraordinaria ou cualificación
específica que comporte a percepción do complemento correspondente, serán
asinadas polo rector por proposta do xefe da unidade ou centro de traballo
correspondente, co visto e prace do xerente, e informarase o comité de
empresa.
2.
Remoción no desempeño dun posto singularizado.
Se por causas obxectivas un traballador non
desenvolve axeitadamente as funcións dun posto singularizado, definido polo
criterio de responsabilidade, poderá ser removido del, oído o comité de empresa,
mediante resolución rectoral motivada e logo do trámite de audiencia e
alegacións do interesado, quen poderá solicita-la realización da fase de proba.
No caso de que o posto de traballo fora provisto mediante concurso de libre
designación, non procederá a solicitude da fase de proba.
Sección
segunda - Selección
Artigo 20º.-Convocatorias.
1. O acceso ás distintas categorías de persoal
laboral fixo da Universidade de Vigo realizarase mediante convocatoria pública,
elaborada consonte co disposto no artigo 188 dos estatutos, polo sistema de
concurso-oposición, respectando os principios de igualdade, mérito, capacidade e
publicidade.
2. O concurso-oposición consistirá na superación das probas
correspondentes e na valoración daqueles méritos que se establezan nas
respectivas convocatorias. A estructura das probas selectivas figura como anexo
III deste convenio. En todo caso será necesario, para supera-lo proceso
selectivo, ter superada a fase de oposición.
3. Os procesos de selección de promoción interna
e libre realizaranse separadamente, e serán en primeiro lugar os de promoción
interna. As vacantes non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse á provisión
externa.
4. Os seleccionados pola
quenda de promoción interna terán preferencia sobre a quenda libre para a
elección de vacantes. Respectando o anterior, a elección realizarase segundo a
orde de puntuación final acadada.
5. A universidade reservará o 4% da súa oferta de
emprego para persoas con minusvalidez, ós que se facilitaran os medios e tempos
para concorrer en igualdade de condicións.
6. As convocatorias preverán a reserva para
cubrir pola quenda de promoción interna que será como mínimo do 50 % das prazas
ofertadas no conxunto da oferta pública de emprego de cada ano.
7. Para participar nesta
quenda os interesados deberán reuni-los seguintes requisitos:
-Ser traballador laboral
fixo da Universidade de Vigo.
-Os que
se fixen na convocatoria respectiva.
8. Os aspirantes pola quenda de promoción interna serán eximidos das
probas obrigatorias-non eliminatorias previstas para a quenda libre.
Artigo
21º.-Transformación de categorías.
O
acceso por promoción interna a novas categorías que resulten da transformación
doutras declaradas a extinguir, producirase trala superación do proceso
selectivo que para cada caso se acorde, que incluirá a superación dun curso de
promoción específico e obrigatorio ou un período de formación
equivalente.
Artigo 22º.-Órganos de selección.
1. Os tribunais de selección estarán formados por cinco membros, dos que
dous serán designados polos representantes dos traballadores. Para formar parte
dos tribunais en representación da universidade será necesario posuír unha
titulación académica igual ou superior á esixida ós aspirantes. Procurarase que
os membros do tribunal sexan especialistas na materia.
Tódolos membros do
tribunal actuarán con voz e voto.
2.
O tribunal non poderá declarar que superou o proceso selectivo un número de
aspirantes superior ó das prazas ofertadas.
3. Os membros dos tribunais deberán absterse de
intervir cando neles concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común.
Os aspirantes poderán recusa-los de acordo co
artigo 29 da mencionada lei.
4. Os
tribunais poderán dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores
especialistas para todas ou algunhas das probas. Os ditos asesores limitaranse ó
exercicio das súas especialidades técnicas,
de acordo coas que colaborarán co órgano de
selección, sen por iso formar parte del.
Artigo 23º.-Formalización de
contratos.
Concluído o proceso,
publicada a relación definitiva dos candidatos que o superasen e acreditado por
estes o cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria, o órgano competente
procederá á formalización dos contratos. Ata esta, os aspirantes non se
incorporarán ó posto de traballo nin terán dereito a ningunha percepción
económica.
Artigo 24º.-Período de proba.
O período de proba será de 4 meses para os grupos I e II e de 1 mes para
os demais grupos. O persoal que o supere satisfactoriamente, adquirirá a
condición de persoal laboral fixo da Universidade de Vigo.
Sección
terceira - Contratación
temporal
Artigo 25º
1. Segundo as necesidades da Universidade poderán
formalizarse contratos de duración determinada de acordo coa lexislación
vixente. Deberán formalizarse por escrito dando comunicación ó comité de empresa
e respectarase o previsto nas normas que regulen as listas de espera. Os
representantes dos traballadores e a xerencia poderán negociar outras fórmulas
de cobertura temporal para atender necesidades temporais.
2. Para a contratación
temporal de traballadores respectaranse os principios de mérito e capacidade e
acudirase ás listas de espera previstas no artigo 18º.3 c), resultantes das
convocatorias de prazas pola quenda libre para persoal laboral fixo. De
esgotarse, convocaranse procesos de selección específicos ou poderase acudir ós
servicios de emprego.
3. Para os efectos do prazo previsto no punto 1
do artigo 15 da Lei do Estatuto dos traballadores, a duración máxima do contrato
eventual será a que dispoña a lexislación vixente en materia de contratación
temporal.
Capítulo VI - Réxime
retributivo
Artigo 27º.-Estructura do
salario.
O réxime salarial pactado no
presente convenio queda estructurado da seguinte forma:
1. Retribucións
básicas.
-Salario base.
-Antigüidade.
2. Retribucións complementarias.
-Complemento de nocturnidade.
-Complemento de permanencia.
-Complemento de xornada.
-Complemento de dispoñibilidade.
-Complemento de perigosidade.
-Complemento de responsabilidade.
-Complemento de categoría.
-Horas extraordinarias.
3.
Percepcións non salariais.
-Axudas de
custo e locomoción.
Artigo
28º.-Retribucións básicas.
Salario
base. As retribucións básicas anuais faranse efectivas en quince pagamentos de
idéntica contía: doce mensualidades e tres pagas extraordinarias, que se aboarán
nos meses de xuño, setembro e decembro.
O percibo das pagas extraordinarias será
calculado en proporción ó tempo de servicios efectivamente
prestados.
O
salario anual por grupo é o que figura como anexo V.
Antigüidade. Computarase por trienios e
percibirase por cada trienio a cantidade de 523,50 euros anuais. Os trienios
acumulados na universidade ata o 1 de febreiro de 1988 e os consolidados en
réximes diferentes ós do presente convenio, dos que se solicite o recoñecemento
de servicios previos, aboaranse, na contía xa recoñecida incrementada na
porcentaxe establecida na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Este concepto aboarase mensualmente xunto co salario base, tanto nas pagas
ordinarias como nas tres pagas extraordinarias.
Así mesmo, recoñeceranse
para efectos de antigüidade os servicios previos prestados á Administración
pública, os do período de proba e aqueles correspondentes a contratacións
temporais de calquera natureza sempre que se adquira a condición de persoal fixo
nos termos establecidos na Lei 70/1978, do 26 de decembro.
Este tempo só poderá ser
recoñecido por unha soa vez, aínda cando durante el o traballador prestase
servicios simultáneos nunha ou máis esferas da mesma ou distintas
administracións públicas. O sistema de recoñecemento de servicios regularase por
unha resolución rectoral e terá efectos económicos desde o momento da
adquisición do dereito.
Artigo 29º.-Complemento de
responsabilidade.
Atendendo ás
características de responsabilidade do posto ocupado, procederá a retribución
complementaria do persoal mediante os complementos de responsabilidade definidos
no anexo VI do convenio.
A asignación do complemento de responsabilidade
corresponderalle ó rector, e a súa provisión realizarase mediante concurso de
libre designación.
Artigo 30º.-Complemento de categoría.
Atendendo ás características de responsabilidade ou outras específicas ou
xerais da categoría que desenvolva cada traballador/a, procederá a
retribución
complementaria do persoal mediante os complementos de categoría definidos no
anexo VII do convenio.
O persoal que desempeñe postos de traballo que
correspondan ó persoal funcionario percibirá, con cargo ós créditos
orzamentarios deste a diferencia entre o seu salario base e a retribución do
posto, calculada como se o ocupante fose do grupo de clasificación que se
corresponde co que teña o laboral. Percibirase en doce mensualidades de idéntica
contía. A contía do complemento será a diferencia entre o salario anual que
corresponda ó persoal funcionario que ocupara o posto e o salario base do grupo
correspondente do persoal laboral.
Artigo 31º.-Complemento de
permanencia.
Os técnicos esp. de
transporte e distribución, percibirán un complemento mensual de permanencia nas
contías que se detallan no anexo VIII.
Artigo 32º.-Complemento de xornada ou
dispoñibilidade.
O persoal que
desenvolva un posto que estea suxeito a dispoñibilidade horaria ou con xornada
partida percibirá un complemento pola contía que se detalla no anexo
VIII.
Artigo
33º.-Complemento de nocturnidade.
As
horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis
da mañá, terán unha retribución específica incrementada nun 25 por 100 sobre o
salario base que poderá compensarse coa reducción de xornada na mesma
proporción.
Artigo 34º.-Complemento de perigosidade, penosidade,
toxicidade.
Os titulares de postos de
traballo que sexan declarados tóxicos, perigosos, ou penosos percibirán un
complemento mensual de 74,28 euros mes.
Artigo 35º.-Horas extraordinarias.
Co obxecto de favorece-la creación de emprego,
tenderase a reducir ó mínimo imprescindible as horas extraordinarias. Como norma
xeral, estas terán carácter voluntario e só se poderán realiza-las que se deban
a imprevistos e teñan carácter excepcional ou a suplir ausencias imprevistas de
persoal. O seu límite será de 60 horas en cómputo anual.
Excepto nos casos en que
as dificultades de organización do traballo o impidan, as horas extraordinarias
compensaranse por tempos equivalentes de descanso retribuído incrementado nun
75% ata completar xornadas completas que se poderán acumular ós períodos de
vacacións anuais. Cando non resulte posible a súa compensación por descanso,
aboaranse nas contías establecidas como valor da hora ordinaria de cada
traballador.
Trimestralmente, a xerencia da universidade, remitirá ó comité
intercentros, a relación das horas extraordinarias realizadas con indicación das
aboadas e/ou compensadas con descanso.
Artigo 36º.-Axudas de custo e
locomoción.
Compensarán os gastos
ocasionados cando o traballador ten que desprazarse a unha localidade distinta á
que presta os seus servicios. O importe das axudas de custos recóllense no anexo
IX. Os gastos de locomoción satisfarán o prezo do billete do transporte
empregado ou a cantidade fixada por km cando se utilice vehículo
propio.
Artigo 37º.-Réxime de incompatibilidades.
Ó persoal laboral ó servicio da universidade
aplicaráselle a Lei 53/1984, do 26 de decembro, e o seu desenvolvemento
regulamentario en materia de incompatibilidades.
A teor do artigo 16 da
referida lei, non poderán desempeñar un segundo posto de traballo no sector
público nin exercer actividades privadas, coas excepción que figuran no antedito
artigo, os membros do persoal laboral da universidad que perciban o complemento
de responsabilidade ou de permanencia.
No resto dos postos, para realizar unha segunda
actividade, deberá solicitarse a compatibilidade, con carácter previo ó
desenvolvemento doutra actividade pública ou privada, coa excepción das
actividades recollidas no artigo 19 da Lei 53/1984.
Os contratos de traballo,
que se formalizarán por escrito, incluirán unha cláusula de que o contrato é
asinado polo traballador con coñecemento das obrigas que se derivan da normativa
de incompatibilidades e de que o seu incumprimento pode supoñe-la rescisión do
contrato, sen prexuízo da responsabilidade disciplinaria que se puidese deducir
no outro posto de traballo que viñera desempeñando. En calquera caso, a
universidade subministrará información ó traballador, antes do asinamento do
contrato, das normas sobre incompatibilidades que lle afecten.
Capítulo VII
- Xornada e horario de traballo
Artigo 38º
A súa realización axustarase a algún dos seguintes réximes:
A xornada ordinaria efectuarase, en termos
xerais, de luns a venres, de forma continuada, en quendas de mañá ou tarde. A
quenda de mañá realizarase entre as 8 e as 15 horas e a de tarde entre as 15 e
as 22 horas.
Así mesmo, e tras acordo co comité de empresa, poderán existir nas
relacións de postos de traballo outras modalidades de xornada para determinados
postos de traballo que poderán ser:
a) Xornada diaria partida, de luns a venres, ata
completar un total de 35 horas fixas semanais. Realizarase co horario de 9 a 14.
O resto ata completar as 35 horas, establecerase logo da negociación entre a
xerencia e o comité intercentros.
b) Xornada de 35 horas semanais de media en
cómputo mensual, non axustada a quenda.
c) Xornada nocturna de 22 a 8 horas.
2. O total de horas anuais realizarase cun
horario de 35 horas fixas á semana, agás nos meses de xullo, agosto e períodos
non lectivos de Nadal e Semana Santa, que será de 25 horas de traballo
efectivo.
3.
Os traballadores terán a obriga de realizar 15 sábados ó ano como máximo, e
sempre que no centro de traballo no que preste servicios necesite o mantemento
de servicios mínimos. A prestación de cada sábado implicará o dereito do
traballador a desfrutar do tempo de compensación que corresponda na semana
seguinte ou ben acumulándose ó período ordinario de vacacións anuais. Para estes
efectos, os sábados realizados computaranse desde o 1 de xullo de cada ano ó 30
de xuño do seguinte.
4. Para a determinación do cómputo de xornada teranse en conta as
seguintes excepcións:
a) Para o persoal da Unidade de Transporte e
Distribución non se computará como xornada efectiva a que excedendo da xornada
ordinaria de traballo, se corresponda co tempo de presencia por razóns de
espera, expectativas de servicio, comidas en ruta ou outras circunstancias
similares, debendo respectar, en todo caso, os períodos de descanso que
determina o Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro.
As horas de presencia que
excedan da xornada ordinaria pactada ou da súa distribución segundo o réxime de
quenda, non se considerarán dentro da xornada de traballo nin se computarán para
o efecto de aboamento de horas extraordinarias, e serán retribuídas co
complemento de permanencia definido no artigo XX deste convenio.
b) Postos de traballo que
impliquen a realización da totalidade ou parte de xornada laboral en sábados
pola tarde, domingos e días declarados festivos, tanto pola autoridade laboral
coma polo rectorado. A xornada destes postos será fixada pola xerencia, logo de
acordo co comité de empresa. O cómputo das horas traballadas neses días deberá
efectuarse como dobre para os efectos de determina-lo réxime de xornada, a súa
compensación por descanso e de non resultar posible esta, o seu aboamento como
horas extraordinarias.
c) Postos de traballo que impliquen a realización
de parte da xornada laboral en sábados pola mañá. O cómputo das horas
traballadas neses días deberá multiplicarse por 1,5 para os efectos da súa
compensación por descanso e de non resultar posible esta, o seu aboamento como
horas extraordinarias.
d) Postos de traballo que impliquen a realización
da totalidade ou parte da xornada laboral entre as 22 e as 6 horas. O cómputo
das horas traballadas neses días deberá multiplicarse por 1,25 para os efectos
de determina-lo réxime de xornada, da súa compensación por descanso e de non
resultar posible esta, o seu aboamento como horas extraordinarias.
Capítulo VIII
- Vacacións, permisos e licencias
Artigo 39º.-Vacacións.
Vacacións. Todo traballador terá dereito a un mes
de vacacións retribuídas ó ano, procurando, de acordo coas necesidades do
servicio, que sexa disfrutado preferentemente en xuño, xullo, agosto ou
setembro. Por solicitude do traballador, poderá desfrutarse ó longo de todo o
ano en períodos mínimos de 7 días seguidos, sempre que as necesidades do
servicio o permitan. No caso de desacordo entre os traballadores afectados as
quendas de vacacións serán rotativas, tendo preferencia na primeira ocasión o
traballador/a máis antigo.
Artigo 40º.-Licencias sen soldo.
O persoal que teña cumprido polo menos un ano de
servicios efectivos poderá solicitar licencia sen soldo por un prazo non
inferior a quince días nin superior a seis meses. Por causas excepcionais,
apreciadas co informe favorable do comité de empresa, poderanse conceder
licencias de 9 meses durante un ano ou de 12 meses durante dous anos . No caso
de denegación esta deberá ser debidamente motivada.
Artigo 41º.-Licencias
retribuídas.
Os traballadores, logo
de xustificación, se é o caso, terán dereito a licencias retribuídas polas
causas e tempos seguintes:
a) Quince días naturais por matrimonio ou
formalización de parella de feito.
b)
Catro días naturais en caso de nacemento ou adopción ou acollemento dun fillo e
no de morte ou enfermidade grave dun familiar ata o segundo grao de
consanguinidade ou afinidade.
c) Para concorrer a exames finais, liberatorios e
demais probas definitivas de aptitude e avaliación en centros oficiais de
formación, durante os días da súa celebración, e coa debida xustificación.
d) Polo tempo indispensable por asuntos propios e por causa xustificada,
non podendo supera-la quinta parte da xornada computada trimestralmente. No caso
de que a causa que motivou a licencia implique a percepción de retribución ou
indemnizacións descontarase o importe desta do salario ó que teña dereito.
e)
Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do
persoal, nos termos legalmente establecidos.
f) As traballadoras embarazadas terán dereito a
ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, para a realización de exames
prenatais e técnicas de preparación ó parto, tralo aviso á xerencia e
xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.
g)
As traballadoras, por lactación dun fillo menor de doce meses, terán dereito a
unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas
fraccións.
A
muller, pola súa vontade pode substituír este dereito por unha reducción da
xornada normal dunha hora, coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser
disfrutado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que ambos
traballen.
h)
Os traballadores que por razón de garda legal teñan ó seu coidado directo un
menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desenvolva
ningunha actividade remunerada, terán dereito a unha reducción ata a metade da
xornada de traballo, coa reducción proporcional das súas retribucións. A
concesión de reducción de xornada por este motivo será incompatible co
desenvolvemento de calquera outra actividade, sexa ou non remunerada, durante o
horario que foi obxecto da reducción.
i) No suposto de incapacidade debidamente
xustificada do cónxuxe ou persoa coa que demostre convivir, do pai ou da nai, se
convive co traballador, poderase solicitar reducción de xornadas nas mesmas
condicións cas establecidas no parágrafo anterior.
j) Un día por traslado de
domicilio sen cambio de residencia.
k) Nove días por cada ano natural de traballo efectivo para asuntos
particulares, sen xustificación, supeditados ás necesidades do servicio. Non
poderán acumularse ás vacacións anuais. Se os servicios prestados foran
inferiores ó ano natural, os días a desfrutar calcularanse proporcionalmente ó
tempo efectivamente traballado. Xustificadamente, este permiso poderá
desfrutarse ata o 15 de xaneiro do seguinte ano natural, non podendo acumularse
días correspondentes a distintos anos. Os traballadores destinados en unidades
que carezan de festividade ou patrón propio terán dereito a un día máis por
asuntos particulares.
l) Os días 24 e 31 de decembro, no caso de ser
preciso mante-lo servicio, ou coincidisen en sábado ou domingo, serán
substituídos por outros dous días, determinados por acordo entre a xerencia e o
comité de empresa.
Serán de aplicación, nesta materia, as condicións máis beneficiosas que
teñan recoñecido ou se lle recoñezan ó persoal funcionario.
Capítulo IX
- Suspensión do contrato de traballo
Sección primeira - Suspensión con reserva de posto
Sen prexuízo do establecido nos artigos 45 e 48
do Estatuto dos traballadores, o persoal incluído no ámbito de aplicación deste
convenio terá dereito á suspensión do seu contrato, con reserva do seu posto de
traballo, nos seguintes casos:
Artigo 42º.-Maternidade da muller traballadora,
adopción ou acollemento de menores de seis anos ou maiores de seis anos
discapacitados.
a) Parto: a suspensión terá unha duración de dezaseis semanas que se
desfrutarán de forma ininterrom
pida, ampliables no suposto de parto múltiple en
dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo. O período de suspensión
distribuirase a opción da interesada sempre que seis semanas sexan
inmediatamente posteriores ó parto. No caso de falecemento da nai, o pai poderá
facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste do período de
suspensión.
Non obstante o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas
posteriores ó parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que o pai e a
nai traballen, esta, ó iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá
optar por que o pai desfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período
de descanso posterior ó parto ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai,
agás que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña
un risco para a súa saúde.
Modificación do artigo 30 da Lei 30/1984, do 2 de
agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificado pola Lei
12/2001;
Nos
casos de parto prematuro ou naqueles nos que, por calquera outra causa, o
neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, o permiso, poderá
computarse, por instancia da nai, ou no seu defecto do pai, a partir da data de
alta hospitalaria. Exclúense do dito cómputo as primeiras seis semanas
posteriores ó parto, de suspensión obrigatoria do contrato da nai.
Quen á entrada en vigor
da presente lei estivera desfrutando o permiso ou o período de suspensión con
reserva de posto de traballo con ocasión do parto, e ó mesmo tempo, tivesen
hospitalizados fillos prematuros ou neonatos por calquera outra causa, poderán
someter aqueles períodos de suspensión aínda pendentes de desfrute, ó novo
réxime xurídico previsto na presente lei.
b) Adopción ou acollemento preadoptivo ou
permanente de menores de ata seis anos: a suspensión terá unha duración de
dezaseis semanas ininterrompidas, ampliable no suposto de adopción ou
acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo,
contadas a elección do traballador, ben a partir da decisión administrativa ou
xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se
constitúa a adopción.
A duración da suspensión será, así mesmo, de
dezaseis semanas nos supostos de adopción ou acollemento de menores maiores de
seis anos de idade cando se trate de menores discapacitados ou minusválidos que
polas súas circunstancias e experiencias persoais ou que por ser do estranxeiro,
teñan especiais dificultades de inserción social e familiar, debidamente
acreditadas polos servicios sociais competentes. No caso de que a nai e o pai
traballen, o período de suspensión distribuirase a opción dos interesados, que
poderán desfrutalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre con períodos
ininterrompidos e cos límites sinalados.
c) Exercicio de cargo público representativo ou
de funcións sindicais electivas, de acordo cos estatutos do sindicato, de ámbito
provincial ou superior, suposto en que será de aplicación a situación de
excedencia forzosa, con cómputo de antigüidade, sempre que o dito exercicio
imposibilite a asistencia ó traballo ou sempre que se perciban retribucións por
el. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no
cargo ou función sindical.
d) Privación de liberdade do traballador, mentres
non exista sentencia condenatoria firme.
Artigo 43º
1. En materia de excedencia forzosa rexerá o disposto no artigo 46 do
Estatuto dos traballadores.
2. A excedencia voluntaria poderá ser solicitada
polos traballadores que teñan un ano, polo menos, de antigüidade ó servicio da
universidade. Durante o primeiro ano terán reserva de posto. O dereito a esta
situación poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorresen
dous anos desde o final da anterior excedencia voluntaria.
3. No suposto de que se
solicite excedencia voluntaria para atende-lo coidado dun fillo, tanto que sexa
natural como por adopción, a dita solicitude terá que ser posterior á data de
nacemento ou resolución xudicial de adopción. O período de excedencia non poderá
ser superior a tres anos e nos que a iniciación dun novo período de excedencia
por un novo fillo porá fin, de se-lo caso, ó que se viña gozando.
O período no que o
traballador/a permaneza nesta situación de excedencia terá dereito á reserva do
posto de traballo, será computable para efectos de antigüidade e o traballador/a
terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional.
Artigo 44º
O traballador que, como aplicación da normativa
de incompatibilidades, deba optar por un posto de traballo pasará á situación de
excedencia voluntaria no posto que viña desempeñando sen que lle sexa esixible a
permanencia dun ano nel. Permanecerá nesa situación mentres persistan as razóns
que xeren a incompatibilidade, e conservará indefinidamente o dereito preferente
ó reingreso en vacante de igual ou similar categoría á súa que haxa ou se
produza na universidade.
O reingreso por excedencia derivada de
incompatibilidades deberá solicitala o traballador no mes seguinte ó remate
desta. De non facelo, a xerencia declararao en situación de excedencia
voluntaria.
Artigo 45º
O traballador
excedente voluntario que solicite a súa incorporación terá dereito a ocupa-la
primeira vacante que se produza na súa categoría ou, no caso de estar
extinguida, no mesmo grupo. Se, non existindo vacante na súa mesma categoría ou
grupo, existise unha inferior á que se exercía, poderá optar a ela ou agardar a que
se produza aquela.
Capítulo X - Prevención de
riscos e seguridade no traballo
Artigo 46º
A Universidade de
Vigo e os traballadores comprométense a cumprir estrictamente as disposicións
vixentes na materia, de conformidade co establecido na Lei 31/1995, de
prevención de riscos laborais, no Estatuto dos traballadores e demais
lexislación vixente.
A Universidade de Vigo asegurará a realización da vixilancia anual da
saúde para tódolos traballadores.
Todo traballador ten dereito a participar por
medio dos seus representantes, en materia de seguridade e saúde laboral no
traballo.
Para estes efectos, e como órgano paritario e colexiado de consulta,
constituirase un comité de seguridade e saúde que velará pola adopción,
mantemento e perfeccionamento de medidas axeitadas en materia de prevención de
riscos, seguridade e saúde laboral nos centros de traballo da
universidade.
Estará composto polos delegados de prevención elixidos na proporción e
segundo o procedemento establecido no artigo 35 da Lei 31/1995, e por igual
número de representantes da universidade. Os delegados serán nomeados pola
representación do persoal laboral.
As funcións do comité serán as que se determinen
no Regulamento da comisión de prevención de riscos e saúde laboral da
Universidade de Vigo.
Artigo 47º.-Roupa de traballo e
vestiario.
As roupas de traballo
deberán estar debidamente rotuladas co anagrama da Universidade de
Vigo.
En
materia de roupa de traballo e vestiario, a Universidade de Vigo
proporcionaralles anualmente ós traballadores as seguintes pezas:
Persoal de laboratorio: 2
batas e 2 pares de zocos.
-Técnicos
especialistas de biblioteca: 2 batas.
-Técnicos especialistas de servicios xerais, auxiliares técnicos de
servicios, auxiliares de servicio: 2 batas ou dous traxes de
traballo.
-Persoal de limpeza: 2 batas e 2 pares de zocos.
-Técnicos especialistas de xardinería: 2 traxes
de maón, 1 par de botas de pel (impermeables e de seguridade), 1 par de botas
forestais ou de goma, 1 traxe de augas (chaqueta e pantalón), 1 anorak de
inverno (impermeable, acolchado).
-Auxiliares técnicos de instalacións deportivas:
2 chándales e un par de tenis.
-Técnicos especialista de transporte e distribución: 1 funda, 1 gabardina
e 2 uniformes que constarán de 2 traxes, 2 camisas, 2 gravatas, 2 pares de
calcetíns e 2 pares de zapatos.
-Persoal de apoio a actos oficiais: (cada dous
anos) 1 uniforme que constará de 1 traxe, 2 camisas, 1 gravata, 2 pares de
calcetíns e 1 par de zapatos.
A subministración de vestiario implica o seu uso
obrigatorio durante a xornada de traballo. En todo caso, a xerencia e o comité
de empresa determinarán aquelas necesidades de roupa de traballo que non estean
incluídas nos puntos anteriores.
Os traballadores deberán presenta-la súa
solicitude para a subministración das pezas recollidas neste artigo diante da
xerencia, durante os meses de xaneiro e febreiro de cada ano; entenderanse
decaídos dos seus dereitos aqueles traballadores que non fagan a súa solicitude
dentro do prazo establecido, agás que isto se deba a causas debidamente
xustificadas.
Capítulo XI - Réxime
disciplinario
Artigo
48º.-Faltas.
Os traballadores poden
ser sancionados polo rector, en virtude de incumprimentos laborais segundo a
graduación das faltas e sancións que se establecen neste artigo. As faltas
disciplinarias dos traballadores, cometidas con ocasión ou como consecuencia do
seu traballo poden ser leves, graves ou moi graves.
a) Son faltas leves as
seguintes:
1. A incorrección co
público, cos compañeiros ou cos subordinados.
2. O atraso, neglixencia ou falta de atención no
cumprimento das tarefas.
3. Non
comunicar coa antelación debida a falta de asistencia por causa xustificada, se
non se proba a imposibilidade de facelo.
4. A falta de asistencia ó traballo sen causa
xustificada de un ou dous días nun mes.
5. A falta de coidado na conservación de locais,
materiais e documentos dos servicios.
6. En xeral, o incumprimento dos deberes por
neglixencia ou falta de atención inescusable.
b) Son faltas
graves:
1. A falta de disciplina no
traballo ou do respecto debido ós superiores, compañeiros ou
subordinados.
2. O incumprimento das ordes e instruccións dos superiores e das obrigas
concretas do posto de traballo ou as neglixencias das que se deriven ou poidan
derivarse prexuízos graves para o servicio.
3. A desconsideración co público no desempeño do
traballo.
4. O incumprimento ou
abandono das normas e medidas de seguridade e hixiene no traballo
establecidas.
5. A falta de asistencia ó traballo sen causa xustificada durante tres
días nun mes.
6. As faltas repetidas de puntualidade sen causa xustificada nun período
de entre cinco e dez días no prazo dun mes.
7. O abandono do traballo sen causa xustificada
en dúas xornadas laborais nun mes.
8. A simulación de enfermidade ou accidente por
un tempo inferior a tres días.
9. A
simulación ou o encubrimento de faltas doutros traballadores en relación ós seus
deberes de puntualidade, asistencia e permanencia no traballo.
10. A diminución
continuada e voluntaria no rendemento do traballo normal ou pactado.
11. A neglixencia que
poida causar graves danos na conservación dos locais, materiais ou documentos
dos servicios.
12. O desempeño de actividades profesionais públicas ou privadas, sen
solicitar autorización de compatibilidades, sendo compatibles.
13. A utilización ou
difusión indebida de datos ou asuntos de que se teña coñecemento por razón de
traballo.
14.
A reincidencia na comisión de tres ou máis faltas leves, aínda que sexan de
distinta natureza dentro dun mesmo trimestre, cando houbera sanción por aquelas.
15.
O abuso de autoridade no exercicio do cargo.
16. A emisión de informes e adopción de acordos ilegais que causen
prexuízos á administración ou ós cidadáns e non constitúan faltas moi
graves.
c)
Son faltas moi graves:
1. A
publicación ou utilización indebida de segredos oficiais así declarados por lei
ou clasificados como tales.
2. Toda actuación que comporte discriminación por
razón de raza, sexo, relixión, lingua, opinión, lugar de nacemento ou calquera
outra condición ou circunstancia persoal ou social.
3. O acoso sexual sobre
todo cando vai acompañado de abuso de autoridade por ser efectuado por un
superior contra unha persoa subordinada laboralmente.
4. A fraude, a
deslealdade e abuso de confianza nas xestións encomendadas e calquera conducta
constitutiva de delicto doloso.
5. A desobediencia manifesta.
6. O falseamento voluntario de datos e
informacións do servicio.
7. A falta
de asistencia ó traballo non xustificada durante dez ou máis días nun mes ou
durante máis de quince días nun trimestre.
8. As faltas reiteradas de puntualidade non
xustificadas durante dez ou máis días nun mes ou durante máis de vinte días nun
trimestre.
9.
O incumprimento das normas sobre incompatibilidades.
10. A reincidencia de tres ou máis faltas graves,
aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun período de catro
meses.
11. O
abandono do servicio.
12. A adopción
de acordos ilegais que causen prexuízos graves á administración ou ós
cidadáns.
13.
A obstaculización do exercicio das liberdades públicas e dos dereitos
sindicais.
14. O incumprimento das obrigas de atende-los servicios esenciais en caso
de folga.
Artigo 49º.-Sancións.
As
sancións que se poden impoñer en función da cualificación das faltas e que, en
calquera caso, se comunicarán por escrito, son as seguintes:
a) Por faltas
leves:
-Amoestación por
escrito.
-Suspensión de emprego e
soldo ata cinco días.
b) Por faltas
graves:
-Suspensión de emprego e
soldo de sete días a dous meses.
-Suspensión do dereito a concorrer a probas selectivas, de ascenso ou
concursos de traslados por un período dun ano.
c) Por faltas moi
graves:
-Suspensión de emprego e
soldo dun a tres meses.
-Suspensión
do dereito a concorrer a probas selectivas ou concursos de ascenso por un
período de dous a tres anos.
-Traslado forzoso dentro da mesma localidade sen
dereito a indemnización.
-Despedimento disciplinario. Poderase impoñe-la sanción de despedimento
disciplinario no caso de faltas moi graves ou pola reiteración de sancións deste
mesmo tipo de faltas. No caso de que a imposición destas sancións disciplinarias
de despedimento sexan declaradas improcedentes por sentencia xudicial firme, a
Universidade de Vigo optará pola readmisión do traballador co aboamento dos
salarios debidos e deixados de percibir.
Artigo 50º.-Procedemento.
As sancións por faltas graves e moi graves
requiren a tramitación previa de expediente disciplinario. A súa iniciación
comunicarase ós representantes dos traballadores, que serán oídos, e á persoa
interesada, á que se lle dará audiencia.
Para a imposición de sancións por faltas leves
non será preceptiva a previa instrucción do expediente ó que se refire o punto
anterior, agás o trámite de audiencia, e a comunicación ós representantes dos
traballadores.
Artigo
51º.-Prescrición.
As faltas leves
prescribirán ós dez días, as faltas graves ós vinte días, e as moi graves ós
sesenta días, a partir da data na que a universidade teña coñecemento delas e en
todo caso ós seis meses despois de cometerse. Eses prazos quedarán interrompidos
por calquera acto propio do expediente instruído, ou información reservada, se é
o caso, sempre que a duración do expediente, en conxunto, non supere o prazo de
seis meses sen mediar culpa do traballador expedientado.
Artigo 52º
1. Os xefes e compañeiros que toleren ou encubran
faltas doutros traballadores incorrerán en responsabilidade e sufrirán a
corrección ou sanción que corresponda, tendo en conta a que se impón ó autor e a
intencionalidade, perturbación para o servicio, atentado á dignidade da
Administración e reiteración ou reincidencia desta tolerancia ou
encubrimento.
2. Todo traballador pode dar conta por escrito, persoalmente ou mediante
os seus representantes, dos actos que impliquen faltas de respecto á súa
intimidade ou á consideración debida á súa dignidade humana ou laboral. A
universidade, a través do órgano directivo ó que e encontre adscrita a persoa
interesada, abrirá a información oportuna e instruirá, se é o caso, o expediente
disciplinario que proceda, no cal intervirá a representación dos
traballadores.
3. As sancións impostas e a súa cancelación anotarase no expediente
persoal, e informarase diso ós representantes dos traballadores e á comisión
paritaria. A cancelación das sancións impostas por faltas leves, graves e moi
graves producirase ó ano, tres anos ou cinco anos respectivamente, desde a data
do seu cumprimento.
4. Non se poden impoñer sancións que consistan na reducción das vacacións
ou outra minoración dos dereitos ó descanso dos traballadores.
Capítulo XII
- Fomento do emprego
Artigo 53º
Dentro da política de promoción do emprego, a xubilación será obrigatoria
ó cumpri-lo traballador a idade de sesenta e cinco anos; comprométese a
universidade a constituír bolsas de emprego coas vacantes que se produzan por
esta causa, incluíndo nas súas ofertas de emprego prazas de idéntica categoría
profesional ou outras de distinta categoría que se creen por transformación das
citadas vacante.
A universidade antes de remata-lo primeiro trimestre, informará á
correspondente representación sindical das previsións de xubilacións nos doce
meses seguintes á data de emisión do informe, co obxecto de planifica-las
futuras vacantes. Esta información realizarase reflectindo a categoría
profesional,
a clasificación do posto ou servicios, a xornada, a quenda e os complementos
correspondentes.
Artigo 54º
A idade de
xubilación establecida no artigo anterior considerarase sen prexuízo de que todo
traballador poida completa-los períodos de carencia para a xubilación, supostos
nos cales a xubilación obrigatoria se producirá ó completa-lo traballador os
ditos períodos de carencia na cotización á Seguridade Social.
Artigo 55º
O persoal afectado por este convenio poderá
xubilarse a partir dos sesenta anos, concedéndoselle unha gratificación, por
unha soa vez e polo referido feito de acordo coa seguinte escala:
Sesenta anos: 1.000.000
de pesetas.
Sesenta e un anos:
750.000 pesetas.
Sesenta e dous anos:
600.000 pesetas.
Sesenta e tres anos:
500.000 pesetas.
Para anos sucesivos
aplicaráselle-lo incremento do IPC.
Capítulo XIII
- Asistencia
social e acción social
Artigo
56º
A Universidade de Vigo creará
unha comisión, constituída de forma paritaria, de asistencia e acción social, co
obxecto de desenvolver unha política nese campo.
Artigo 57º
Sen prexuízo das medidas que se desenvolvan,
manterase a efectividade das seguintes:
1. Ensino universitario. A universidade
habilitará os medios para conseguir que a matrícula nos centros sexa gratuíta
para os traballadores activos e xubilados, para os seus cónxuxes ou persoa coa
que conviva maritalmente, e para fillos ó seu cargo.
a) Nos centros
universitarios dependentes da Universidade de Vigo, incluíndo centros
adscritos.
b)
UNED financiamento.
c) Noutras
universidades públicas do Estado cando a titulación non exista na Universidade
de Vigo.
2.
Escolas de idiomas. A Universidade de Vigo habilitará os medios para conseguir
que a matrícula nas escolas oficiais de idioma resulte gratuíta para os
traballadores activos e xubilados, para os seus cónxuxes ou persoa coa que
convivan maritalmente, e para fillos ó seu cargo.
3. Gardería infantil. Os
traballadores terán dereito a unha axuda para o seu financiamento cando non
exista gardería propia.
4. Incapacidade transitoria. A universidade
completará as percepcións do traballador durante a situación de incapacidade
transitoria ata o 100% das súas retribucións mensuais durante os 18 meses da
incapacidade transitoria.
5.
Xubilación. Ó se produci-la xubilación dun traballador que teña como mínimo 15
anos de antigüidade recoñecida, percibirá da universidade o importe íntegro de
tres mensualidades e unha máis por cada cinco anos ou fracción que exceda dos
quince de referencia. De non chegar ós 15 anos aboaráselle a porcentaxe
correspondente.
6. Indemnización por falecemento. Os herdeiros do traballador da
Universidade de Vigo percibirán, en concepto de indemnización por falecemento, a
cantidade de 500.000 pesetas, compatibles con calquera tipo de axuda por esta
causa.
7.
Instalacións deportivas. Os traballadores terán para si, para o seu cónxuxe e
para os fillos ó seu cargo, dereito a utilización das instalacións deportivas da
universidade, nas mesmas condicións cas establecidas para o resto dos membros da
comunidade universitaria.
8. Anticipos reintegrables. A Universidade de
Vigo poderá conceder anticipos reintegrables ó seu persoal laboral nas mesmas
condicións que as establecidas para os funcionarios públicos.
Artigo 58º.-Acción
social.
Co obxecto de financiar
accións dirixidas ó persoal que se acorden na comisión de acción social, ou ben
que se complementen ás adoptadas nela, decididas entre a xerencia e o comité
intercentros, constitúese na universidade un fondo de acción social para o
persoal laboral, equivalente, cada ano, o 1 % da masa salarial
anual.
1.
Financiamento dun seguro por invalidez e morte e demais responsabilidade civil
derivada do exercicio profesional para o persoal, incluíndo un seguro
complementario para a compensación de accidentes en vehículos automóbiles de
propiedade dos traballadores utilizados en actos de servicio.
2. Financiamento de
medidas de apoio a traballadores que teñan ó seu cargo fillos diminuídos
físicos, psíquicos e sensoriais.
3. Financiamento de sistemas complementarios de
axudas ó estudio.
Capítulo
XIV - Dereito de representación
colectiva do persoal
Artigo
59º
Ningún traballador/a poderá ser
discriminado en razón da súa afiliación sindical e todos poderán expoñer
libremente no centro as súas opinións sobre o particular.
Artigo 60º
Todo traballador/a poderá ser elector e elixible
para exercer cargos sindicais, sempre que reúna os requisitos establecidos no
Estatuto dos traballadores.
Artigo 61º
Todo traballador/a poderá dispoñer de vinte horas laborais ó ano como
permiso retribuído para asistir a reunións sindicais ou de entidades legalmente
constituídas e relacionadas coa súa profesión, e ás que fose oficialmente
citado. Para o uso deste dereito, daráselle comunicación á xerencia con 24 horas
de anticipación e achegando a correspondente citación.
Artigo 62º
Sen prexuízo do disposto nos artigos 77 a 81 do
Estatuto dos traballadores, poderá ser constituída a asemblea dos traballadores
da universidade, dun centro ou de varios centros desta. Deberá ser convocada
polo comité de empresa ou por un 20% dos traballadores do seu cadro de
persoal.
Terán dereito a reunirse nun local da universidade facilitado pola
xerencia, sen presencia desta. A xerencia deberá recibir comunicación cunha
antelación de corenta e oito horas. Manteranse cubertos, en todo caso, os
servicios mínimos.
Artigo 63º
No caso de estar
negociando un convenio colectivo, poderá reunirse dentro do horario de traballo
cun límite de oito horas no período dun mes, e con só vintecatro horas de aviso
previo.
Artigo 64º
O comité de empresa
e os delegados de persoal poderán acumula-las horas sindicais dos seus membros
en un ou en varios deles. O pedimento de acumulación deberá facerse por escrito,
sendo resolto, de forma inmediata pola xerencia da universidade, consonte coa
lexislación vixente.
Artigo 65º
Delegados sindicais. Recoñécese o
dereito das centrais sindicais a seren representadas por un delegado na
universidade. O delegado deberá ser traballador en situación de activo na
universidade.
Os sindicatos que aleguen este dereito deben acreditalo de modo que faga
fe diante da universidade, recoñecéndolle esta, acto seguido, ó citado delegado
a súa condición de representante do sindicato para tódolos efectos.
A estes representantes
recoñécenselle-los dereitos establecidos na LOLS (Lei orgánica de liberdade
sindical), demais normativa que lle sexa de aplicación. Terán os mesmos dereitos
que o presente convenio recolle para os delegados de persoal e membros do comité
de empresa.
Os/as liberados sindicais terán o mesmo tratamento, para tódolos efectos,
que o restante persoal.
Os/as liberados/as sindicais cun exercicio mínimo
continuado de tres anos nesta situación, terán dereito, durante o semestre
seguinte á súa reincorporación o traballo, á asistencia con carácter prioritario
a cursos organizados pola universidade relacionados
coa súa categoría, e
naqueles casos de inexistencia de cursos axeitados á especificidade do seu posto
de traballo, arbitrará os medios necesarios para dar cobertura á súa
readaptación.
As organizacións sindicais con representación na universidade terán
dereito ó uso gratuíto do correo interno da universidade.
Artigo 66º
Os membros do comité de empresa, delegados de
prevención, delegados de persoal e delegados sindicais terán os dereitos que lle
recoñece a lei e os seguintes:
1. Dereito á libre difusión na universidade das
súas publicacións, avisos ou opinións que lles poidan interesar ós respectivos
afiliados ó sindicato e ós traballadores en xeral.
2. Dereito de reunión nos
locais da universidade nas mesmas condicións que se sinalan para a asemblea dos
traballadores.
3. Os membros do comité de empresa e os delegados de persoal e delegados
sindicais dispoñerán de tempo retribuído para realizar en xestións conducentes á
defensa dos intereses do persoal. O crédito mensual para cubrir esta finalidade
será de 35 horas. A universidade disporá os medios para dar cumprimento efectivo
a este dereito sen menoscabo do funcionamento do servicio ou
unidade.
4.
No caso de que nun delegado/a sindical concorra, tamén, a condición de membro do
comité de empresa, o crédito horario de que dispoñerá será o acumulado por
ámbolos dous tipos de representación.
5. Dereito a seren informados dos asuntos da
universidade nos termos fixados para o comité de empresa no Estatuto dos
traballadores, debendo observa-lo sixilo profesional recollido no no citado
texto legal.
Artigo 67º
A universidade
facilitará un local para a actividade sindical provisto dos medios necesarios
para desenvolve-las actividades sindicais representativas. Así mesmo,
dispoñerase de taboleiros de anuncios reservados á libre comunicación sindical
en tódolos centros de traballo da universidade.
Capítulo XV - Formación e perfeccionamento do
persoal
Artigo 68º
Coa finalidade de desenvolver un plan para a
formación e perfeccionamento do persoal, a comisión de formación asumirá as
funcións de análise e aprobación do plan de formación profesional así como o seu
seguimento e control.
A comisión de formación ten entre as súas
competencias: a de establece-los criterios de admisión ós cursos, velando por
garanti-lo acceso de todo o persoal a estes, tendo, en todo caso, como criterio
de referencia, a non acumulación de cursos nas mesmas persoas, dándolle
prioridade a aqueles traballadores/as que téndoo solicitado, non accedesen nunha
convocatoria anterior. Así mesmo, esta comisión coñecerá e informará as
reclamacións que tiveran lugar sobre calquera particular derivado do plan de
formación ou da realización de cada curso.
Se é o caso, e de ser acordado pola comisión
paritaria, o plan poderá ter carácter plurianual.
A organización dos
citados cursos poderá ser realizada directamente pola universidade ou mediante
convenio con institucións públicas ou privadas, tendo que ser aprobados os ditos
convenios pola comisión de formación.
Complementariamente, a universidade poderá
autoriza-la asistencia dos seus traballadores/as a cursos, seminarios ou
encontros profesionais. Cando a comisión de formación así o acorde, a asistencia
computará como xornada de traballo efectiva e os gastos que se deriven da dita
asistencia serán sufragados pola universidade.
Para o financiamento do
plan de formación que se aprobe, a universidade contribuirán co 1 % da masa
salarial que se orce en concepto de retribucións para o persoal.
Artigo 69º
Os traballadores que cursen estudios oficiais de
perfeccionamento da súa profesión, dispensados por centros oficiais, terán
dereito á adaptación da xornada ordinaria de traballo á asistencia ós cursos,
sempre que as necesidades do servicio e a organización do traballo o
permitan.
Disposicións adicionais
Primeira.-Aqueles traballadores que no momento do asinamento do presente
convenio, gocen dunha cesión de uso gratuíta dalgunha das vivendas situadas nos
inmobles de titularidade da universidade, estarán suxeitos ás seguintes
normas:
A
cesión de uso estará directamente vinculada á ocupación efectiva dun posto de
traballo, sen que poida existir posibilidade de subrogación, alugueiro, ou
sub-alugueiro por parte do traballador.
O traballador estará obrigado a ocupa-la vivenda.
No caso de non facer uso dela durante o período de dous meses ó ano, sen causa
debidamente xustificada, a universidade pode proceder a dar por rematada a
cesión de uso.
Serán por conta do traballador os gastos correntes derivados da
utilización da vivenda obxecto da cesión, tales como luz, auga, teléfono,
calefacción e outros que puidesen existir. Para tal fin a universidade
posibilitará a instalación de contadores que permitan unha efectiva imputación
deses gastos ó titular da cesión.
Segunda.-Definición de categorías.
Incorpóranse como anexo I a definición e función
das categorías acordadas entre a xerencia e o comité
intercentros no proceso
de execución da RPT de 2000. No prazo de seis meses elaborarase un manual de
funcións que incluirá ó conxunto das categorías profesionais existentes na
Universidade de Vigo.
Terceira.-O persoal funcionario pertencente ó
grupo E poderá participar en calquera concurso de provisión de postos laborais
da categoría de auxiliar técnico de servicios xerais e de técnico especialista
de servicios xerais. Para estes efectos, adaptarase o baremo que rexa nos
traslados do persoal laboral ás peculiaridades do réxime estatutario para os
efectos dunha avaliación homoxénea dos méritos.
Cuarta.-Negociarase co
comité de empresa os criterios de repartición da paga de productividade ó
persoal laboral segundo as dispoñibilidades orzamentarias de cada exercicio, con
parámetros similares para o seu cálculo da que corresponda ó persoal
funcionario.
Quinta.-A Universidade de Vigo aceptando o principio de homoxeneización
retributiva do seu persoal, comprométese a facer extensiva a retribución por
trienios ó persoal eventual que acredite períodos de contratación por parte
desta que sumen tres anos ou múltiplos de tres. Este dereito seralles recoñecido
desde o momento que se produza o acordo que faga extensiva a retribución por
antigüidade ó conxunto do persoal contratado de natureza temporal.
Sexta.-Durante o período
de vixencia do presente convenio, a Universidade de Vigo e o comité intercentros
comprométense, no seo da mesa de retribucións e avaliación da calidade dos
servicios a realizar un estudio e valoración dos postos de traballo do persoal
laboral que permita definir con máis precisión os complementos de
responsabilidade e categoría que corresponden a eles.
Con este propósito a
Universidade de Vigo, con carácter previo á aprobación dos orzamentos de cada
ano, comprométese a incluír nos conceptos correspondentes a masa salarial do
persoal laboral de administración e servicios as cantidades necesarias que
permitan facer efectivos os compromisos en materia de retribucións derivados dos
acordos os que se chegue na mesa.
Sétima.-Tendo en conta as especiais
características organizativas que comportan os postos ocupados polo persoal coa
categoría de técnico especialistas de servicios xerais, estes poderán
solicita-la realización voluntaria da xornada partida por un período non
inferior a un ano. Neste suposto, aboaráselle o complemento de
xornada.
Disposicións transitorias
Primeira.-No primeiro concurso de traslados que se celebre logo da
aprobación do convenio, consideraranse equivalentes as categorías creadas na RPT
de 2000 e as declaradas a extinguir que deron lugar ás novas para os efectos de
valoración de antigüidade na categoría.
Segunda.-A Universidade de Vigo iniciará, no
prazo de tres meses contado desde a publicación do convenio, as xestións
conducentes ó asinamento dun convenio coas outras universidades públicas que
permita o recíproco traslado dos seus traballadores, podéndose chegar á
realización dos concursos de forma conxunta e simultánea. Na elaboración e
asinamento do devandito convenio participarán os respectivos comités de
empresa.
Terceira.-O complemento ad personam resulta da diferencia entre o
complemento ó posto da RPT de 2000 e os complementos que lle corresponderían ó
posto ocupado pola aplicación das novas retribucións acordadas. Terá a
consideración de retribución complementaria incrementándose na mesma porcentaxe
que estas. De producirse unha modificación do complemento de responsabilidade
e/ou categoría que supoña un incremento retributivo do posto ocupado ou un
cambio de categoría profesional da persoa que o percibe, reduciríase na contía
incrementada polas causas descritas.
O complemento ad personam que corresponde ós
postos provistos mediante libre designación (LD), será percibido polo persoal
que na data de sinatura do presente convenio está destinado neles ata que se
produza o cesamento regulamentario.
Cuarta.-Manteranse, ata que a mesa de
retribucións e avaliación da calidade adopte un acordo derivado do estudio e
valoración dos postos de traballo, os complementos ó posto relacionados que se
corresponden cos complementos do III convenio para o persoal laboral das
universidades públicas de Galicia.
Relación de postos:
|
Categoría/posto |
Tipo |
|
Dirección servicios informáticos |
C |
|
Analista/técnico superior de tecnol. da información e as comunicacións |
G |
|
Responsable aplicacións (téc. esp. de informática) |
G |
|
Téc. esp. de informática/técnico esp. de tecnol. da información e as comunicacións |
J |
|
Responsable unidade de transporte e distribución (parque móbil) |
G |
Disposición derradeira
1. En
todo o non recollido no presente convenio atenderase á lexislación laboral que
lle é de aplicación. En defecto desta, atenderase ó acordo entre ámbalas partes,
formalizado mediante pacto. No caso de non chegar a un acordo, aplicarase,
sempre que a natureza do tema o permita, como criterio interpretativo supletorio
o réxime legalmente establecido para os funcionarios.
2. Se por disposición
legal ou regulamentaria ó persoal funcionario da Universidade de Vigo se lle
recoñeceran melloras no seu réxime de xornada e horario, vacacións, permisos,
licencias e asistencia social, estas aplicaranse automaticamente ó persoal
suxeito a este convenio.
ANEXO I - Definición de grupos e categorías encadradas
no presente convenio
* Técnico especialista en biblioteca.
Funcións do posto:
Atención ó usuario e información xeral dos
servicios de biblioteca e do arquivo universitario.
Asistencia ó usuario no
uso dos recursos bibliográficos e documentais tanto da biblioteca como do
arquivo universitario.
Atención ó usuario, referencia e información
bibliográfica de primeiro nivel.
Información e formación ós usuarios sobre o manexo do catálogo
(OPAC).
Realización do préstamo,
devolucións, renovacións e reservas.
Control e subministración dos documentos para a súa consulta en
sala.
Préstamo de documentos e
subministración das peticións de artigos entre as bibliotecas da Universidade de
Vigo.
Impresión e envío de avisos relativos á circulación.
Mantemento da base de datos de
usuarios.
Colocación de códigos de
barras de usuario e exemplar.
Rexistro de todo tipo de publicacións unitarias.
Rexistro e control de publicacións
periódicas.
Realización e control de
listaxes e ordenación de duplicados de publicacións periódicas.
Realización, reproducción
e distribución de boletíns de sumarios e novidades.
Comprobación do estado dos fondos, reparación
destes e/ou preparación deles para a súa encadernación.
Reconto, colocación,
ordenación e expurgado de todo tipo de fondos.
Colocación, ordenación do fondo do arquivo
universitario e preparación da documentación para o seu empréstito ós
usuarios.
Recepción e preparación de envíos de correo e paquetería.
Ordenación de catálogos de editoriais e librerías
e control de empréstito.
Preparación
dos materiais bibliográficos para o seu uso: magnetización, selado e colocación
de rótulos.
Mantemento de obras actualizables.
Realización de fotocopias e escaneado de documentos para a biblioteca e o
arquivo universitario. Rexistro e control de todo o material
reproducido.
Vixilancia do cumprimento da normativa de utilización dos servicios
bibliotecarios e do Regulamento da biblioteca universitaria.
Aquelas outras tarefas
afíns á categoría do posto que lle sexan encomendadas e resulten precisas por
razón do servicio.
* Técnico especialista de servicios xerais.
Funcións do posto:
Organización e supervisión do persoal da área de
servicios xerais da área de traballo.
Control e conservación do equipamento e material
ó seu cargo.
Programación dos
traballos de mantemento e da actividade do persoal ó seu cargo.
Supervisión do funcionamento do correo,
paquetería, telefonía, fax e correo electrónico.
Trasladar ó persoal
dependente a normativa relacionada coas materias da súa área.
Participar no seguimento
e control dos traballos realizados polas empresas relacionados coa súa área de
traballo.
Asesorar e colaborar na formación e mellora do persoal ó seu
cargo.
Proporlle ó administrador
instruccións xerais sobre o funcionamento da súa unidade.
Funcións de mando,
organización e supervisión nos centros de traballo en relación co persoal das
categorías de auxiliar técnico de servicios, auxiliar de servicios da área de
conserxería (a extinguir).
En dependencia do administrador de centro e
seguindo os criterios da unidade técnica, mantemento preventivo de edificios e
instalacións: control e supervisión do estado e funcionamento das instalacións e
dependencias ó seu cargo, comunicando e/ou adoptando as medidas precisas para a
emenda de calquera anomalía observada.
Reparacións básicas do equipamento e das
instalacións de electricidade, fontanería, albanelería, calefacción,
carpintería, redes, telefonía, equipos de protección contra incendios, e
outras.
Realización de pequenas instalacións de electricidade, fontanería,
calefacción e mobiliario.
Elaborar informes, memorias, estatísticas sobre
temas da súa área de traballo.
Facilitarlles ós usuarios e público en xeral información básica de
carácter xeral.
Supervisión da apertura e peche dos locais e edificios e demais labores
auxiliares do persoal que traballa baixo a súa dependencia.
Aquelas outras tarefas
afíns á categoría do posto que lle sexan encomendadas e resulten precisas por
razón do servicio.
* Auxiliar técnico de servicios xerais.
Funcións do posto:
Control e supervisión do estado e funcionamento
das instalacións e dependencias ó seu cargo, comunicando e/ou adaptando as
medidas precisas para a reparación de calquera anomalía observada.
Cubri-los partes de
traballo, indicando os materiais empregados, incidencias e demais
circunstancias.
Controla-la entrada de persoas alleas ó servicio, recibi-las súas
peticións relacionadas con el e darlles información sobre a unidade ou oficina á
que deben dirixirse.
Realización de pequenas instalacións de baixo nivel de complexidade, de
electricidade, fontanería, calefacción e carpintería.
Asistencia técnica á
actividade académica e os actos protocolarias, congresos, seminarios, roldas de
prensa, etcétera. organizados pola Universidade de Vigo.
Custodiar, organizar e
distribuí-lo mobiliario, máquinas, instalacións e locais.
Facilitar información básica de carácter
xeral.
Custodia-las chaves dos
despachos, oficinas e servicios.
Recibir, conservar e distribuí-los documentos, obxectos e
correspondencia.
Atende-las chamadas
telefónicas.
Manexa-las máquinas
fotocopiadoras e outras análogas para as funcións derivadas da actividade
administrativa dos negociados e secretarías.
Manexar automóbiles cando sexa necesario para
realizar calquera outra función das citadas como propias da
categoría.
Atende-lo alumnado nos centros.
Abrir e pecha-los locais.
Realiza-las xestións que se lle encomenden no exterior do edificio tales
como previsión e recepción de correo, recollida e entrega de documentación en
institucións bancarias ou administrativas, etcétera.
Traballos de mantemento
das diferentes instalacións da universidade, especialmente as relativas á
calefacción, auga quente, fontanería, electricidade, albanelería, etcétera.
Traslado dos materiais e equipos relacionados cos traballos de mantemento.
Control e conservación do equipo e material ó seu cargo, coidando do seu
bo uso e da economía.
Reparación elemental do equipo e material ó seu
cargo, sempre que non implique unha especial dificultade técnica.
Vixilancia e control dos
locais polo día, controlando o acceso de persoas de conformidade coas normas de
réxime interior.
Traslado de material e equipamento dentro das instalacións e locais, coa
utilización dos medios axeitados.
Facilitarlles ós estudiantes e público
información básica de carácter xeral.
Aquelas outras tarefas afíns á categoría do posto que lle sexan
encomendadas e resulten precisas por razón do servicio.
* Auxiliar de servicios
(a extinguir):
Funcións do
posto:
1. Custodia-lo mobiliario,
máquinas, instalacións e locais.
2.
Controla-la entrada de persoas alleas ó servicio, recibi-las súas peticións
relacionadas con el e darlles información sobre a unidade ou oficina á que deben
dirixirse.
3.
Custodia-las chaves dos despachos, oficinas e servicios.
4. Recibir, conservar e distribuí-los documentos,
obxectos e correspondencia.
5.
Atende-las chamadas telefónicas.
6.
Manexa-las máquinas fotocopiadoras e outras análogas para as funcións derivadas
da actividade administrativa dos negociados e secretarías.
7. Manexar automóbiles
cando sexa necesario para realizar calquera outra función das citadas como
propias da categoría.
8. Colaborar no mantemento ordinario das
instalacións en xeral e dos seus sistemas de calefacción, electricidade,
fontanería, etc. facendo reparacións menores e comunicando ós superiores
aqueloutras que non se poidan solucionar directamente.
9. Atende-lo alumnado nos
centros.
10. Abrir e pecha-los
locais.
11. Realiza-las xestións que
se lle encomenden no exterior do edificio tales como previsión e recepción de
correo, recollida e entrega de documentación en institucións bancarias ou
administrativas, etc.
ANEXO II - Clasificación por grupos e categorías
-Grupo I: titulado superior.
*
Téc. superior en I+D.
* Téc. superior
O.R.I.
* Téc. superior microscopía
electrónica.
* Téc. superior análise
instrumental.
* Téc. superior de AA.
deportivas.
* Téc. superior de AA.
culturais.
* Téc. superior de
tecnoloxías da información e as comunicacións/analista.
-Grupo II: diplomado universitario, ciclo
superior de formación profesional ou equivalente.
* Enxeñeiro
técnico.
* Xestor de AA.
culturais.
* Técnico medio de
tecnoloxías da información e as comunicacións.
-Grupo III: formación profesional de segundo grao
ou equivalente.
* Técnico medio de
tecnoloxías da información e as comunicacións/técnico especialista informática
(programador)/técnico especialista informática (operador).
* Técnico especialista
informática (xestión de redes e sistemas operativos).
* Téc esp. de transporte e
distribución.
* Oficial
administración (a extinguir).
*
Técnico especialista de laboratorio.
* Téc. esp. actividades deportivas.
* Téc. esp. análise dos alimentos.
* Téc. esp. análise instrumental.
* Téc. esp. automatización industrial.
* Téc. esp. capataz forestal.
* Téc. esp. delineación (expresión
gráfica).
* Téc. esp. delineación
(forestais).
* Téc. esp. electrónica
(C.A.C.T.I.).
* Téc. esp. electrónica
(tecnoloxía electrónica).
* Téc. esp.
laboratorio de bioloxía.
* Téc. esp.
laboratorio de física.
* Téc. esp.
laboratorio de química.
* Téc. esp.
máquinas-ferramentas (C.A.C.T.I.).
*
Téc. esp. máquinas-ferramentas (E.P.F.).
* Téc. esp. mecánica.
* Téc.
esp. mecanizado de alto baleiro.
*
Téc. esp. raios X e susceptibilidade magnética.
* Téc. esp. taller de belas artes.
* Téc. esp. de servicios xerais.
* Téc. esp. de biblioteca.
* Téc. esp. de xardinería e zonas
verdes.
-Grupo IV: formación
profesional de primeiro grao ou equivalente.
* Auxiliar administrativo (a extinguir).
* Auxiliar técnico de bibliotecas (a
extinguir).
* Oficial de
laboratorio.
* Auxiliar téc. de
instalacións deportivas.
* Auxiliar
téc. servicios xerais.
*
Telefonista.
-Grupo V: estudios
primarios.
* Auxiliar de xervicios (a
extinguir).
* Persoal de limpeza (a
extinguir).
Poderase incluír calquera
outra que así se acorde na comisión paritaria.
ANEXO III
- Persoal laboral fixo: estructura das probas selectivas
Con carácter xeral, sen prexuízo das posibles adaptacións para
convocatorias específicas, o acceso á condición de persoal laboral fixo da
Universidade de Vigo producirase trala superación do correspondente proceso
selectivo, que se axustará á seguinte estructura:
-Promoción
interna.
Constará de dúas
fases:
a) Fase de oposición.
Cualificarase cun 85% da puntuación máxima.
Os exercicios obrigatorios e eliminatorios versarán sobre os coñecementos
e habilidades específicas da categoría da praza.
As respostas incorrectas
penalizaranse cun 25% do valor da resposta correcta.
b) Fase de concurso. Cualificarase cun 15% da
puntuación máxima.
1. Antigüidade nas
universidades públicas de Galicia, certificada polo xerencia ou a unidade de
persoal respectiva. O período de tempo que se considerará segundo os grupos
será: grupo IV: 6 anos, III: 8 anos, II: 9 anos e I: 10 anos. Cualificarase cun
10% da puntuación máxima.
2. Formación: relacionada coa categoría da praza,
acreditada suficientemente e impartida por centros e organismos oficiais,
incluídas as materias cursadas para a obtención de títulos oficiais superiores ó
esixido pola convocatoria ou afíns. Cualificarase cun 5% da puntuación
máxima.
-Acceso xeral libre.
Constará
de dúas fases:
a) Fase de oposición.
Cualificarase cun 85% da puntuación máxima.
As respostas incorrectas penalizaranse cun 25% do valor da resposta
correcta.
1. O/s exercicio/s
obrigatorios e eliminatorios versarán sobre os coñecementos e habilidades
específicas da categoría da praza. Cualificaranse cun 75% da puntuación
máxima.
2.
O/s exercicio/s obrigatorios e non eliminatorios versarán sobre os coñecementos
non específicos e de lingua galega. Cualificaranse cun 10% da puntuación máxima,
do que o 4% corresponderá ó exercicio de lingua galega.
b) Fase de concurso.
Cualificarase cun 15% da puntuación máxima.
1. Experiencia: valorarase o desempeño de postos da mesma categoría o da
praza convocada nas universidades públicas de Galicia, certificada polo xerencia
ou a unidade de persoal respectiva. Acreditaranse mediante certificacións das
correspondentes empresas ou institucións. O período de tempo a considerar
segundo os grupos será: grupo IV: 4 anos, III: 5 anos, II: 6 anos e I: 7 anos.
Cualificarase cun 10% da puntuación máxima.
2. Formación: relacionada coa categoría da praza,
acreditada suficientemente e impartida por centros e organismos oficiais,
incluídas as materias cursadas para a obtención de títulos oficiais superiores ó
esixido pola convocatoria ou afíns. Cualificarase cun 5% da puntuación
máxima.
ANEXO
IV - Persoal laboral
eventual
Para a cobertura con
carácter provisional das prazas vacantes na RPT do persoal laboral ata a súa
cobertura con carácter definitivo, convocaranse un concurso ó que poderá
concorre-lo persoal laboral fixo destinado na Universidade de Vigo, e no que se
valorará:
1.
Antigüidade na Administración pública. Valorarase ata un 15% da puntuación
máxima.
a) Xeral. Valorarase ata un 5% da puntuación máxima.
b) En categorías afíns. Valorarase ata un 10% da
puntuación máxima.
2.
Antigüidade/experiencia na categoría. Cualificarase o desempeño de postos iguais
ou equivalentes ó que se pretende cubrir nas universidades públicas de Galicia.
Valorarase ata un 50% da puntuación máxima.
3. Formación directamente relacionada coa
categoría e impartida por organismos oficiais e centros de recoñecido prestixio,
incluíndo as materias cursadas para a obtención de títulos oficiais, superiores
ó esixido pola convocatoria. Valorarase ata un 35% da puntuación
máxima.
De
non cubrirse a vacante consonte o procedemento anterior, convocarase a través
dun anuncio na prensa galega, axustándose ó seguinte baremo:
1.
Antigüidade/experiencia na categoría.
a) Desempeño de postos iguais ou equivalentes ó que se pretende cubrir
nas universidades públicas de Galicia. Valorarase ata un 40% da puntuación
máxima.
b)
Desempeño de postos iguais ou equivalentes ó que se pretende cubrir noutras
administracións, institucións públicas e empresas privadas. Valorarase ata un
20% da puntuación máxima.
2. Formación directamente relacionada coa
categoría e impartida por organismos oficiais e centros de recoñecido prestixio,
así como as bolsas concedidas segundo a súa duración e relación co
perfil da praza. Valorarase ata un 30% da puntuación máxima.
3. Titulación superior á
esixida e outras titulacións afíns. Valorarase ata un 10% da puntuación
máxima.
Convocatorias:
1.
Independentemente dos méritos alegados, os candidatos deberán estar en posesión
da titulación académica esixida segundo o grupo de adscrición da respectiva
praza.
2. O prazo para presentar
solicitudes será de 10 días naturais. A convocatoria remitirase a tódolos
centros. Os acordos das comisións recolleranse nunha acta. A proposta de
adxudicación e, se é o caso, a correspondente lista de espera resultante,
publicaranse no taboleiro de anuncios do rectorado. As comisións poderán
declarar deserta a praza convocada.
3. Os concursos serán resoltos por unha comisión
integrada por dous representantes da universidade e un do comité
intercentros.
4. Os méritos deberán acreditarse mediante copia dos documentos
xustificativos. A comisión poderá solicitar directamente ós aspirantes as
aclaracións e/ou a entrega de documentación adicional, cando o considere
necesario.
ANEXO V - Salarios
2002
Salario base
|
Grupos |
Anual |
Mensual |
|
I |
23.440,35 |
1.562,69 |
|
II |
19.655,10 |
1.310,34 |
|
III |
15.882,45 |
1.058,83 |
|
IV |
13.536,30 |
902,42 |
|
V |
12.185,70 |
812,38 |
|
Trienios |
523,50 |
34,90 |
ANEXO VI
- Complemento de
responsabilidade
|
Grupo I |
Complem. |
Anual |
Mensual |
|
Responsable AA. deportivas |
RI1 |
3.592,44 |
299,37 |
|
Responsable C.A.C.T.I. |
RI1 |
3.592,44 |
299,37 |
|
Responsable O.R.I. |
RI1 |
3.592,44 |
299,37 |
|
Responsable oficina I+D |
RI1 |
3.592,44 |
299,37 |
|
Responsable xardinería |
RIII1 |
709,44 |
59,12 |
ANEXO VII
- Complemento de
categoría
|
Grupo I |
Complem. |
Anual |
Mensual |
|
Téc. sup. AA. deportivas |
CI1 |
1.474,53 |
122,88 |
|
Téc. sup. AA. culturais |
CI1 |
1.474,53 |
122,88 |
|
Téc. sup. RR. internacionais |
CI1 |
1.474,53 |
122,88 |
|
Téc. sup. oficina I+D |
CI1 |
1.474,53 |
122,88 |
|
Tit. sup. microscopía |
CI1 |
1.474,53 |
122,88 |
|
Tit. sup. análise instrumental |
CI1 |
1.474,53 |
122,88 |
|
Tit. sup. teledetección |
CI1 |
1.474,53 |
122,88 |
|
Téc. sup. prevención |
CI1 |
1.474,53 |
122,88 |
|
Téc. sup. serv. xerais investigación |
CI1 |
1.474,53 |
122,88 |
|
Grupo II |
Complem. |
Anual |
Mensual |
|
Enxeñeiro técnico |
CII1 |
1.052,70 |
87,72 |
|
Xestor AA. culturais |
CII1 |
1.052,70 |
87,72 |
|
T.M.T.I.C. |
CII1 |
1.052,70 |
87,72 |
|
Grupo III |
Complem. |
Anual |
Mensual |
|
Téc. esp. xardinería e zonas verdes |
CIII1 |
140,01 |
11,67 |
|
Téc. esp. transporte e distribución |
CIII1 |
140,01 |
11,67 |
|
Téc. esp. laboratorio |
CIII2 |
849,45 |
70,79 |
|
Téc. esp. AA. deportivas |
CIII1 |
140,01 |
11,67 |
|
Téc. esp. servicios xerais |
CIII1 |
140,01 |
11,67 |
|
Téc. esp. biblioteca |
CIII1 |
140,01 |
11,67 |
|
Grupo IV |
Complem. |
Anual |
Mensual |
|
Auxiliar téc. de servicios xerais |
CIV1 |
148,84 |
12,40 |
|
Auxiliar téc. de instal. deportivas |
CIV1 |
148,84 |
12,40 |
|
Oficial laboratorio |
CIV3 |
1.567,96 |
130,66 |
|
Telefonista |
CIV2 |
858,52 |
71,54 |
ANEXO VIII
- Outros
complementos
|
Tipo de complemento |
Anual |
Mensual |
|
Dispoñibilidade horaria |
2.327,71 |
193,98 |
|
Permanencia |
4.207,08 |
350,59 |
|
Xornada ordinaria |
0,00 |
0,00 |
|
Xornada partida |
2.327,71 |
193,98 |
|
Perigosidade |
891,35 |
74,28 |
ANEXO IX
- Axudas de
custo
Grupo I e II: tipo
II.
Grupo III, IV e V: tipo
III.
Dilixencia: para facer constar
que neste acto se asina o I Convenio colectivo do persoal laboral da
Universidade de Vigo.
E para que asi conste en Vigo o catro de abril de
dous mil dous.
Augusto Viso
Alonso
Xerente
Cándido Pérez Betanzos
CIG
Manuel Velasco Graña
CC.OO.
José Rodríguez de la
Concepción
UGT