III CONVENIO COLECTIVO ÚNICO

PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA 1994



CAPITULO I ÁMBITO DO CONVENIO

ARTIGO 1.- ÁMBITO PERSOAL E TERRITORIAL

ARTIGO 2.- VIXENCIA E DENUNCIA

CAPITULO II ÓRGANO DE VIXILANCIA

ARTIGO 3.- COMISIÓN PARITARIA DE VIXILANCIA, INTERPRETACIÓN E DESENVOLVEMENTO

CAPITULO III ESTABILIDADE NO EMPREGO E INCOMPATIBILIDADES

ARTIGO 4.- ESTABILIDADE NO EMPREGO

ARTIGO 5.- INCOMPATIBILIDADES

CAPITULO IV PROVISIÓN DE VACANTES E ACCESO A CONDICIÓN DE PERSOAL LABORAL

ARTIGO 6.- RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

ARTIGO 7.- PROVISIÓN DE VACANTES

ARTIGO 8.- ACCESO A CONDICIÓN DE LABORAL FIXO

ARTIGO 9.- QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA E CAMBIO DE CATEGORÍA

ARTIGO 10.- CONVOCATORIAS

ARTIGO 11.- TRIBUNAIS DE SELECCIÓN

ARTIGO 12.- RESOLUCIÓN

ARTIGO 13.- TOMA DE POSESIÓN

ARTIGO 14.- PERÍODO DE PROBA

CAPITULO V ORGANIZACIÓN E DIRECCIÓN DO TRABALLO

ARTIGO 15.- TRABALLOS DE SUPERIOR E INFERIOR CATEGORÍA

ARTIGO 16.- ORGANIZACIÓN DO TRABALLO

ARTIGO 17.- PERMUTAS

CAPITULO VI XORNADA, HORARIO DE TRABALLO, DESCANSO E VACACIÓNS

ARTIGO 18.- XORNADA DE TRABALLO

ARTIGO 19.- TRABALLO NOCTURNO

ARTIGO 20.- DESCANSO E FESTIVOS

ARTIGO 21.- VACACIÓNS

CAPITULO VII LICENCIAS E EXCEDENCIAS

ARTIGO 22.- LICENCIAS E PERMISOS CON SOLDO

ARTIGO 23.- LICENCIAS E PERMISOS SEN SOLDO

ARTIGO 24.- LICENCIAS ESPECIAIS E CONDICIÓNS DE TRABALLO NOS SUPOSTOS DE MATERNIDADE E PATERNIDADE

ARTIGO 25.- SUSPENSIÓN DURANTE O SERVICIO MILITAR

ARTIGO 26.- EXCEDENCIAS

CAPITULO VIII CONDICIÓNS ECONÓMICAS

ARTIGO 27.- ESTRUCTURA DO SALARIO

ARTIGO 28.- PAGAS EXTRAS E PERCEPCIÓN DE HABERES

ARTIGO 29.- HORAS EXTRAORDINARIAS

ARTIGO 30.- AXUDAS DE CUSTOS E DESPRAZAMENTOS

ARTIGO 31.- DEREITO A COMEDOR

ARTIGO 32.- INCAPACIDADE LABORAL TRANSITORIA

CAPITULO IX BENEFICIOS SOCIAIS

ARTIGO 33.- BENEFICIOS SOCIAIS E PERFECCIONAMENTO PROFESIONAL

ARTIGO 34.- OCIO, RECREO, CULTURA E DEPORTES

ARTIGO 35.- ORIENTACIÓN SOBRE PLANIFICACIÓN FAMILIAR E REVISIÓNS MÉDICAS

ARTIGO 36.- XUBILACIÓN E FOMENTO DE EMPREGO

ARTIGO 37.- POLÍTICA DE AXUDA A DIMINUÍDOS FÍSICOS E PSÍQUICOS

ARTIGO 38.- INDEMNIZACIÓN POR INVALIDADE E MORTE POR ACCIDENTE DE TRABALLO OU ENFERMIDADE PROFESIONAL

ARTIGO 39.- FONDO DE AXUDA PARA ANTICIPOS

ARTIGO 40.- COMPLEMENTO DE PENSIÓNS DE VIUVEZ E ORFANDADE

CAPITULO X SEGURIDADE E HIXIENE

ARTIGO 41.- SEGURIDADE E HIXIENE

ARTIGO 42.-ROUPA DE TRABALLO

ARTIGO 43.- SERVICIOS MEDIOS

ARTIGO 44.- SERVICIO E TRABALLO

CAPITULO XI MOBILIDADE

ARTIGO 45.- MOBILIDADE XEOGRÁFICA

CAPITULO XII DEREITOS SINDICAIS

ARTIGO 46.- DELEGADOS/AS DE PERSOAL E COMITÉS DE EMPRESA

ARTIGO 47.- DAS SECCIÓNS SINDICAIS, DOS DELEGADOS/AS SINDICAIS E DOS AFILIADOS/AS

ARTIGO 48.- COMITÉ INTERCENTROS

CAPITULO XIII RÉXIME DISCIPLINARIO

ARTIGO 49.- RÉXIME DISCIPLINARIO

CONSULTAS

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

 

ANEXOS

ANEXO I TÁBOA SALARIAL POR GRUPOS

ANEXO II GRUPOS E CATEGORÍAS PROFESIONAIS

GRUPO I TITULADOS SUPERIORES

GRUPO II TITULADOS DE GRAO MEDIO

GRUPO III ESPECIALISTAS E ENCARGADOS/AS

GRUPO IV OFICIAIS DE 2º ADMINISTRATIVOS E OFICIAIS DE 2ª

GRUPO V PERSOAL SUBALTERNO, DE VIXILANCIA E DE SERVICIOS ESPECÍFICOS NON TITULADOS

GRUPO VIII PERSOAL NON ASIMILABLE

ANEXO III BAREMO DE MÉRITOS

====================================================================

 

CONSULTAS MÁIS COTIÁNS:
ADSCRICIÓN TEMPORAL HORAS EXTRAORDINARIAS PROVISIÓN VACANTES
ANTIGÜIDADE INCOMPATIBILIDADES ROUPA DE TRABALLO
ASUNTOS PERSOAIS INDEMNIZA. MORTE ou INVAL. SERVICIO MILITAR
AXUDA PARA ANTICIPOS LIBRE DESIGNACIÓN SOLDO BASE
CAMBIO DE CATEGORÍA LIC. CON SOLDO PARCIAL TOMA DE POSESIÓN
COMISIÓN PARITARIA LIC. MATERNIDADE e PATER. TRABALLO INFERIOR CATEG.
COMPLEMENTOS SALARIAIS LIC. POR CASAMENTO TRABALLO NOCTURNO
CONCURSO DE TRASLADOS LIC. POR ENFERMIDADE FAM. TRABALLO SUPERIOR CATEG.
CONCURSO OPOSICIÓN LIC. POR exames VACACIÓNS
LABORAL FIXO LIC. SEN SOLDO VACACIÓNS e I.L.T. ou B. MAT.
CONDICIÓNS ad personam PAGAS EXTRAORDINARIAS VACACIÓNS FRACCIONADAS
DESCANSO BOCADILLO PENSIÓN VIUVEZ ou ORFAN. VALOR COMPLEM. SALARIAIS
DESCANSO SEMANAL PERÍODO DE PROBA VALOR HORA EXTRA
DISPOÑIBILIDADE HORARIA PERÍODO VACACIONAL VALOR HORA NOCTUR. MES
DOMINGOS E FESTIVOS PERMUTAS VALOR TRIENIO
EXCEDENCIA FORZOSA PLUS SOLDO GRU. III XORNADA DE TRABALLO
EXCEDENCIA POR FILLOS PLUS SOLDO GRU. V XUBILACIÓN ESPECIAL
EXCEDENCIA POR INCOMP. PLUS HORA NOCTURNA XUBILACIÓN FORZOSA
EXCEDENCIA VOLUNTARIA PROMOCIÓN INTERNA 24 e 31 DE DECEMBRO
FUNCIÓNS DE CADA CATEG. PROMOCIÓN PROFESIONAL BAREMO

ATRÁS







III CONVENIO COLECTIVO ÚNICO DA XUNTA DE GALICIA 1.994



PREÁMBULO



O presente convenio colectivo para o persoal laboral de Xunta de Galicia foi negociado, dunha parte, polos membros das organizacións sindicais Unión General de Traballadores (UGT), Comisiones Obreras (CCOO), Confederación de Sindicatos Independientes e Sindical de Funcionarios (CSI-CSIF) e, doutra, pola representación legal da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 87 do Estatuto dos Traballadores.









CAPÍTULO I



ÁMBITO DO CONVENIO



ARTIGO 1.- ÁMBITO PERSOAL E TERRITORIAL

1. Ó presente convenio colectivo establece e regula as normas polas que se rexerán as relacións de carácter xurídico-laboral entre a Xunta de Galicia e o persoal que, suxeito á lexislación laboral, preste os seus servicios baixo a súa dependencia e a dos seus organismos autónomos.

2. Así mesmo, integrarase no presente convenio o persoal laboral que con posterioridade á publicación do mesmo pase a depender da Xunta de Galicia ou dos seus organismos autónomos. para iso terase en conta o disposto no artigo 48.6.e.).

 

ARTIGO 2.- VIXENCIA E DENUNCIA

O presente convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Os efectos económicos serán revisados, se é o caso, anualmente de acordo co disposto na Lei de orzamentos para a Comunidade Autónoma de Galicia.

A vixencia deste convenio rematará o 31 de decembro do ano 1.996 prorrogándose automaticamente, a non ser que se produza denuncia escrita de calquera das parte dentro dos dous últimos meses de vixencia; en tal caso, a comisión negociadora deberá reunirse dentro dos 20 días seguintes á denuncia sinalada anteriormente.

De producirse a denuncia do convenio, este prorrogarase ata a aprobación do que o substitúa.



CAPÍTULO II

ÓRGANO DE VIXILANCIA

ARTIGO 3.- COMISIÓN PARITARIA DE VIXILANCIA, INTERPRETACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO CONVENIO.

3.1. Créase unha comisión paritaria de vixilancia, control e interpretación do convenio, que entenderá da aplicación deste. A dita comisión estará composta por 11 representantes do persoal, designados polas organizacións sindicais negociadoras do presente convenio, de acordo co artigo 85.2.e) do E.T., e 11 representantes da Xunta de Galicia, que é a que se compromete a facilita-los locais onde terán lugar as reunións de traballo, así como a realiza-las tarefas burocráticas da mesma

A comisión reunirase a pedimento dunha das partes e, con carácter extraordinario, cando as circunstancias así o faga preciso.

A constitución da comisión paritaria realizarase no prazo máximo dun mes, contado dende o día seguinte ó da publicación do convenio no Diario Oficial de Galicia. A relación de membros que compoñen seralle comunicada por escrito, no prazo de 5 días a partir da súa sinatura, ó secretario ou secretaria da comisión negociadora.

Os acordos tomaranse por unanimidade entre ámbalas dúas representacións e serán recollidos en acta, dándoselle a debida publicidade nos taboleiros de anuncios dos centros e dependencias da Xunta de Galicia. De considerarse necesario, pola súa transcendencia e incidencia, poderase aproba-la publicidade do acordo no D.O.G.

Os ditos acordos vinculan a ámbalas dúas partes nos mesmos termos que o presente convenio, e incorporaranse a el como anexo.

Cando existan discrepancias referidas á interpretación xurídica das materias contidas no presente acordo, as partes poderán nomear de mutuo acordo un mediador que, unha vez aceptado o cargo, terá a obriga de presentar no prazo de 48 horas o seo dictame.

As partes deberán manifesta-lo seu posicionamento con respecto ó dictame, por escrito de xeito razoado, no prazo máximo de dez días.

3.2. Correspóndelle á comisión :

a) A interpretación da totalidade do articulado ou cláusulas do convenio.

b) A vixilancia do pactado.

c) A facultade de conciliación previa naquelas cuestións que lle sexan sometidas de común acordo polas partes.

d) Asegura-la non discriminación da muller, controlando a igualdade de trato.

e) Ser oída con anterioridade á publicación da oferta de emprego pública.

Denunciado o convenio, e ata que non se inicien novas negociacións, a comisión paritaria continuará exercendo as súas funcións verbo do contido normativo do mesmo.

A comisión paritaria, a través da Dirección Xeral da Función Pública, poderá solicitar toda clase de información relacionada coas cuestións da súa competencia, información que a administración facilitará cando o solicite unha das partes.

Os representantes do persoal e da administración na comisión paritaria poderán ser asistidos nas reunións por un asesor técnico, con voz e sen voto.

3.3. A comisión paritaria elaborará o seo propio regulamento de funcionamento.



CAPÍTULO III

ESTABILIDADE NO EMPREGO E INCOMPATIBILIDADES

 

ARTIGO 4.- ESTABILIDADE NO EMPREGO.

De conformidade co principio de estabilidade no emprego, os contratos de traballo abranguidos neste convenio entenderanse pactados por tempo indefinido, agás as excepcións legalmente establecidas.

A Xunta de Galicia, con carácter previo e non vinculante, solicitará informe ós delegados de persoal ou comité de empresa respectivo, cando se acorde a amortización de prazas vacantes. Tal informe deberá ser evacuado no prazo máximo de 15 días, entendéndose positivo no caso de non ser remitido no dito prazo.

O rexistro de persoal, mensualmente, facilitaralles ás organizacións sindicais máis representativas, comités de empresas e delegados de persoal, razón das altas e baixas que houberan durante o período.

 

ARTIGO 5.- INCOMPATIBILIDADES

O persoal laboral da Xunta de Galicia aplicaráselle o réxime de incompatibilidades, de acordo coas normas estatais e autonómicas sobre a materia.

En concreto, deberase ter presente o cumprimento da dilixencia esixida no artigo 10 da lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas en relación co artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril.

A opción dun traballador/a incurso en incompati-bilidade, que renuncie o seu posto na organización da Xunta de Galicia, non se verá limitada polo prazo mínimo de antigüidade que, para efectos de excedencia, esixe o presente convenio colectivo.

A percepción dos complementos retributivos previstos no artigo 27 do presente convenio quedará sometido ó réxime de incompatibilidades previsto na Lei 53/84 e no Real Decreto 598/1985.

CAPÍTULO IV

 

PROVISIÓN DE VACANTES E ACCESO Á CONDICIÓN DE PERSOAL LABORAL

 

ARTIGO 6.- RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO.

Son postos de traballo reservados ó persoal laboral os que así se determinen nas correspondentes relacións de postos de traballo.

No anexo II do convenio figuran as categorías do persoal laboral que integran cada grupo, así como as categorías análogas ou similares que, se é o caso, se inclúen en cada nova categoría.

Para a elaboración e publicidade das relacións de postos de traballo do persoal laboral terase en conta o disposto no artigo 25 da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 4/1991, e demais normas concordantes.

 

ARTIGO 7.- PROVISIÓN DE VACANTES

1.- Os postos de traballo que, segundo a correspondente relación de postos de traballo, deban ser desempeñados por persoal laboral proveranse polos procedementos regulados no presente artigo.

2.- Provisión definitiva:

a) Concurso de traslados.

O concurso de traslados constitúe o sistema normal de provisión de postos de traballo.

a.1.- A provisión de postos de traballo mediante o sistema de concurso realizarase logo de convocatoria pública para o efecto na que, entre outros extremos, se fará constar:

- vacante que se oferta e requisito para o seu desempeño.

- baremo de méritos aplicable a cada convocatoria.

- requisito que deben reuni-los interesados en participar no concurso. En todo caso terán a condición de persoal laboral fixo da Xunta cun mínimo de 2 anos de antigüidade na categoría dende a que concursen ou que transcorrera un mínimo de 2 anos dende que os interesados accederan á praza que veñan desempeñando con carácter definitivo, agás que este se provera polo sistema de libre designación. Exceptúanse deste requisito o persoal que se atope en excedencia voluntaria por incompatibilidade na categoría dende a que concursa.

- Prazo para presenta-las instancias.

a.2.- A convocatoria dos concursos de traslados será realizada polo conselleiro competente en materia de función pública.

a.3.- Transcorrido o prazo para a presentación de instancias, estas serán vinculantes para o peticionario e os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que se obtivese outro destino mediante convocatoria pública antes de remata-lo prazo de toma de posesión.

a.4.- Para a resolución das convocatorias de concursos de traslados o conselleiro competente en materia de función pública nomeará unha ou varias, segundo os casos, comisións de valoración, que terán a seguinte composición:

- Un presidente, que será o Director Xeral da Función Pública ou persoa en quen delegue

- Un secretario, con voz e sen voto.

- Tres representantes da Administración .

- Dous representantes dos traballadores, a proposta das organizacións sindicais presentes no Comité Intercentros.

Estas comisións terán a categoría primeira das previstas no Decreto 299/1990, do 24 de xuño.

a.5,- A resolución dos concursos, ó igual que as convocatorias deles, publicaranse no Diario Oficial de Galicia pola Consellería competente en materia de función pública ou órgano na que aquela delegue.

a.6.- Os traslados derivados da participación nun concurso terán en todo caso carácter voluntario e, en consecuencia, non xerarán dereito ó percibo de indemnización ningunha.

a.7.- O persoal laboral que ocupe postos de traballo obtidos por concurso poderán ser removidos deles por desaparición do posto como consecuencia dunha modificación da relación de postos de traballo correspondente, ou por falta de capacidade para o seu desempeño manifestada por rendemento insuficiente que non comporte inhibición. Neste caso a remoción efectuarase logo dun expediente contradictorio mediante resolución motivada da Dirección Xeral da Función Pública, contando co informe previo do Comité Intercentros.

O persoal afectado polo disposto no parágrafo anterior quedará a disposición do secretario xeral ou órgano competente en materia de persoal da Consellería respectiva, quen lle atribuirá o desempeño provisional dun posto correspondente á súa categoría profesional na mesma localidade do posto do que é removido. Se isto non é posible, a comisión paritaria proporá que sexa destinado a un posto de traballo correspondente á súa categoría profesional na localidade máis próxima á do posto do que foi removido. Ós postos e ó persoal daráselle-lo tratamento regulado no punto b.2 do presente artigo, tendo preferencia para cubri-las vacantes correspondentes á súa categoría profesional que se inclúan no primeiro concurso de traslados.

b).- Libre designación.

Proveranse por este sistema aqueles postos de traballo que, en atención á súa natureza, así se determine na correspondente relación de postos de traballo. En todo caso só poderán ser de libre designación os postos de directores de centros sociais e directores de casas da xuventude.

b.1.- A convocatoria de libre designación, que fará a Consellería respectiva á que pertence o posto ou postos convocados e se publicará no Diario Oficial de Galicia, conterá, entre outros extremos:

- os postos convocados e os requisitos requiridos para o seu desempeño.

- o prazo para a presentación de instancias.

- requisitos que deben reuni-los interesados na convocatoria. En todo caso terán a consideración de persoal laboral fixo de Xunta de Galicia.

b.2.- O persoal que sexa destinado a un posto de libre designación poderá ser removido del con carácter discrecional. Neste caso quedará á disposición do secretario xeral da Consellería respectiva, quen lle encomendará, con carácter provisional, o desempeño dun posto correspon-dente á súa categoría profesional. Os postos así cubertos deberán incluírse no seguinte concurso de traslados e os que se atopen nesta situación están obrigados a participar no devandito concurso e a solicitar tódolos postos que, correspondendo á súa categoría, se convoquen.

3.- Prazo posesorio.

Resoltas as convocatorias de concurso ou libre designación, as consellerías procederán, no prazo de tres días, a cesa-los adxudicatarios dos postos convocados, os cales disporán, para tomaren posesión, dun prazo de tres días, se o destino do novo posto radica na mesma localidade da residencia habitual do concursante ou dun mes se radica en localidade distinta. Se na data de cesamento ou de inicio do cómputo do prazo posesorio o persoal está gozando dun período de licencia, vacacións ou permiso, o cómputo dos mesmos comenzará ó día seguinte da reincorporación ó posto de traballo.

O prazo posesorio considerase, para tódolos efectos, como servicio activo.

4.- Provisión temporal ou provisional.

Os postos de traballo vacantes, cando a súa provisión se considere urxente e inaprazable, poderán ser provistos mediante esta figura sempre que concorran as seguintes circunstancias:

- informe vinculante da Consellería de destino do traballador cando o posto a prover por este sistema dependa de outra Consellería.

- o traballador deberá pertencer á mesma categoría e reuni-los requisitos que, para o desempeño do posto de traballo, esixa a correspondente relación de postos de traballo.

- a adscrición terá unha duración máxima dun ano prorrogable por outro se persisten as circunstancias que a motivaron.

- a adscrición temporal terá, en todo caso, carácter voluntario para o traballador.

- será competente para autoriza-la adscrición a Dirección Xeral da Función Pública. Da autorización darase traslado inmediato ó Comité Intercentros especificando as causas que a motivaron.

b).- Adscrición temporal por causas de saúde.

Naqueles supostos nos que as características do posto de traballo prexudiquen ou orixinen un dano na saúde do traballador, incompatible co desempeño do posto, o traballador poderá ser trasladado a outro posto de traballo.

b.1.- Para poder facer efectiva esta modalidade será precisa a concorrencia dos seguintes extremos:

- Instancia dirixida á Dirección Xeral da Función Pública na que se solicite a adscrición temporal por causa de saúde.

- a citada instancia irá acompañada do informe médico dun facultativo do sistema nacional de saúde que contará, polo menos, coa seguinte información:

- proceso patolóxico.

- relación causa-efecto do proceso patolóxico co posto desempeñado.

- observacións que o facultativo considere pertinentes.

- ratificación do informe médico polo médico de empresa da Xunta de Galicia.

- informe favorable da comisión paritaria.

- autorización da Dirección Xeral da Función Pública.

b.2.- Autorizada a adscrición temporal por razón de saúde, a comisión paritaria examinará os postos de vacantes da mesma categoría ós que podería ser destinado o traballador afectado por compri-los requisitos que, para o desempeño do mesmo, figuren na correspondente relación de postos de traballo. Determinada a adecuación a comisión paritaria fará proposta dela á Dirección Xeral de Función Pública, que procederá a dicta-la correspondente resolución.

b.3.- Se non existe ningún posto adecuado dentro da categoría á que pertence o afectado, poderá ser adscrito, polo procedemento anteriormente exposto, a outro dunha categoría integrada no grupo inmediato inferior.

b.4.- A adscrición temporal por causas de saúde en ningún caso suporá ascenso de categoría e grupo.

c).- Adxudicación de posto a traballadores declarados en situación de incapacidade permanente total.

Cando un traballador sexa declarado polo órgano competente en situación de incapacidade permanente total, poderá adxudicárselle un posto compatible coa súa nova situación e respecto do cal o interesado cumpra cos requisitos fixados na correspondente relación de postos de traballo. Para este efecto entenderase que cumpre os requisitos cando posúa a titulación académica requirida para o acceso á categoría, do mesmo ou inferiores grupos ó da súa, á que estea reservada o posto de traballo. Este persoal terá preferencia para cubri-las vacantes reservadas á categoría que pase a desempeñar que se inclúan no primeiro concurso de traslados.

Para estes efectos seguirase un procedemento similar ó previsto no punto b) do presente artigo.

5.- Os postos cubertos polos procedementos regulados no punto 4) do presente artigo terán, en todo caso, natureza de cobertura provisional, debendo ser incluídos necesariamente no primeiro concurso de traslados que se convoque.

6.- Contratación de persoal laboral temporal.

Os postos de traballo vacantes que non se provexan polos sistemas regulados no punto 4) do presente artigo e se considere necesaria a súa provisión poderán cubrirse mediante a contratación de persoal laboral temporal. Para iso seguirase o seguinte procedemento:

a) Chamarase, segundo a categoría de que se trate, o primeiro aspirante da lista elaborada ó amparo do Decreto 252/1992, do 30 de xullo, e de acordo co sistema previsto nel.

b) De non existiren lista elaboradas para o efecto solicitarase do INEM, de xeito xenérico, un mínimo de tres traballadores en situación de desemprego, por cada unha das vacantes que se pretenden cubrir. Así mesmo, no taboleiro de anuncios da Consellería ou centro de que se trate, daráselle publicidade á citada petición, a fin de que os interesados nas vacantes ofertadas poidan participar no proceso selectivo que se realice para o efecto. A composición do órgano de selección será a regulada no artigo 11. Na selección aplicarase o baremo que figura como anexo III do presente convenio.

As vacantes provistas polos procedementos fixados nos apartados a) e b) anteriormente incluirase, necesariamente, no primeiro concurso de traslados que se convoque.

 

ARTIGO 8.- ACCESO A CONDICIÓN DE LABORAL FIXO

1.- O acceso ás distintas categorías de persoal laboral fixo de Xunta de Galicia realizarase, logo de convocatoria pública realizada para o efecto, mediante concurso-oposición.

2.- O concurso-oposición consistirá na superación das probas correspondentes así como na posesión previa, debidamente valorada, de determinadas condicións de formación, méritos ou niveis de experiencia. En todo caso será necesario, para supera-lo proceso selectivo, supera-la fase de oposición.

3.- O órgano competente para convocar probas de acceso será a Consellería competente en materia de función pública.

 

ARTIGO 9.- QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA E CAMBIO DE CATEGORÍA.

1.- Nas convocatorias de acceso reservarase un mínimo do 50% das vacantes ofertadas para cubrir pola quenda de promoción interna.

2.- Para participar nesta quenda os interesados deberán reuni-los seguintes requisitos:

- ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos na categoría dende a que se accede.

- pertencer a unha categoría integrada no grupo inmediato superior ou inferior ó que se pretende acceder, para o suposto de promoción interna vertical, ou do mesmo grupo para a promoción interna horizontal.

- os demais que, con carácter xeral, se fixen na correspondente convocatoria.

3.- Os aspirantes da quenda de promoción interna serán eximidos dalgunhas das probas previstas para a quenda libre.

4.- As vacantes non cubertas por esta quenda acumularanse á quenda de acceso libre.

 

ARTIGO 10.- CONVOCATORIAS.

1.- Será competente para realiza-las convocatorias de acceso á condición de laboral fixo o conselleiro competente en materia de función pública.

2.- Nas convocatorias incluirase, en todo caso, os seguintes extremos:

- Número de vacantes ofertadas por categorías e requisitos que, para participar no proceso selectivo correspondente a cada categoría, deben reuni-los aspirantes.

- Número de vacantes que, do total ofertado, se reservan para a quenda de promoción interna.

- Sistema de selección, forma de desenvolvemento das probas e valoración destas.

- Baremo de méritos aplicable.

- Composición do tribunal.

- Prazo para a presentación de instancias.

 

ARTIGO 11.- TRIBUNAIS DE SELECCIÓN.

1.- Os tribunais de selección estarán formados por un número non superior a sete membros, dous dos cales serán designados polos representantes dos traballadores. Para formar parte dos tribunais será necesario posuír unha titulación académica de igual ou superior nivel á solicitada como requisito ós aspirantes.

2.- Tódolos membros do tribunal actuarán con voz e voto.

3.- O tribunal non poderá declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas ofertadas.

4.- Os membros do tribunal deberán absterse de formar parte deles cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e notificaranllo ó órgano convocante. Os aspirantes poderán recusalos de acordo co artigo 29 da mencionada lei.

5.- Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, para todas ou algunhas das probas. Os ditos asesores limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, en base exclusivamente ás cales colaborarán co órgano de selección.

 

ARTIGO 12.- RESOLUCIÓN

1.- Concluído o proceso selectivo o tribunal remitiralle ó órgano convocante a proposta de aspirantes que o superaron para proceder ó seu nomeamento.

1.1.- De existir máis dun tribunal, será o designado como nº 1 o encargado de recibi-las propostas de aprobados dos demais, elabora-la proposta conxunta de aspirantes que superaron o proceso selectivo e elevala ó órgano convocante para o seu nomeamento.

2.- Recibida/s a/s proposta/s polo/s tribunal/is, o órgano convocante elevará a definitiva a proposta e publicaraa no DOG.

2.1.- Os aspirantes incluídos na proposta publicada no DOG disporán dun prazo de 15 días para presentaren, na Dirección Xeral da Función Pública, a documentación acreditativa de cumpriren os requisitos esixidos na convocatoria.

2.2.- Os que dentro do prazo indicado, salvo os casos de forza maior apreciada pola Dirección Xeral da Función Pública, non presenten a documentación acreditativa de cumpriren os requisitos esixidos na correspondente convocatoria, non poderán ser nomeados persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que poderían incorrer por falsidade na súa instancia.

2.3.- Na resolución pola que se publique a proposta definitiva poderán incluírse os postos vacantes que se lles oferten ós aspirantes que superaron o proceso selectivo, con indicación dos requisitos necesarios para o seu desempeño.

2.4.- Rematado o prazo o órgano convocante resolverá o seu nomeamento como persoal laboral da Xunta de Galicia na categoría que corresponda. Dita resolución publicarase no DOG.

Así mesmo, de utilizarse a previsión á que se refire o punto 2.3 do presente artigo, na resolución de nomeamento incluirase o destino adxudicado a cada aspirante. Esta adxudicación farase tendo en conta os seguintes extremos:

- terán preferencia para a adxudicación de destino os aspirantes provenientes da quenda de promoción interna e, dentro destes, a preferencia virá dada pola orde de prelación resultante do proceso selectivo.

- Adxudicado destino ós aspirantes da quenda de promoción interna, adxudicaráselles ós da quenda libre segundo a orde de prelación dos mesmos.

2.5.- Os postos de traballo adxudicados, cos requisitos e as condicións que se regulan neste capítulo, ó persoal de novo ingreso e ó que superara procesos selectivos pola quenda de promoción interna, terán natureza de destino definitivo, todo isto de acordo co disposto no artigo 7.2 do presente convenio.

ARTIGO 13.- TOMA DE POSESIÓN.

1.- Concluído o proceso regulado nos artigos anteriores o persoal nomeado laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicatario dos seus respectivos postos de traballo disporá do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino.

2.- Os modelos de contrato axustaranse á lexislación vixente.

 

ARTIGO 14.- PERÍODO DE PROBA.

O período de proba será o seguinte:

a) Para as categorías incluídas nos grupos I e II, tres meses.

b) Para as categorías incluídas no grupo III, dous meses

c) Para as categorías incluídas nos grupos IV e V, un mes.

Durante o período de proba o traballador terá os mesmos dereitos e obrigas que o persoal fixo do cadro de persoal da súa mesma categoría profesional, agás os derivados da resolución de relación laboral, que se poderá producir a petición de calquera das partes durante o seu transcurso. As situacións de I.L.T. interrompen o período de proba.

En caso de que non se supere o período de proba, a Administración notificarallo ó traballador por escrito motivado, dando coñecemento ó comité de empresa ou ós delegados de persoal. A rescisión durante este período non dará dereito a indemnización ningunha .

CAPÍTULO V

ORGANIZACIÓN E DIRECCIÓN DO TRABALLO

ARTIGO 15.- TRABALLOS DE SUPERIOR E INFERIOR CATEGORÍA.

Amais do establecido no artigo 39 do Estatuto dos Traballadores, teranse en conta os seguintes principios:

1. A realización de traballos de categoría superior ou inferior responderá a necesidades excepcionais e peren-torias e durará o tempo mínimo imprescindible.

A ser posible, comuniceránselle ó traballador, por escrito, con 48 horas de antelación e, en todo caso, con anterioridade ó inicio do cambio de posto de traballo.

2. A ocupación dun posto de traballo en réxime de desempeño de función de categoría superior non poderá exceder de seis meses consecutivos ou dez alternos. Transcorrido o período citado, e persistindo as mesmas circunstancias, o desempeño das funcións realizaranse por rotación semestral. no suposto de existir máis dun traballador que reúna os requisitos e a capacidade necesarios da categoría a cubrir, sempre que se desenvolvan as funcións adecuadamente. O límite de seis meses consecutivos ou dez alternos non será aplicable cando non sexa posible a rotación por non existiren no centro de traballo outros traballadores que reúnan as condicións necesarias de acordo co disposto no presente punto.

A praza deixada vacante, por estes traballadores ou polos seus sustitutos, cubriranse por contratación temporal, de acordo co establecido no artigo 7 do presente convenio.

3. A realización de funcións de categoría superior requirirá autorización expresa da Dirección Xeral da Función Pública. Se a urxencia na cobertura da vacante non permite a autorización previa requirirase que, no prazo de quince días, a Dirección Xeral da Función Pública ratifique o citado desempeño.

Da autorización ou ratificación daráselle conta ó Comité Intercentros.

4. Os postos de traballo cubertos polo procedemento regulado no presente artigo incluiranse, necesariamente, no primeiro concurso de traslados que se convoque, agás que a praza se atope reservada o seu titular.

5. O simple desempeño dunha categoría superior non consolidará o salario nin a categoría superior. O único procedemento válido para consolidar unha categoría superior é o de supera-lo correspondente proceso selectivo nos termos regulados no capítulo IV do presente convenio.

6. O/a traballador/a só poderá realizar traballos da categoría inmediatamente inferior á súa durante un só período non superior a trinta días consecutivos, sen prexuízo do establecido no apartado 2 do artigo 39 do Estatuto dos Traballadores.

Transcorrido o período citado, o/a traballador/a non poderá volver a ocupar un posto de categoría inferior ata que transcorra un ano.

As consellerías afectadas comunicaranlles ós comités de empresa ou, se é o caso, delegados de persoal tódalas modificacións que se produzan, recollidas en cada un dos apartados anteriores.

 

ARTIGO 16.- ORGANIZACIÓN DO TRABALLO

Conforme a lexislación vixente, a organización do traballo é facultade da Xunta de Galicia, e a súa aplicación práctica correspóndelles ós titulares das distintas unidades orgánicas dos ámbitos administrativos afectados polo presente convenio, sen prexuízo dos dereitos e facultades de audiencia e información recoñecidos ó persoal nos artigos 40, 41, 64.1 do Estatuto dos Traballadores, así como o lexislado nesta materia na Lei Orgánica de Liberdade Sindical (LOLS).

Os titulares das unidades administrativas reuni-ranse co persoal adscrito á dita unidade, que poderá ir acompañado dos seus representantes sindicais se así o solicitase, cunha periodicidade que se determinará en cada caso cos representantes do persoal do centro de traballo respectivo; todo iso para efectos de información sobre os plans de traballo, e recibir suxestións verbo dos ditos plans e da maneira de asigna-los traballos.

O incumprimento desta norma terá que poñerse en coñecemento dos representantes do persoal nos centros, co fin de que estudien as posibles responsabilidades e eleven o informe correspondente á dirección do centro para que tome as medidas oportunas. O dito informe trasladarase á comisión paritaria.

Serán dereitos e obrigas dos representantes do persoal:

- Participar, nos termos pactados, nos órganos paritarios, no estudio e proposta das condicións de traballo nas distintas unidades administrativas.

- Traslada-las suxerencias que, en tal sentido, lles comuniquen os seus representados.



ARTIGO 17.- PERMUTAS

Concederanse permutas do posto de traballo entre o persoal fixo cando concorran as seguintes circunstancias:

- Que conten con máis de dous anos de servicios continuados na Administración.

- Que teñan idénticas categorías laborais.

- Que lles falte ós/as traballadores/as máis de 5 anos para a xubilación.

- Que se emita informe previo favorable das xefaturas respectivas e do comité de empresa ou Comité Intercentros cando afecte a máis dun comité de empresa.

No prazo de cinco anos, a partir da concesión dunha permuta, non se lle poderá autorizar outra a calquera dos interesados.

A concesión da permuta non dará dereito ó aboamento de gastos nin de indemnizacións de ningunha clase.

A Xunta de Galicia levará a cabo as xestións precisas para que este tipo de permuta se poida realizar con persoal laboral doutras comunidades autónomas. Estas permutas, en caso de se levaren a cabo, comunicaránselle ó Comité Intercentros.



CAPÍTULO VI

 

XORNADA, HORARIO DE TRABALLO,

DESCANSO E VACACIÓNS

ARTIGO 18.- XORNADA DE TRABALLO

a) Como regra xeral, a xornada de presencia e traballo efectivo será de 37 horas e 30 minutos semanais, de luns a venres, en tódolos centros de traballo da Xunta de Galicia, de forma continuada en termos xerais en quendas de mañá, tarde e noite, agás naqueles centros en que, pola natureza das súas funcións, se faga necesariamente a xornada partida; a xornada máxima anual será de 1.665 horas. Non terán natureza de horas extraordinarias aquelas que excedendo das 37,30 horas semanais, non superen as 1.665 horas anuais.

b) A dirección de cada centro, logo da autorización da Consellería da que depende, e os representantes dos traballadores poderán negociar un horario ou unha xornada distinta á expresada no apartado anterior cando, polas súas peculiaridades especificas, así se considere necesario, respectándose en todo caso, a capacidade organizadora que lle corresponde á Xunta de Galicia.

c) Para os/as traballadores/as que desenvolvan a súa actividade en centros ou lugares de traballo non fixos ou itinerantes o computo da xornada normal de traballo comenzará a partir do lugar de reunión establecido, ou centro de control, de acordo co que dispoña a Consellería correspondente, tanto na entrada coma na saída do traballo. Todo isto coas excepcións previstas no presente convenio.

d) Tódolos/as traballadores/as con xornada continuada afectados por este convenio terán dereito a unha pausa retribuída de 30 minutos durante a xornada de traballo, ou de 15 minutos, de realizaren a xornada partida.

e) Respectarase o dereito adquirido legalmente determinado dos traballadores/as que teñan un horario e/ou unha xornada semanal laboral inferior á fixada neste artigo, todo iso sen prexuízo do disposto no punto b) do presente artigo.

 

ARTIGO 19.- TRABALLO NOCTURNO

O período de tempo abranguido entre as 22 horas e as 6 horas da mañá, salvo que o salario sa establecera atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, considerarase na súa totalidade nocturno, e na súa totalidade festivo ou domingo cando se inicie a xornada na véspera do domingo ou festivo. O salario correspondente á xornada de traballo realizada no período determinado anteriormente incrementarase un 30 %, en concepto de plus de nocturnidade, sobre o salario que corresponda á xornada ordinaria, aboándoselle soamente ó persoal que realice a xornada completa dentro da quenda; en caso contrario será proporcional ó tempo investido de xornada nocturna. Este plus seralle aboado así mesmo ó persoal afectado durante o período das súas vacacións ordinarias.

Naqueles centros de traballo nos que, por razón de organización, a quenda de noite finalice despois das seis horas, o plus de nocturnidade estenderase, unicamente para efectos económicos, ata o termino da dita quenda.

Establécese, para efectos de cálculo do plus de nocturnidade, a seguinte fórmula de indemnización por este concepto e por hora nocturna traballada:

VALOR DO PLUS POR HORA NOCTURNA

Salario bruto anual + antigüidade x 0,30 =30% h. nocturna

                         1.665

Este plus deberalles ser aboado ós vixilantes nocturnos e ós gardas de noite que non o viñan percibindo, así como a tódolos traballadores que desempeñen as súas funcións durante o período nocturno, sempre que o seu salario non fose calculado tendo en conta o incremento pola natureza do posto de traballo.

No suposto daqueles centros nos que pola distribución de quendas sexa posible determina-lo número de horas nocturnas que realizará o traballador ó longo do ano, para efectua-lo pagamento e coa finalidade de facilita-la xestión, poderase transforma-lo dito plus nunha percepción fixa de carácter mensual procedendo da seguinte forma:

1º.- Determina-lo cálculo do número de horas anuais que realice o traballador durante o período nocturno, que é o comprendido entre as 22 horas e as 6 horas da maña.

Valor hora x nº anual de

horas nocturnas

2º.- Valor mensual = __________________________________________

11

A cada traballador/a que realice a súa xornada en horario nocturno proporcionaráselle café ou bebida quente.

 

ARTIGO 20.- DESCANSOS E FESTIVOS

1. Descanso semanal: Os traballadores terán dereito a un descanso mínimo semanal de dous días ininterrompidos que, como regra xeral, abranguerá o sábado e o domingo.

En todo caso, e sen prexuízo da xornada semanal pactada, terase dereito a desfrutar, en semanas alternas, do descanso semanal en domingo e día laborable anterior.

O desfrute de descanso semanal é obrigatorio e non acumulable, agás naqueles casos nos que, a pedimento do/a traballador/a e por causa xustificada, se autorice a súa acumulación. A valoración destas situacións farase conxuntamente entre a dirección e o comité de empresa ou os/as delegados/as de persoal, sendo tamén informadas as seccións sindicais.

Dadas as especiais peculiaridades dalgúns centros respectarase a capacidade organizadora de Consellería da que dependa, garantindo, se é necesario, a presencia e a dotación de persoal que permita o normal funcionamento dos centros durante a xornada do sábado.

2. Domingos e festivos: Un domingo ou festivo de traballo inhabilita, como mínimo, a traballa-lo festivo ou domingo seguinte, fixándose criterios de rotación para o persoal suxeito a estas circunstancias, todo iso sen prexuízo do disposto no artigo 18.b).

Para os servicios que haxa que prestar necesariamente domingos e festivos establecerase un descanso adicional do 75 por 100 do tempo de prestación. Este descanso adicional será pactado de mutuo acordo entre ámbalas dúas partes.

3. Todo o persoal laboral vinculado a este convenio desfrutará como descanso os días 24 e 31 de decembro. se por necesidades do servicio non se puidesen desfrutar eses días, facilitarase un descanso equivalente no mes de xaneiro seguinte, cunha compensación adicional igual á que teñen os domingos e festivos.

 

ARTIGO 21.- VACACIÓNS

Todo o persoal laboral acollido a este convenio cun ano mínimo de servicio terá dereito a unhas vacacións retribuídas de duración igual á do mes natural en que se desfruten. De non levar un ano de servicios desfrutaranse as vacacións en proporción ós días traballados, a razón de 2 días e medio por mes ou fracción de mes traballado.

A distribución dos períodos de vacacións farase por acordo entre a dirección do centro e a representación do persoal e deberá terse en conta a natureza específica dos centros e o seu correcto funcionamento.

O calendario de vacacións ultimarase en cada centro antes do 30 de marzo de cada ano, debéndose efectua-las solicitudes antes do último día do mes de febreiro, con previa articulación das preferencias do seu desfrute.

Cando por necesidades do servicio o persoal teña que desfrutar obrigatoriamente as súas vacacións fóra do período establecido, as vacacións serán de 30 días laborables.

As vacacións anuais desfrutaranse no período abranguido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro. Os traballadores poderán solicita-lo fraccionamento das vacacións en dous períodos, comezando sempre nos días 1 ou 16 de cada mes, como norma xeral. Cando a conveniencia do servicio aconselle o peche do centro, o desfrute das vacacións axustarase a ese período.

En tódalas situacións de ILT ou baixa maternal que coincidan coas datas nas que deberán desfrutarse as vacacións o desfrute pospoñerase ás datas posteriores á situación de alta agás que o período de baixa se iniciase con posterioridade ó principio do desfrute das vacacións e que este non se estenda máis alá do trinta e un de decembro do ano en curso.

En todos aqueles centros que presenten unhas características especificas, tales como centros de asistencia e educación especial, garderías, escolas infantís, residencias de estudiantes, residencias de anciáns, ensino, etc., no suposto de ausencia masiva de asistidos ou de que non se realicen actividades propias da Consellería neles, mante-ranse unicamente os servicios mínimos indispensables para a atención dos asistidos que permanezan neles e para o mantemento das instalacións dos centros, quedando libre de servicio o resto do persoal. A prestación dos ditos servicios mínimos distribuirase proporcionalmente entre os traballadores afectados.

As vacacións do persoal docente afectado por este convenio colectivo serán as establecidas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o persoal docente dependente dela. Aqueloutras consellerías que, tendo persoal docente, necesiten establecer outras vacacións ou horario distinto do ordinario, negociarano cos representantes dos traballadores, salvo o persoal que en tal sentido xa o teña recoñecido legal ou convencionalmente.



CAPÍTULO VII

LICENCIAS E EXCEDENCIAS

ARTIGO 22.- LICENCIAS E PERMISOS CON SOLDO

Todo o persoal laboral vinculado por este convenio, logo de aviso e posterior xustificación ( agás os asuntos propios), poderán desfrutar das seguintes licencias:

a) Por casamento, o persoal laboral terá dereito a unha licencia retribuída de quince días naturais ininterrompidos.

b) Polo nacemento ou adopción dun/ha fillo/a e pola morte, enfermidade grave ou intervención cirúrxica do cónxuxe ou persoa que se atope ligada de forma permanente por análoga relación de afectividade co/a beneficiario/a ou dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, dous días cando o suceso se produza na mesma localidade e catro días cando sexa en localidade distinta.

c) Poderá dispoñerse de nove días o ano, como máximo, de permiso para asuntos persoais sen xustificación, atendendo sempre á necesidades do servicio, que deberá ser expresamente xustificada. Se os servicios prestados son inferiores ó ano natural, os días a desfrutar serán en proporción ó tempo efectivamente traballado. Este permiso poderá desfrutarse ata o 15 de xaneiro do seguinte ano natural, non podéndose acumular ós correspondentes dese ano.

d) Por traslado de domicilio sen cambio de residencia, un día, en caso de ter cambio de residencia, dous días.

e) Para concorrer a exames finais o demais probas definitivas de aptitude e avaliación en centros oficiais, durante os días da súa celebración.

f) Poderá concederse permiso polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

g) Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal, nos termos legalmente establecidos.

 

ARTIGO 23.- LICENCIA CON SOLDO PARCIAL E SEN SOLDO

1.- Licencia con soldo parcial: Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de 6 anos, a un ancián ou a un diminuído físico ou psíquico, que non desempeñe ningunha outra actividade retribuída, ou non perciban ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional, terá dereito a unha reducción da xornada total ordinaria dun máximo de tres horas, sufrindo como mingua salarial o importe proporcional ó tempo de reducción. A solicitude deste permiso efectuarase con quince días de antelación ó seu desfrute.

2.- Licencia sen soldo: Os traballadores fixos que leven como mínimo un ano de servicio poderán pedir licencias sen soldo, por un prazo non inferior a quince días e non superior a seis meses, nun intervalo de tempo de dous anos.

O traballador solicitará a licencia con, polo menos, quince días de antelación á data do inicio do desfrute; a Administración contestará dentro de este prazo e do non facelo entenderase concedido o permiso.

 

ARTIGO 24.- LICENCIAS ESPECIAIS E CONDICIÓNS DE TRABALLO NOS SUPOSTOS DE MATERNIDADE E PETERNIDADE.

A traballadora xestante terá dereito a ocupar, durante o embarazo, un posto de traballo e/ou quenda distintos dos seus, sempre que exista tal posto e quenda alternativos e sempre que, segundo prescrición dun facultativo do sistema da sanidade pública, o seu posto ou quenda resulten nocivos para a súa saúde ou a do feto. Este cambio de posto de traballo non suporá modificación da súa categoría, nin mingua dos seus dereitos económicos.

Finalizada a causa que motivou o cambio de posto de traballo, procederase á reincorporación ó seu destino orixinal.

A traballadora embarazada terá dereito a escolle-la data das súas vacacións regulamentarias.

O traballador/a cun fillo menor de nove meses terá dereito a unha hora diaria de ausencia do traballo. Este período de tempo poderá dividirse en dúas fraccións ou substituilo por unha reducción da xornada dunha hora.

No non previsto neste apartado rexerá o regulado na Lei de maternidade, adopción e paternidede.

 

ARTIGO 25.- SUSPENSIÓN DURANTE O SERVICIO MILITAR.

Durante o tempo no que un traballador fixo estea prestando o servicio militar obrigatorio ou voluntario, ou servicio social substitutivo, o contrato quedará suspendido, con reserva do posto de traballo. O traballador deberá reincorporarse no prazo máximo de trinta días naturais a partir da cesación do servicio.

O traballador en servicio militar ou servicio social substitutivo, e mentres dure este, percibirá o 50 % do seu salario base se ten algún familiar ó seu cargo. Se non se dá esta circunstancia, percibirá soamente es pagas extraordinarias na contía regulada no artigo 28.

Estas percepcións serán incompatibles co cobro dalgunha retribución salarial de índole castrense; tal con-cepto non abrangue os chamados "haberes do soldado".

O tempo prestado no servicio militar abrigatorio ou prestación social substitutoria será computado para efectos de antigüidade.

 

ARTIGO 26.- EXCEDENCIAS

1. Para o coidado de fillos/as menores de tes anos.

Tódolos traballadores fixos terán dereito a unha excedencia por tempo non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo/a, contando dende a data no nacemento deste/a. Os fillos sucesivos darán lugar a un novo período de excedencia que, se é o caso, poñerá fin ó que viñera desfrutando.

Non será preciso que o traballador asgote o tempo de excedencia para reincorporarse cando, por motivos personais acreditados, así o solicite.

Concederáselle este mesmo dereito ó traballador verbo dos/as fillos/as adoptivos/as.

Durante o desfrute da excedencia para o cuidado de fillos naturais e durante o primeiro ano para adoptados, ó traballador reservaráselle o posto de traballo e quenda que viñera desempeñando con caráter definitivo.

Ó persoal que se atope nesta situación computaráselle, para efectos de antigüidade, o primeiro ano de desfrute da mesma para os fillos adoptivos e a duración da mesma para os naturais.

2. Voluntaria.

a) Os traballadores fixos, cunha antigüidade mínima de dous anos na Xunta de Galicia, poderá solicitar, cunha antelación minima de 45 días, excedencia voluntaria por un período de tempo non inferior a un ano nin superior a dez anos.

Unha vez solicitada, resolverase o procedente e notificaráselle ó interesado con quince días de antelación á data do inicio proposta pola persoa interesada.

O traballador que solicite o seu reingreso terá dereito a ocupa-la primeira vacante, con carácter provisional, que se produza no seu grupo e categoría, agás no caso de concorrer un excedente forzoso, que terá preferencia. Se a vacante fose de inferior categoría á que antes tiña, poderá optar a ela, na espera de que xurda a que corresponda á súa categoría.

O reingreso producirase por orde de antigüidade na solicitude.

Se o interesado non solicita o reingreso ou un novo período de excedencia, que non supere un total de 10 anos, polo menos 15 días antes de finaliza-lo prazo sinalado para a excedencia que desfruta, perderá o seu dereito ó posto de traballo. En todo caso, non se poderá solicitar nova excedencia voluntaria antes de transcurrido un ano.

b) Para efectos de reingreso e de concesión de prórroga, ós traballadores que viñan desfrutando dunha situación de excedencia voluntaria concedida con anterioridade á entrada en vigor do primeiro convenio único da Xunta de Galicia seralles de aplicación o sistema regulado no presente convenio.

c) Ós excedentes voluntarios e ós excedentes para o coidado de fillos adoptivos que xa desfrutara máis dun ano de dita excedencia concederáselle/lo reingreso ó servicio activo, de existiren vacantes, con carácter provisional, ata que obteñan destino con carácter definitivo a través do sistema de promoción de vacantes correspondiente.

Os postos de traballo provistos mediante reintegro provisional incluiránse, necesariamente, no primeiro concurso de traslados que se convoquen, e os reingresados provisionais teñen a obriga de participar no mesmo, e solicitar tódalas vacantes correspondentes á súa categoría profesional; so non o fan, serán declarados de oficio na situación de excedentes voluntarios.

Os reingresados provisionais que, participando no concurso de acordo co disposto no parágrafo anterior, non obtiveran posto de traballo quedarán na situación prevista no artigo 7.2.b)2.

3. Forzosa.

A excedencia forzosa ó persoal laboral fixo, que dará dereito a conserva-lo posto de traballo, quenda e centro, e a que se compute a antigüidade durante a súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo.

O reingreso deberá efectuarse no prazo máximo de trinta días naturais a partir da cesación no cargo. Para este efecto, entenderase por cargo público a elección para deputado ou senador no Parlamento español, deputado de asambleas autonómicas, concelleiro dun concello ou nomeamento para un cargo de carácter político dentro da Administración pública. Se non solicicita o reingreso no prazo citado serán declaradas, de oficio, en excedencia voluntaria por interese particular.

A reincorporación producirase na mesma categoría profesional e quenda que tiña o traballador ó se inicia-la devandita excedencia, computándoselle o tempo transcurrido para efecto de antigüidade. Este reingreso terá carácter inmediato dende o momento no que se solicite e, en todo caso, un mes despois do cesamento no cargo.

4. Excedencia voluntaria por incompatibilidade.

Procederá declarar de oficio ou por instancia de parte nesta situación ó persoal laboral fixo cando estea en servicio activo na Xunta de Galicia noutra categoría, corpo ou escala, a non ser que obtivesen a oportuna compatibilidade ou pasen a prestar servicios en organismos ou entidades do sector público e non lles correspondan quedar noutra situación.



CAPÍTULO VIII

CONDICIÓNS ECONÓMICAS

ARTIGO 27.- ESTRUCTURA DO SALARIO.

As retribucións do persoal acollido ó presente convenio son as reflectidas no seu anexo I, estando constituídas polo salario base e os complementos salariais que a continuación se define:

a) Salario base: é a parte de retribución do traballor/a fixada para a xornada ordinaria de traballo, en función da súa categoría profesional. A súa contía figura recollida no anexo I-A por períodos anuais. Así mesmo, no anexo I.B figuran as contías que, en concepto de salario base, terán dereito a percibir, ademais das fixadas no anexo I-A, as categorías que nel se relacionan.

b) Complementos salariais :

1.- Antigüidade: o complemento de antigüidede será de tres mil seiscentas setenta e unha peseta mensuais para tódolos traballadores, calquere que sexa a súa categoría profesional, que perfeccionen trienios a partir da entrada en vighor do presente convenio. O trienio cunprido terá efectos económicos desde o primer día do mes seguinte a aquel no que se perfeccione, excepto se se cumpre na primeira quincena do mes, xa que neste caso os seus efectos serían desde o primeiro día do mes de cumprimento.

As cantidades que viñan percibindo os traballadores polo concepto de antigüidade antes de entrada en vigor do primeiro convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia non experimentarán ningún incremento, agás no seguinte caso:

Se o importe do trienio que resulte do montante que vén percibindo o traballador pola antigüidade perefeccionada antes do 1-1-1989 fose inferior ó valor actual do trienio, aquel incrementarase, con efectos do 1 de outubro de 1994, ata o valor actual.

Para o cómputo de trienios, considerarase os servicios prestados en período de proba ou excedencia forzosa con cargo público. Así mesmo, teranse en conta os servicios prestados durante o tempo de duración do servicio militar ou equivalente.

A efectos de antigüedades e segundo o procedemento fixado pola Oreden do 12 de decembro de 1990, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, recoñeceranse os servicios prestados en calquera Administración Pública con anterioridade á adquisición da condición de persoal laboral fixo ó servicio da Xunta de Galicia.

A remuneración por trienios dos traballadores a tempo parciál sará proporcional á estabelecida para os traballadores fixos a xornada completa. O cómputo do tempo para a consolidación dos trienios determinaranse como se fose contratado a tempo completo.

2.- Plus de convenio ó posto de traballo: é o complemeto salarial que, na contía que para cada posto de traballo, se é o caso, figura na correspondente relación de postos de traballo, retribúe as aspeciais dificultades materiais e técnicas que esixa o desempeño do posto de traballo e, entre outras, a especial dedicación, dirección e/ou conducción de vehículos.

Soamente terán dereito á percepción deste plus aqueles traballadores que efectivamente desempeñan o posto de traballo que o teña asignado na relación de postos de traballo.

3.- Perigosidade, toxicidade e penosidade (Anexo I.C): este complemento salarial, de natureza funcional e ocasional, só se derivará das carecterísticas especiais dun determinado posto de traballo, medidas obxetivamente. En consecuencia, terán necesariamente a súa causa no recoñecementoexpreso da autoridade laboral competente, logo de informe do Gabinete de Seguridad e Hixiene no Traballo.

A percepción simultanea destes pluses só será posible cando concorran causas diferentes que fundamenten cada un deles previa comprovación, medición e análisi das condicións e efectos, obxetivamente determinados para cada posto concreto.

4.- Dispoñilidade horaria (Anexo I-C): é a indemnización que lle corresponde percibir ó persoal laboral afectado polo apartado 5º do artigo 29 do presente convenio.

As hora de presencia, no suposto de conductores alleos ó Parque Movil da Xunta de Galicia, non poderán ser acasionais, senón permanentes e recoñocidas pola autoridade competente.

 

ARTIGO 28.- PAGAS EXTRAORDINARIAS E PERCEPCIÓN DE HABERES.

a) Todo persoal incluído no ámbito de aplicación deste convenio terá dereito a percibir dúas pagas extraordinarias, que se aboarán co salario mensual de xuño e decembro.

A contía de cada unha da pagas sera igual a unha mensalidade do salario base do convenio máis antigüidade.

b) As retribucions pagaranse mensualmente mediante nómina, na que se reflectirán con absoluta claridade tódolos aspectos retributivos, recollendo así mesmo tódolos conceptos polos cales se produzan descontos nos haberes dos traballadores.

O modelo de nómina será obrigatoriamente igual para tódolos traballadores incluídos no ámbito de aplicación deste convenio.

Aqueles traballadores/as que na entrada en vigor do presente convenio veñan percibindo máis de dúas pagas extraordinarias ó ano, respectaráselle/la súa actual contía, sempre que esta última supere a que lle correspondería por aplicación do disposto no presente artigo.

 

ARTIGO 29.- HORAS EXTRAODINARIAS.

1.- As horas extraordinarias son aquelas horas ou fracións que excedan da xornada normal de traballo e teñan un carácter excepcional.

2,- Tenderase a reducir ó mínimo imprescindible as horas extraordinarias que non se deban a imprevistos e teñan un carácter excepcional.

Como norma xeral a realización de horas extraordinarias terá sempre un carácter voluntario.

O seo límite será de 80 en cómputo anual.

3.- A dirección do centro ou organismo informará mensualmente ós delegados de persoal ou comités de empresa sobre o número de horas extraordinarias que se van realizar, especificando as causas, distribución, sesións e relacións nominais do personal laboral que as realiza.

4.- Sempre que a organización do traballo o permita, as horas extraordinarias compensaranse por tempo de descanso.

Para compensar por tempo de descanso as horas extraodinarias, computaranse cada unha destas por 1,45 horas de descaso en dias laborables, e 2,15 horas en domingos e festivos.

Poderanse acumular eses tempos de descanso ata constituíren xornadas completas, que nunca se poderán sumar ós períodos de vacacións e permisos ordinarios pactados no calendario laboral de cada centro.

Para efectos económicas, o valor da hora extraordinaria será o resultante de incrementar nun 75 % o valor da hora ordinaria. O seu cálculo farase coa fórmula seguinte:

Hora extra = S. bruto anual + antigüidade x 1,75

1.665 h. ( Nº h efectivas anuais)

Para as horas extraordinarias que se fagan en domingos ou festivos o cociente multiplicador será de 2,25.

5- No referente á dispoñibilidade horaria dos conductores, esta queda difinida como o tempo de presencia do conductor por razóns de espera, expectativas, servicios de garda, viaxes sen servicio, avarías, comidas en ruta e outras similares, nas que o conductor, aínda que non preste traballo efectivo, se atopa á disposición da Xunta de Galicia.

A dispoñibilidade horaria só dará dereito ó percibo dun complemento especial e ó cobro de indemnización por razon de servicio, conforme ó regulado pola normativa de aplicación, non podendose percibir retribución ningunha por horas extrordinarias, se se percibe complemento de dispoñibilidade hararia por horas de presencia.

A dispoñibilidade horaria non se considerará dentro da xornada de traballo efectivo nin se computará para efectos do límite de horas extraordinarias.

Ós conductores, no tempo de traballo efectivo, seralles de aplicación a xornada normal de traballo e os límites establecidos para as horas extraordinarias.

No suposto de retirada do carné de conducir por autoridade xudicial ou gobernativa, os conductores non sufrirán mingua salarial básica ningunha, salvo que a dita retirada sexa debida a imprudencia temeraria ou a conducir baixo os efectos do alcohol.

A percepción de dispoñibilidade horaria só será posible cando figure expresamente recoñecida, para o posto de que se trate, na correspondente relación de postos de traballo.

Así mesmo, cando existan razóns que así o xustifiquen, nas relacións de postos de traballo poderá asignárselles dispoñibilidade horaria a postos de traballo reservados a categorías distintas ás de conductores e cos mesmos derietos e obrigas.

6- No non previsto no presente artigo, rexerá o determinado no Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo.

 

ARTIGO 30.- AXUDAS DE CUSTOS E DESPRA-ZAMENTOS.

1- Enténdese por axuda de custos a indemnización económica diaria que se lle debe pagar a un traballador/a como compensación dos gastos de mantenza e aloxamento que deba realizar a consecuencia dun desprazamento motivsdo por orde dos órganos directivos correspondentes.

A contía de axuda de custos, sen exclusión de domingos e festivos, se é o caso, incluído o día de retorno, será a especificada para o grupo III dos funcionarios e aplicarase nas mesmas condicións que a estes, segundo o regulado no Decreto 299/1990, do 24 de maio, modificado polo Decreto 21/1994 do 4 de febreiro, e as relacións de aplicación.

Cando un traballador/a se desprace no vehículo propio terá dereito a unha indemnización de 24 ptas. por quilómetro, sempre que para isto se conte coa autorización e a orde de desprazamento.Para os desprazamentos ó estranxeiro, a contía será igual cá establecida para os funcionarios do grupo III. Esta contía estará suxeita ás modificacións que, con carácter xeral, se establezan para o resto do persoal da Xunta de Galicia.

 

ARTIGO 31.- DEREITO A COMEDOR.

Para o persoal que o teña recoñocido en convenio, sentencia firme ou disposición legal, garántese o dereito a utiliza-lo comedor naqueles centros que conten con este servicio.

 

ARTIGO 32.- INCAPACIDADE LABORAL TRANSITORIA.

En caso de baixa por ILT a Xunta de Galica, a través da consellería correspondente, incrementará o subsidio económico da Seguridade Social ata acada-la contía igual á base de cotización do traballador/a do mes anterior a aquel no que se produza a baixa.

Nos centros de asistidos as situaciópns de incapacidede laboral transitoria derivadas de enfermedade común, enfermidade profesional, accidente de traballo, accidente non laboral ou maternidade, nas que a duración previsible sexa dun mes ou superior, cubriranse inmediatamente por contratos de interinidade, mentres dure esta situación.

Excepcionalmente e por necesidades do servicio, este límite poderá ser inferior.

A duración do contrato de interinidada virá determinado pola ausencia do substituido e aquela sará identica a esta, cesando o substituto ó termina-la dita situación, sen dereito a indemnización ningunha.

Non obstante o anterior, o réximen será o seguinte:

a) Ausencias por enfermidade común ou accidente non laboral de un a tres días de duración: seguirase o seguinte procedemento:

1- Ausencia dun día: o persoal afectado comunicará a súa ausencia á unidade de persoal, órgano ou persoa responsable, preferentemente dentro da primeira hora de xornada, salvo causas de forza maior que impidan a comunicación. De non producirse a comunicación pertinente, descontarase dos haberes o día faltado.

2- Ausencia de dos o tres días: nestes casos, segundo o disposto no artigo 17 de Orde do 13-10-67 (BOE do 04-11.67), deberase presenta-lo parte médico no prazo de cinco días, contados a partir do seguinte ó de súa expedición.

De non entregar tal parte, descontaranse dos haberes os días faltados. Poderase recorrer contra estas deduccións ante a xurisdición laboral.

En ámbolos dous casos a Xunta de Galicia poderá practica-las inspecións médicas oportunas, segundo o disposto no artigo 20 do Estatuto dos Traballadores.

b) Ausencia por accidente de traballo, enfermi-dade profesional, maternidade, enfermidade común e accidente non laboral, de máis de tras días de duración.

Nestes casos o traballador/a percibira o 100 % do seu salario ordinario desde o primeiro día de baixa e ata o termo da ILT, sempre que se cumpran os requisitos esixidos no artigo 17 da Orde do 13-10-67.



CAPÍTULO IX

BENEFICIOS SOCIAIS

ARTIGO 33.- FORMACIÓN E PERFECIONAMENTO PROFESIONAL

1- O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a ver facilitada a realización de estudios académicos ou profesionais.

2- A Xunta de Galicia, a través da Escola Galega da Administración Pública, realizará cursos de formación e as actividades que cumpran para perfeccionar e actualiza-los coñocementos profesionais do seu persoal laboral.

3- Respecto ó disposto no punto 2 e co obxecto de facilita-la asistencia a estes cursos ou actividades, o traballador/a terá dereito a que se lle reduza a xornada ordinaria de traballo no número de horas precisas para a asistencia a eles, sen mingua da sua remuneración.

 

ARTIGO 34.- OCIO, RECREO, CULTURA, E DEPORTES

1- Os traballadores terán dereito a utilizar de forma gratuita as bibliotecas dos diferentes centros ou servicios, así como as instalacións deportivas da Xunta de Galicia, sempre e cando non interfiran nas actividades normais dos centros. Os comités de empresa ou delegados de persoal terán acceso ás relacións de libros que existan na biblioteca.

Cada centro de traballo terá asignada anualmente unha cantidade para adquisición de novos libros, que será establecida de acordo cos representantes dos traballadores, dentro das posibilidades orzamentais.

2- Os salóns de actos poderán ser utilizados polos traballadores para poñer en práctica os diversos proxectos culturais, todo isto sempre e cando non interfiran nas actividades normais da Administración.

 

ARTIGO 35.- ORIENTACIÓN SOBRE PLANIFICACIÓN FAMILIAR E REVISIÓNS MEDICAS

1- A Xunta de Galicia practcará os seguintes recoñecementos médicos.

a) Unha vez ó ano, a todo o persoal.

b) Periódicos e específicos, ó persoal ó que, pola súa actividade, se considera necesario.

c) A todo o persoal de novo ingreso, antes de incorporarse ó posto de traballo.

d) Revisión xinecolóxica voluntaria.

Co fin de atende-lo cumprimento dos distintos apartados, a Xunta de Galicia porá os medios ou correrá co gasto necesario para facilitarlle ó traballador/a a súa asistencia ós centros de recoñecemento cando estean en localidade distinta a aquela onde o traballador presta os seus servicios.

2- Co caracter xeral, a Xunta de Galicia facilitará o acceso dos traballadores ós seguintes servicios:

a) Planificación familiar

b) Consello xenético

c) Consello prenatal.

 

ARTIGO 36.- XUBILACIÓN E FOMENTO DE EMPREGO.

1.- Modalidades de xubilación :

a) Xubilación forzosa.

Co fin de cantribuír á realozación dunha política de promoción de emprego, a xubilación, para o persoal laboral fixo da Xunta de Galica, terá carácter de forzosa ó cumpri-lo traballador /a a idade de 65 anos.

Aqueles/as traballadores/as que, ó chegaren a es idade, non teñan cumprido o período mínimo de cotización á Seguridade Social para causaren dereito á referida prestación, poderán continuar prestando servicios ata cumpriren o citado período de cotización, momento no que se causará baixa de xeito inmediato.

b) Xubilación especial.

De conformidade co Real Decreto 1.194/1985, do 17 de xullo (BOE 20-07-85), para o caso de que os traballadores/as con 64 anos se queiran acoller á xubilación co 100 por 100 dos dereitos, a Xunta de Galicia subsituirá o que se xubile dese xeito por calquera traballador que se atope inscrito como desempregado na correspondente oficina de emprego e nas listas que, se é o caso, se elaboren, mediante un contrato da mesma natureza cá do extinguido.

No caso de que a contratación se decida con carácter indefinido, deberá levarse a cabo de conformidade co regulado no capítulo IV do presente convenio.

c) Xubilación voluntaria.

O perasoal laboral poderá xubilarse voluntaria-mente de acordo cos requisitos establecidos no réximen da Seguridade Social ó que pertenza.

2.- No momento da xubilación, o persoal laboral suxeito a este convenio percibirá unha gratificación consistente en tres mensualidades do salario.

 

ARTIGO 37.- POLITICA DE AXUDA A DIMINUIDOS FÍSICOS E PSÍQUICOS.

Todo traballador que teña a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expansas, consorte, fillos e ascedendantes de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade que sexan diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriaias recoñocidos como tales polos órganos competentes na materia e sempre que os ingresos do diminuído non superen o salario mínimo interprofesional en cómputo anual, percibirá unha axuda de 18.000 pesetan mensuais.

 

ARTIGO 38.- INDEMNIZACIÓN POR INVALIDEZ E MORTE POR ACCIDENTE DE TRABALLO OU ENFERMIDADE PROFESIONAL.

Ámbalas dúas partes acordan que, se non estivera xa asumido, se xestione un seguro que ampare a invalidez ou morte do traballador/a, por accidente de traballo ou enfermidade profesional, e a responsabilidade civil, percibindo os seus beneficiarios unha cantidade de non inferior a 4.000.000 de pesetas.

 

ARTIGO 39.- FONDO DE AXUDA PARA ANTICIPOS.

O persoal acollido a este convenio, dentro das previsións orzamentarias, poderá solicitar anticipos por importe de dúas mensualidades dos seus haberes líquidos, que se devolverán nun prazo de catorce meses como máximo.

 

ARTIGO 40.- COMPLEMENTO DAS PENSIÓNS DE VIUVEZ E ORFANDADE.

A moprte do traballador/a que prestase os seus servicios na Xunta de Galicia no momento do seu falecemento, ou se atopase nalgún dos supostos de suspensión do contrato de traballo conteplados no artigo 45 do Estatuto dos Traballadores e posúa o período de carencia esixido polas disposicións vixentes, poderá dar lugar ó recoñocemento dos seguintes complementos:

1.- Complemento de garantía de salario real.- Serán beneficiarios deste complemento os viúvos/as ou persoa que se atopase ligada de forma permanente por análoga relación de afectividade co/a causante, con fillos a cargo menores de 18 anos de idade, ou a que fixe a normativa vixente da Seguridade Social ou orfos absolutos, sempre que non posúan ingresos, de calquera tipo, superiores ó salario mínimo interprofesional vixente en cada momento.

A contía será igual á diferencia entre o salario bruto, constituido este polos conceptos contemplados nos artigos 27 e 28 deste convenio, percibindo como media nos 12 meses anteriores ó mes do feito causante, e a suma das pensións de viuvez e orfandade xeradas polo traballador a consecuencia do falecemento.

Este complemento será fixo no tempo ata o momento da súa extinción, que terá lugar como consecuencia das siguintes causas:

- Cumprimento da maioria de idade dos fillos ó seu cargo ou a idade que fixe a normativa específica da Seguridade Social.

- Percepción po parte do/a viúvo/a ou persoa que se atopase ligada de forma permanente por anágola relación de afectivade co/a causante e os fillos a cargo, de ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional vixente en cada momento.

- As causas xerais de extinción das pensións de viuvez e orfandade recollidas na lexislación da Seguridade Social.

Se a morte se produce por accidente de traballo ou enfermidade profesional contraída durante o seu servicio á Administración, non se esixirá antigüidade ningunha para o cobro dos complementos citados, percibindo os beneficiarios o salario bruto, sempre que non existan outros ingresos superiores ó salario mínimo vixente en cada momento, e coas mesmas causas de extinción que as establecidas no parágrafo anterior.

2.- Complemento de garantía do salario mínimo interprofesional.

Nas situacións non previstas no punto 1, garantiranse en todo caso un complemento, sobre a pensión que asigne a Seguridade Social, que iguale en cada momento o salario mínimo interprofesional.

Naqueles supostos en que o/a traballador/a tivese unha xornada reducida, este complemento reducirase en prporción á xornada realizada.

Estes complementos concederanse con efectos dende a data na que a Seguridade Social recoñeza as pensións.

O beneficiario virá obrigado a comunicar calquera cambio das circunstacias de carácter familiar ou económi-cas das que dan lugar ó recoñecemento do complemento.



CAPÍTULO X

SEGURIDADE E HIXIENE

ARTIGO 41.- SEGURIDADE E HIXIENE.

1- O persoal acollido a este convenio ten dereito a unha protección eficaz da súa integridade física e a unha adecuada política de seguridade e hixiene no traballo. Ten, así mesmo, o dereito a perticipar na formulación da política de prevención no seu centro de traballo e no control das medidas adoptadas en desenvolvemento daquelas, a trevés dos seus representantes legais e os órganos internos e específicos de participación nesta materia, isto é, dos comités de seguridade e hixiene no traballo, vixilantes ou delegados/as de seguridade.

2.- A Xunta de Galicia está obrigada a promover, formular e poñer en aplicación unha adecuada política de seguridade e hixiene nos seus organismos e centros de traballo, así como a facilita-la participación do persoal nela. Así mesmo, debe garantir unha formación práctica e adecuada nestas materias, cando se contrate persoal ou cando se cambie de posto de traballo, ou se teñan que aplicar novas técnicas, equipos ou materiais que poidan ocasionar riscos para o propio traballador/a, para os seus compañeiros/as ou para terceiros.

3.- A formulación da política de seguridade e hixiene nun organismo ou centro de traballo partirá da análise estadística ou casual dos accidentes de traballo e das enfermidades acecidas nel, da detección e identificación de riscos e de axentes materiais que poidan ocasionalos, e das medidas e sistemas de prevención ou protección utilizados ata o memento. A dita política de seguridade e hixiene planificaranse anualmente para os centros de traballo onde se realicen tarefas ou funcións de producción técnica e proceso de datos, e con perioridade trianal nas oficinas e centros de traballo administrativo. En todo caso, deberá abrangue-los estudios e proxectos necesarios para defini-los riscos máis significativos, pola súa gravidade ou pola súa frecuencia, e para poñer en práctica sistemas de control e inspección, ou medidas preventivas, así como os plans de formación e adestramento do persoal que cumpran .

4.- Para a elaboración dos plans e programas de seguridade e hixiene, así como para a súa realización e posta en práctica, os diferentes organismos poderán dispoñer de equipos e medios técnicos especializados cando sexa posible e aconsellable, pola súa dimensión e pola intensidade dos seus problemas de seguridade e hixiene. En caso de non dispoñer de tales medios propios, solicitará a cooperación dos gabinetes de seguridade e hixiene no traballo, fundamentalmente no tocante á clarificación de estudios e protección, formación de traballadores/as e técnicas, documetación especializada, e tódalas medidas que sexan necesarias.

5.- Os comités de seguridade e hixiene son os órganos internos especializados de participación nesta materia. Constituiranse en tódolos centros de traballo que teñan máis de 50 traballadores, con independencia da súa relación laboral coa Administración. Nos centros cun cadro de personal inferior, nomearase un delegado ou unha delegada de seguridade. As funcións destes delegados/as, que serán nomeados polo comité de empresa correspondente, serán as definidas no artigo 9 da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene, Orde do 9 de marzo de 1971 (BOE do 16 e 17-03-71), sen prexuízo da súa relación co Comité Central Intercentros de Seguridade e Hixiene e da execución dos obxetivos marcados po este. O nomeamento do delegado/a de seguridade seralle comunicado polo comité de directores correspondentes, e recaerá preferentemente nun membro do comité de empresa ou nun delegado/a de persoal.

A composición dos comités de seguridade e hixiene será de acordo co establecido na Orde do 09-03.71 e co Decreto 432/1971, do 11 de marzo. A representación do persoal será designada polo comité de empresa, órgano ó que lle corresponde a representación e a defensa dos intereses do persoal en materia de seguridade e hixiene, e as competencias recoñecidas nos artigos 64, perágrafos 1.7, 1.9 e 1.11, e 19 do Estatuto dos Traballadores. As competencias dos comités de seguridade e hixiene son as recoñecidas no artigo 8 da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene e mais no decreto antes citado.

6- Os pluses ou complementos de perigosidade e toxicidade desaparecerán a medida que por parte da Xunta de Galicia se tomen as precaucións adecuadas para repara-las condicións tóxicas ou perigosas que lle deron orixen. A desaparición será inmediata cando exista resolución da autoridade laboral. De non existir esta será preciso o informe do Comité Central de Seguridade e Hixiene faborable á desaparición, informe que será vinculante.

7- A Xunta de Galicia orzará anualmente unha partida para atende-las necesidades urxentes en materia de seguridade e hixiene, en cumprimento das resolucións da autoridade laboral.

8- Os comités de seguiridade e hixiene e os delegados/as de seguridade realizarán visitas ós lugares de traballo e ós servicios e dependencias establecidas para o persoal, co obxeto de coñoce-las condicións relativas á orde, limpieza, ambiente, instalacións, máquinas, ferramentas e procesos laborais, así como de constata-los riscos que poidan afecta-la vida ou saúde do persoal, para propoñerlle á dirección do centro que adopte as medidas preventivas necesarias e calquer autra que considere oportuna.

9- Os membros dos comités de seguridade e hixiene e os delegados/as de seguridade que non sexan integrantes dos comités de empresa disoporán dos permisos necesarios para asistir ás reunións ou para realiza-los cometidos que lles asignen o propio comité de seguridade e hixiene.

 

ARTIGO 42.- ROUPA DE TRABALLO.

A Xunta de Galicia facilitaralle roupa de traballo e calzado profesional homolagados e de uso obrigatorio, a todo o persoal ó seu servicio cando as condicións e natureza do traballo o requiran, logo dunha memoria xustificativa dos respectivos centros. As solicitudes serán autorizadas polas respectivas consellerías, que serán as encargadas de arbitralo sistema de subministración de material, que, en ningún caso, poderá supoñer unha adquisición directa polo persoal do centro peticionario.

A cantidade e clase de roupa serán as especificadas nos convenios vixentes á entrada en vigor do I convenio colectivo da Xunta de Galicia, e a súa data de entrega será será nos meses de abril e setembro de cada ano.

Aqueloutros colectivos que non dispoñan de tal especificación convencional deberán acordala entre a representación do persoal e a dirección respectiva.

Aqueles traballadores ou grupos de traballadores que carezan de delegados no seu centro de traballo efectuaranlle a petición por escrito ó seu inmediato superior, enviándolle unha copia dela ó Comite Intercentros.

As partes firmantes dete convenio comproméntense a adapta-lo contido deste artigo ás pecualiaridades de cada categoría.

 

ARTIGO 43.- SERVICIOS MÉDICOS.

A Xunta de galicia incluirá nos seus orzamentos as partidas económicas precisas para a dotación dos servicios médicos a que se refire o Decreto do 10 de xuño de 1959, ben constituíndo os seus propios cadros de persoal, ou ben concertando con entidades idóneas.

 

ARTIGO 44.- SERVICIO E TRABALLO.

O persoal suxeito a este convenio non poderá realizar obras por un tanto, nin traballo axustado, durante a súa xornada laboral.

En ningún caso se poderá obriga-lo poesoal que, polo específico do seu labor, desenvolva o seu traballo ó descuberto a realiza-las súas funcións cando a situación climatolóxica ou as condicións do terreo supoñan penosidade visible para o propio traballador/a. Nestes casos, parali-zarese o traballo e empregarase ós referidos traballadores en labores propios do seu posto de traballo que se poidan realizar a cuberto.

O anterior non será de aplicación naqueles casos nos que a actividade estea causada ou motivada polas citadas condicións climatolóxicas, salvo sempre o cumprimento das medidas legais sobre seguridade e hixiene.

O comité de empresa, os representantes dos traballores e as direccións do persoal deberán velar polo dereito á intimidade, pola libertade dos traballadores, e pola erradicación das conductas de acoso sexual, procurando silencia-la súa identidade.



CAPÍTULO XI

MOBILIDADE

ARTIGO 45.- MOBILIDADE XEOGRÁFICA

1.- Os traslados de traballadores que non foran contratados especificamente para prestaren os seus servicios en empresas con centros de traballo móbiles ou itinerantes a un centro de traballo distinto da mesma empresa que esixa cambios de residencia requerirá a existencia de razóns económicas, técnicas, organizativas ou de producción que o xustifiquen, ou ben contratacións referidas á actividade empresarial.

Entenderase que concorren as causas a que se refire este artigo cando a adopción das medidas propostas contribúa a mellora-la situación da Administración da Xunta de Galicia a través dunha máis adecuada organización dos seus recursos que favoreza a satisfacción do servicio público que, en cada caso, teña encomendado.

A notificación de traslado deberaselle ser notificada pola Xunta de Galica ó traballador, así coma ós seus representantes legais, cunha antelación mínima de trinta días á data da súa afectividade.

Notificada a decisión de traslado, o traballador terá dereito a optar entre o traslado, percibindo unha compensación por gastos, ou a extinción do seu contrato, percibindo unha indemnización de vinte dias de salario por ano de servicio, reteándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano e cun máximo de doce mensualidades. A compesación a que se refire o primeiro suposto comprenderá tanto os gastos propios coma os dos familiares ó seu cargo, nos termos que se conveña entre as partes, que nunca será inferior a:

a) Ó aboamento dos gastos de viaxe do seu cónxuxe ou porsoa que se atope ligada de forma permanente por análoga relación de afectividade, que conviva con el e ás súas expensas, e a unha indemnización de tres axudas de custo da súa categoría por cada menbro da familia que efectivamente se traslade.

b) A unha cantidade global de 550.000 ptas. en caso de que a Administración lle facilite unha vivenda.

c) Se a Administación non lle facilita vivenda, ó traballador/a aboaráselle unha cantidade global de 1.100.000 ptas., máis un 20 por 100 por cada persoa que viva a expensas del.

d) Para os/as fillos/as dos/as traballadores/as afectados/as por este convenio e que cursen estudios de EXB, FP, BUP, e COU, a Administración, dentro da normativa vixente, comprométese a xestionar, ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a consecución de prazas escolares en centros oficias.

Sen prexuízo da executividade do traslado no prazo de incorparación citado, o traballador que, non tendo optado pola extinción do seu contrato, se mostre desconforme coa decisión empresarial poderá impugnala ante a xurisdición competente. A sentencia declarará o traslado xustificado ou inxustificado e, neste último caso, recoñocerá o dereito do traballador a ser reincorporado ó centro de traballo de orixe.

Cando, con obxeto de eludi-las previsións contidas no apartado seguinte deste artigo, a Xunta de Galicia realice traslados en períodos sucesivos de noventa días en número inferior ós limiares alí sinalados, sen que concurran causas novas que xustifiquen tal actuación, estes novos traslados consideraranse efectuados en fraude de lei e serán declarados nulos e sen efecto.

2.- O traslado a que se refire o número anterior deberá ir precedido dun período de consultas cos representantes legais dos traballdores, de duración non inferior a quince días, cando afecte á totalidade do centro de traballo; sempre que este ocupe a máis de cinco traballadores, ou dun período de noventa días, cando sen afectar á totalidade do centro de traballo, comprenda a un número de traballadores de, polo menos:

- Dez traballadores, nas empresas que ocupen menos de cen traballadores.

- O dez por cento do número de traballadores da empresa naquelas que ocupen entre cen e trescentos traballadores.

- Trinta traballadores nas empresas que ocupen trescentos ou máis traballadores.

O dito período de consultas deberá versar sobre as causas motivadoras da decisión empresarial e a posibilidade de evitar ou reduci-los seus efectos, así como sobre as medidas necesarias para atenua-las súas consecuencias para os traballadores afectados.

A apertura do período de consultas e as posicións das partes tralas súas conclusións deberanselle ser notificadas á autoridade laboral para o seu recoñecemento. Durante o período de consultas, as partes deberán negociar de boa fe, con vistas á consecución dun acordo.

Dito acordo requirirá a conformidade da maioría dos membros do comité ou comités de empresa, dos delegados de persoal, se é o caso, ou de representacións sindicais, se as houber, que, no seu conxunto, representen á maioría daqueles.

Trala finalización do período de consultas, a Xunta de Galicia notificaralles ós traballadores a súa decisión sobre o traslado, que se rexerá para tódolos efectos polo disposto no apartado 1 deste artigo.

Non obstante o sinalado no parágrafo anterior, a autoridade laboral, á vista das posicións das partes e sempre que as consecuencias económicas ou sociais da medida así o xustifiquen, poderá ordena-la ampliación do prazo de incorporación a que se refire o número 1 deste artigo e a consiguinte paralización da efectividade do traslado por un período de tempo que en ningún caso, poderá ser superior a seis meses.

Contra as decisións a que se refire o presente número poderase reclamar en conflicto colectivo, sen prexuizo da acción individual prevista no número 1 deste artigo. A interposición do conflicto paralizará a tramitación das accións individuais iniciadas, ata a súa resolución.

O acordo cos representantes legais dos traballadores no período de consultas entenderase sen prexuizo do dereito dos traballadores afectados ó exercicio da opción prevista no parágrafo 4 do apartado 1 deste artigo.

3.- Se por traslado un dos cónxuxes cambia de residencia, o outro, se é traballador da Xunta de Galicia, terá derito ó traslado á mesma localidade, de haber posto de traballo.

4.- Os representantes dos traballadores terán prioridade de permanencia nos postos de traballo a que se refire este artigo.



CAPÍTULO XII

 

DEREITOS SINDICAIS

ARTIGO 46 .- DELEGADOS DE PERSOAL E COMITÉS DE EMPRESA.

Os delegados/as de persoal e os membros dos comités de empresa, sen prexuizo das competencias, funcións e dereitos en xeral recoñecidos polas disposicións legais, terán os seguintes dereitos especificos:

1- Os membros dos comités de empresa e os delegados/as de persoal dispoñerán, avisando previamente, sempre que sexa posible, con 24 horas á dirección do centro de traballo, de tempo retribuído para realizaren xestións conducentes á defensa dos intereses do persoal. As horas mensuaias necesarias para cubrir esta finalidade fíxase de conformidade coa seguinte escala:

Centros de ata 250 traballadores: 35 hora

Centros de 251 a 500 traballadores: 50 horas

Centros de 501 traballadores en adiante: 60 horas.

2.- Os membros dos comités de empresa e os delegados/as de persoal poderán ser substituídos durante as súas horas sindicais, mediante previo aviso con 24 horas de antelacón, se ten carácter ordinario, e sen previo aviso, se ten carácter de urxencia.

De non realizarse a substitución, en ningún caso quedará limitado o dereito dos representantes do persoal a realizaren as súas actividades sindicais.

3.- Coñocer e consulta-lo rexistro de accidentes de traballo e as súas causas. Terán acceso ó cadro horario, do que recibirán unha copia. Tamén accederán ós modelos TC-1 e TC-2 das cotizacións á Seguridade Social, ó calendario laboral, ós orzamentos dos centros, a un exemplar da memoria anual do centro e a calquera outro documento relacionado coas condicións de traballo que afecten ó persoal.

4.- Poñeranse á sua dispocición un local adecuado, provisto de teléfono e do correspondente mobiliario, para que poidan desenvolve-las súas actividades sindicais, deliberar entre si e comunicarse cos seus representados/as, facilitándose o material de oficina preciso.

5.- Poderán utilizar fotocopiadoras, multicopistas e demais aparellos de reprografía para uso da súa administración interna.

6.- Facilitaránsello-los taboleiros de anuncios necesarios para que, baixo a súa responsebilidade, coloquen tódolos avisos e comunicacións que deban efectuar e consideren pertinentes, sen máis limitacións cás expresamente sinaladas pola lei. Os ditos taboleiros instalaranse en lugares claramente visibles para permitir que a información chegue ó persoal.

7.- Os comités de empresa e os delegados/as de persoal poderán acorda-la acumulación das horas sindicais dos seus membros, nun ou en varios deles, de acordo co seguinte réximen:

A petición da acumulación deberá facerse por escrito, con autorización tanto do cedente como do cesionario, comunicándolla á dirección do centro respectivo.

Non se poderán acumular nin suma-las horas non utilizadas nun mes para outro mes.

O crédito horario é de carácter persoal, retribuído, mensual e para o exercicio exclusivo da funcións de representación.

Como excepción ó principio xeral de non participación do crédito horario, no presente convenio acórdase a posibilidade da súa acumulación parcial, coas seguintes puntualizacións:

- A cesión e consiguinte acumulación parcial será, como mínimo, do 50 por 100 do crédito horario de que se dispoña.

- A duración mínima da acumulación parcial será de seis meses, e deberase comunicar cunha antelación polo menos de 20 días ó seu desfrute.

8.- Os membros do comité de empresa e os delegados/as de persoal terán, ademais das garantías recollidas no presente convenio, as establecidas nos apartados a), b) e c) do artigo 68 do Estatuto dos Traballadores, desde o momento da súa proclamación como candidatos e ata dous anos despois do cesamento no seu cargo.

9.- Os comités de empresa e os delegados de persoal recibirán, conxunta e puntualmente, por conta da Xunta de Galicia, un exemplar do Diario Ofial de Galicia, coa frecuencia das súas aparicións.

10.- Ralización de asambleas:

a) Os comités de empresa e os delegados/as de persoal dispoñerán de 20 horas anuais para es fien. As asambleas convocadas e cunha duración máxima de media hora, antes do inicio ou do final da xornada, non serán computadas, se ben, con este carácter, só poderán convocarse como máximo dúas asambleas mensuais. Para tal fin, a Administración facilitará os locais adecuados en cada centro de traballo.

Os convocantes garantizarán en todo momento a prestación dos servicios a realizar durante as asambleas, así como a orde destas.

En ámbolos dous supostos, o previo aviso, con atelación de 24 horas, que se deberá facer perante a dirección do centro ou servicio, deberá ir acompañado da orde do día que se vai tratar na reunión.

b) Cando en determinados casos, pola existencias de varias quendas de traballo, non se poida reunir simultaneamente a totalidade do cadro de persoal, as asambleas parciais das diferentes quendas considéranse, para este efecto, como unha asamblea. Poderanse, así mesmo, celebrar asambleas convocadas polo 20 por 100 do cadro de persoal do centro.

As asambleas celebraranse en locais facilitados pola Xunta de Galicia para tal fin.

c) A Xunta de Galicia aboará os gastos de desprazamento ou as indemnizacións dos membros do comité de empresa ou dos delegados/as de persoal polas súas reunións periódicas, así como por aquelas que sexan convocadas pola Xunta de Galicia.

A Xunta de Galicia dotará os comités de empresa dun orzamento anual para actividades sindicais ou para a compra de libros de consulta, de acordo coa táboa indicada máis abaixo:

Os comités de empresa recibirán, a través da unidade administrativa que xestione o dito orzamento, a subvención que lles corresponda segun a táboa abaixo establecida.

Así mesmo, cada comité de emoresa terá a obriga de levar un libro de contabilidade onde se reflictan as entradas e saídas de diñeiro referente á dita subvención.

Comité de empresa

de 5 membros 50.000 ptas anuais.

Comité de empresa

de 9 membros 65.000 ptas anuais.

Comité de empresa

de 11 ou máis membros 90.000 ptas anuais.

 

ARTIGO 47.- DAS SECCIÓNS SINDICAIS, DOS DELEGADOS/AS SINDICAIS E DOS AFILIADOS/AS.

1. Das seccións sindicaias:

Sen prexuízo do disposto na Lei 11/1985, do 2 de agosto, de libertade sindical (LOLS), as seccións sindicais pertenecentes a unha central sindical que obtivesen máis dun 10 por 100 dos membros do respectivo comité, terán nos centros de traballo ós seguintes dereitos:

a) A un número de delegados/as sindicais, previsto no artigo 10.2 da LOLS, conforme coa seguinte escala:

- De 1 a 100 traballadores 1

- De 101 a 500 traballadores 3

- De 501 a 750 traballodores 4

- De 751 en diante 5

b) A dispoñer dun local sindical, que compartirán co comité de empresa. en centros con máis de 50 traballadores, provisto de teléfono, mobiliario e do material de oficina necesario para desenvolve-la súa actividade representativa.

Nos centros de traballo de menos de 50 traballadores/as, estas seccións sindicais poderán utilaza-lo mesmo local do que, se é o caso, dispoñan os os delegados/as de persoal, facilitándolles tamén os materiais de oficina prescisos para o desnvolvemento da súa actividade representativa.

c) Realización de asambleas:

A realización de asambleas fóra e dentro da xornada de traballo queda establecida nos mesmos termos en que se configura este dereito para os comités de empresa.

2. Dos delegados/as sindicais:

Os delegados/as sindicais a que se refire o apartado a) do punto anterior terán dereito, sen prexuízo do establecido na LOLS no artigo 10.3, ós seguintes dereitos e garantías:

a) Ó mesmo crédito horario sinalado no artigo 46 do presente convenio para os membros do comité de empresa.

No caso de que nun delegado/a sindical concorra tamén a condición de membro do comité de empresa, o credito horario de que dispoñerá será o acumulado por ámbolos dous tipos de representación.

b) Á representación ós afilidas/as da sección sindical en tódalas xestións necesarias perante a dirección respectiva, e a seren oídos por esta no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten o persoal, en xeral, e os afiliados/as do sindicato, en particular.

c) A seren informados e oídos pola empresa con carácter previo:

- Acerca de despedimentos e sancións que afecten os afiliados/as ó sindicato.

- En materia de reestructuración do cadro de persoal, regulacións de emprego, traslado de traballadores, cando revistan carácter colectivo ou individual, ou do centro de traballo en xeral, e sobre calquer proxecto ou acción administrativa que poida afecta-lo persoal.

- Sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo.

d) Terán acceso á mesma información e documentación que a empresa deba poñer á disposición do comité de empresa, de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias en que legalmente proceda.

e) Posuirán as mesmas garantías e dereitos que a lei e o convenio colectivo lles recoñocen ós membros do comité de empresa.

3. Dos afiliados/as.

Os afilados/as a unha sección sindical que reúnan os requisitos establecidos no parágrafo primeiro do punto 1º deste artigo terán os seguintes dereitos.

a) A obteren permisos sen soldos durante o tempo que pasen a ocupar postos de rsponsabilidade sindical con plena dedicación en ámbito superior ó centro de traballo. Este permiso terá unha duración mínima de seis meses e, ó rematar, o traballador/a será reincorporado na mesma quenda e condicións de traballo.

b) Un 10 por 100 dos afiliados/as a unha destas seccións sindicais terán dereito a permisos sen retribucións cando se cumpran os seguintes requisitos:

- Que exista a comunicación previa por parte da comisión executiva do respectivo sindicato, cursada coa necesaria antelación.

- Que non supere os 20 días ó ano por afiliado/a, nin os 200 anuais para o conxunto do 10 por 100 de afiliados/as de cada sección sindical.

c) A que se lle desconte na súa nómina o importe da cota sindical que corresponda, coa previa conformidade do afiliado/a. A administración trasferirá as cantidades retidas á conta bancaria que designe cada sindicato, facilitándolle mensualmente á correspondente sección sindical a relación nominal das retencións realizadas.

 

ARTIGO 48.- COMITÉ INTERCENTROS.

1- Ó abeiro do disposio no artigo 63.3 do Estatuto dos Traballadores, constituirase un comité intercentros, cun máximo de 13 membros, pertenecentes ós comités de empresa e delegados/as de persoal dos centros de traballo contidos no artigo 1 do presente convenio.

A súa composición será proporcional, de acordo co establecido no referido artigo do Estatutos dos Traballadores.

2- As normas de funcionamiento aprobaranse por maioría absuluta, na primeira sasión na que se constitúa o dito órgano de representación.

3- Cada un dos membros do Comité Intercentros dispoñerá dun máximo de 100 horas mensuais, excluídas as derivadas da súa condición de membro do comité de empresa ou de delegado/a de persoal ou sindical, para dedicarse ás súas funcións representativas; as ditas horas poderanse acumular noutros membros do Comité Intercentros.

4- A Xunta de Galicia aboará os gastos de desprazamento e as axudas de custo dos membros do Comité Intercentros, sempre que fosen orixinados por razón das reunións convocadas previamente polo dito órgano de representación, así como as que fosen convocadas pola Xunta de Galicia.

5- Terán á súa disposición un local sindical na sede dos servicios centrais da Xunta de Galicia, conxunto co do comité de empresa e seccións sindicais, adecuado e apto para a súa propia representación. con material de oficina, medios mecánicos, mobiliario, teléfono, etc. Así mesmo, recibirán un exemplar do DOG coa frecuencia da súa publicación.

A Xunta de Galicia dotará o Comité Intercentros dun orzamento anual de 100.000 pesetas, para actividades sindicais ou para a compra de libros de consulta.



6- Emtre as súas competencias están as seguintes:

a) Negociación do convenio colectivo, elección dos suplentes e asesores da comisión negociadora e aprobación do anteproxecto correspondente, sempre que así o decida, polo menos o 80 por 100 dos seus membros; todo isto, sen perxuízo das atr