SECTOR CORREOS


MANIFESTACIÓN

DÍA 28 DE FEBREIRO AS 18:00

En Santiago da Pza. Cervantes á Pza. do Toural

POR UNHAS CONDICIÓNS DE TRABALLO
E POR UN SALARIO DIGNOS.
POR UN CORREO PÚBLICO GALEGO DE CALIDADE

PANFLETO


CONCENTRACIÓN

DÍA 14 DE FEBREIRO AS 11:30

DIANTE DO PARLAMENTO DE GALIZA EN SANTIAGO  

SALVEMOS O NOSO CORREO 

panfleto (pdf)  

    Concentración diante do Parlamento pola derrogación do decreto que elimina o reparto do correo no rural de Galiza  


Convenio Colectivo da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos e Acordo Xeral  que afecta tamén o persoal Funcionario e que foron asinados por CCOO e CSIF

COMUNICACIÓN a TÓDOSLOS TRABALLADORES  de CORREOS

UGT  S.LIBRE   CIG   ELA   CGT

Abandonan a reunión da Mesa Sectorial

panfleto (pdf)

Ante a situación dada no actual proceso de negociación do Convenio Colectivo e no Estatuto de funcionarios en Correos os Sindicatos que subscriben o presente comunicado consideran necesario expor publicamente o seguinte:  

A negociación do Convenio Colectivo e do Estatuto estase desenvolvendo baixo parámetros inadmisibles para a representación sindical que ostentamos, dada a falla de transparencia e a discriminación da que estamos sendo obxecto durante este proceso.

 A interpretación do diálogo social que está facendo a Dirección conculca os máis elementais principios democráticos respecto das garantías de igualdade de trato e o dereito á información que amparan ós sindicatos legalmente constituídos.

 A ausencia dunha vontade negociadora real púxose de manifesto por medio dun sinfín de actitudes e feitos discriminatorios que temos denunciado reiteradamente e por separado durante todo o proceso cada un dos sindicatos que subscriben este comunicado. Esta situación insoportable determinou finalmente a necesidade dunha análise común co gallo  de denunciar publicamente ante os traballadores postais a situación actual de deterioro do diálogo social en Correos.

 Durante o proceso de negociación vimos constatando unha actuación sistemática, por parte da Dirección, de vulneración do principio de boa fé que debe de presidir calquera proceso negociador. O deterioro da confianza cara a parte negociadora empresarial é un feito que non podemos ocultar por máis tempo ante os traballadores dada a gravidade e as consecuencias que ten a decisión da Dirección de dar por finalizado o proceso negociador e considerar como únicos interlocutores válidos a unha parte da representación sindical.

 A situación descrita reflicte unha falla de respecto absoluto ós  intereses dos traballadores que representamos e conculca os mais elementais códigos de democracia laboral. Por iso, e diante da ausencia dun marco de diálogo que garanta o dereito de negociación, os representantes dos sindicatos que subscribimos o presente  comunicado  expresamos a nosa  máis enérxica protesta mediante o abandono da reunión da Mesa Sectorial de hoxe día 6 de Xuño.  

Agardamos que a Presidencia de Correos, ausente na  reunión da Mesa Sectorial, reflexione sobre os feitos producidos e promova as decisións oportunas para encauzar dunha vez por todas unha situación absolutamente insostible para os sindicatos que subscriben e para os traballadores que representamos.

 Madrid 6 de Xuño de 2006


 

CIG-CORREOS INFORMA: PERMISO POR ENFERMIDADE FAMILIAR

          

Correos, está presionando ao persoal con FALSIDADES E MENTIRAS.

 

            Correos está pedindo xustificantes de alta por enfermidade familiar para reducir un dereito legal e xusto. É ilegal pedir información médica de persoas alleas a Correos, é ilegal reducir un permiso que nos da a lei e que non pode ser reducido POR MOI LISTOS QUE SEXAN EN CORREOS EN LUGO!!!.

 

1º PASO

 

            Lei 30/1984, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública.

 Artículo 30.1: Se concederan permisos por las siguientes causas justificadas.

a) Por el nacimiento de un hijo y la muerte o enfermedad grave de un familiar hasta el segundo grado de consaguinidad o afinidad, dos días cuando el suceso se produzca en la misma localidad y cuatro días cuando sea en distinta localidad.

 

2º PASO

 

Lei 53/2002 de medidas fiscales, administrativas y del orden social.

Artículo 58: Modificación del artículo 30 de la Ley 30/1984, de 2 de agosto, de Medidas para la Reforma de la Función Pública :

Uno. Se modifica el párrafo a) del apartado 1 del artículo 30 de la Ley 30/1984:

a)      Por el nacimiento, acogimiento o adopción de un hijo y por el fallecimiento, accidente o enfermedad graves de un familiar dentro del primer grado de consanguinidad o afinidad, tres días hábiles cuando el suceso se produzca en la misma localidad, y cinco días hábiles cuando el suceso sea en distinta localidad.

b)      Cuando se trate del fallecimiento, accidente o enfermedad graves de un familiar dentro del segundo grado de consanguinidad o afinidad, el permiso será de dos días hábiles cuando el suceso se produzca en la misma localidad y cuatro días hábiles cuando sea en distinta localidad.

 

3º PASO

 

ACORDO XERAL PARA A NOVA REGULACIÓN INTERNA DAS RELACIÓNS LABORAIS DE CORREOS de 18 de decembro de 2002.

 

PERMISOS. (Laborais e funcionarios)

Concederanse permisos de tres días hábiles, por nacemento, acollida ou adopción dun fillo e o falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, cando o suceso se produza na mesma localidade, e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade.

Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será de dous días hábiles cando o suceso sexa na mesma localidade e catro cando sexa en distinta localidade.

 

Esa é a lexislación. Onde están os informes dos nosos parentes?. Onde di que nos debemos incorporar antes?. Acaso, se a enfermidade dura un mes, podemos quedarnos na casa?.

 

UNHA VERGOÑA, NON SÓ PRECARIZAN O NOSO TRABALLO SENÓN QUE XOGAN COS NOSOS DEREITOS E COAS NOSAS NECESIDADES E SENTIMENTOS.


A AUDIENCIA NACIONAL CONDENA A CORREOS, CCOO, UGT e CSI-CSIF A ELIMINAR PARTE DAS LISTAS NEGRAS EN CORREOS.

 

CORREOS E ESTES TRES SINDICATOS PACTARON FORMAS DE EXCLUÍR NO EMPREGO ÓS TRABALLADORES QUE ACUDIRAN ÓS TRIBUNAIS  PARA DEFENDER OS SEUS DEREITOS LABORAIS.

 

OS SINDICATOS DEMANDANTES SITÚAN EN 400 AS PERSOAS EXCLUÍDAS DAS BOLSAS DE EMPREGO DENDE O 2004

 

A Sala do Social da Audiencia Nacional declara o dereito dos traballadores afectados por despido a non ser excluídos das bolsas de emprego nas situacións de despido nulo, despido por causas obxectivas, económicas, tecnolóxicas e por forza maior, tamén no caso de despido colectivo nin no dos actos preparatorio dos despidos non indemnizados. O Tribunal admite a exclusión no caso de que o despido sexa declarado improcedente e sexa indemnizado.

 

A Audiencia Nacional estima o conflicto colectivo presentado pola Confederación Intersindical Galega CIG e a maioría dos Sindicatos Nacionalistas contra a empresa CORREOS S.A, CCOO, UGT e CSIF.

 

A Audiencia Nacional  declara que o acordo firmado por Correos,CCOO, UGT e CSIF, o 28 de febreiro de 2004 (BOE 28 de maio de 2004), que excluída do emprego na empresa a todo aquel traballador que presente demanda por despido e/ou sexa indemnizado, non pode afectar os traballadores que acudiran os tribunais obtendo sentencias por despido nulo, por causas obxectiva, económicas, tecnolóxicas  e por forza maior, tamén no caso de despido colectivo nin nos actos preparatorios dos despidos non indemnizados. O mentado acordo foi firmado tras conocerse a sentencia da Audiencia Nacional de 10 de febreiro de 2004, polo que se declaraban fixos a 12.000 traballadores interinos por haber superado o período de tres meses, que Correos se nega a cumprir.

 

Correos despois da sentencia de 10 de febreiro de 2004, non tivo ningún miramento en botar a rúa ós traballadores afectados pola mesmas advertíndolles nas cartas de despido que sendo o Acordo firmado por Correos e os Sindicatos que se verían excluídos da posibilidade de volver a traballar si defendían ou reclamaban os seus dereitos laborais mediante demandas por despido ou si eran indemnizados. Nos casos en que os traballadores/as acudiron os Tribunais a empresa marca con unha incidencia os seus expedientes persoais que imposibilita o que lle volvan a ofertar traballo, sendo a exclusión consecuencia de acudir ós tribunais e pasando a formar parte das xa famosas listas negras de traballadores postais pactadas entre Correos e CCOO, UGT e CSIF. Tamén marca con incidencias aqueles contratos de longa duración coa fin de rachar a relación laboral.

 

Debido ós despidos, as listas negras e outras tácticas como ocupar traballadores temporais por tempo ilimitado en lugar de empregados fixos e indefinidos, Correos conseguiu librarse dos traballadores declarados fixos pola Audiencia Nacional e pagar indemnizacións a moi poucos traballadores.

 

Correos cobre 15.000 postos/ano de traballo con contratos temporais a persoas inscritas nas listas de espera ou bolsas de emprego. É a primeira empresa do Pais polo numero de traballadores, 63.000 dos cales 38.000 son funcionarios.

 

O colectivo afectado pola sentencia é de preto de 18.000 traballadores incluídos actualmente nas listas de espera ou bolsa de emprego, mais 17792 aspirantes que se presentaron ó exame de consolidación do ano 2003 e non obtiveron praza, e que segundo as bases deben de ser inscritos nas listas, o cal tampouco se cumpriu.

 

VALORACIÓN DOS SINDICATOS PROMOTORES (CIG, STA-IV, STE-IB, e IC)

 

Estamos plenamente convencidos de que a Sentencia da Audiencia Nacional axudara a estabilizar o emprego precario e temporal, xa que os traballadores acudiran os tribunais cando se cometan irregularidades nos seus contratos.

 

A sentencia é un logro na defensa e mantemento dos dereitos fundamentais, laborais,sindicais e de tutela xudicial efectiva, no actual contexto empresarial de destrucción de emprego e precarización das relacións laborais, CIG recorrerá a sentencia a fin de que sexan contemplados os despidos improcedentes indemnizados e reclaman un esforzo para dotar suficientemente os cadros de persoal das localidades con contratos fixos e indefinidos e non con fraudulentos contratos de reforzo.

 

PARA MAIS INFORMACIÓN

 TF.- 636. 50. 24. 01


BOE 8-3-2004

ESTATUTO DO PERSOAL de la Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, Sociedad Anónima


FICHA DE AFILIACION - SECTOR CORREOS

 

ENDEREZOS E TELÉFONOS

CIG CORREOS E TELEGRAFOS

VIGO (36201)

LOCAL-NACIONAL

Praza de Compostela 3

CIGCORREOS@terra.es

Telf./Fax 986-228979

Telf./fax RICO/84325

LUGO (27003)

Ronda da Muralla, 58 baixo

cigcorreoslugo@gmail.com

Telf/Fax982-244705

Telf./fax RICO/84600

OURENSE (32003)

Parque S. Lázaro, 12-1º-D

Telf. 988-233850

Fax. 988-222855

PONTEVEDRA (36002)

Pasantería, 1

Telf. 986-852950

Fax. 986-855050

Telf./fax RICO/84193

A CORUÑA(15001)

Local Sindical nº 2 correos

correoscoruna@terra.es

Telf./Fax 981-225129

Telf./fax RICO/ 83225

SANTIAGO (15703)

Miguel F. Caaveiro, 10

compostela@cigadmon.org

Telf./981-583200

Fax/ 981-583934

FERROL (15403)

Eduardo Pondal, 41, 43 Ent.

ferrol@cigadmon.org

Tel. 981-358750

Fax. 981-358760