Federación de Administración Pública da CIG

Federación de Administración Pública da CIG

Ligazóns sectores

Autonómica
Correos
Xustiza

Ligazons confederacion

CIG - Avantar
Forga
Saúde laboral
Fesga

Procurar no web

Novas dos Sectores

A Federación de Administración Pública da CIG está organizada en seis sectores: Autonómica, Correos, Estado, Local, Universidade e Xustiza (non todos os sectores teñen aínda web propio).

O que segue son as últimas novas publicadas por estes sectores nos seus respectivos webs. Se queres acceder a eles, preme na correspondente "ligazón sectores" da columna esquerda.


Partillar no Chuza!Partillar no DoMelhorPartillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no Buzz it!Partillar no Digg it!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
  • Xoves 16, cazolada na Xunta

    Novas nacionais 16 May 2013 | 12:42 pm

    O Comité Intercentros, e os sindicatos CIG, UGT, CCOO e CSIF, convocamos unha cazolada o xoves 16, ás 11:30 da mañá, en todos os Edificios Administrativos da Xunta. Trae pota, tixola, chifre ou calquer aparello que faga estrondo. Temos que facer ruído para denunciar a destrución masiva de postos de traballo e conseguintes despedimentos dos nosos compañeiros e compañeiras. Só na última modificación da Relación de Postos da consellaría de Traballo, publicada no DOG do mércores 15 de maio, eliminan 78 postos (que supón despedimentos de persoal indefinido e temporal). Pero é máis que esto: os postos eliminados nos últimos meses suman moitos centos. Ao tempo, seguen a contratar asistencias técnicas e aplicando unha falsa austeridade en moitos asuntos.  […]

  • Listas de contratación: actualizados os resultados das probas físicas e agudeza visual do SPDCIF e Pladiga

    Novas nacionais 16 May 2013 | 12:32 pm

    A Consellería do Medio Rural e do Mar comunícanos que os resultados das probas físicas e de agudeza visual, celebradas os días 29 e 30 de abril e o 2 e 3 de maio de 2013, xa están aplicados ás correspondentes listas de contratación. Xa que logo, os integrantes destas poderán consultar o seu estado na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública.

  • Feijóo: que mal mintes ou que mal te asesoran. O Presidente sáltase a Lei e xustifica a eliminación de documentos públicos.

    Novas nacionais 16 May 2013 | 11:48 am

    No Pleno do Parlamento galego do mércores, 15 de maio, o Presidente da Xunta asegurou que non existen contratos anteriores ao 2003 co seu amigo Marcial Dorado porque “só hai obriga de arquivar os documentos durante 10 anos”.Feijoo debe descoñecer que ten un grupo de persoal funcionario especializado no eido da arquivística (Corpo Especial de Arquivos) e acude como sempre aos datos que lle subministran os seus Gabinetes de propaganda. Só deste xeito se pode entender que afirme algo que non é certo. Calquera empregado/a público/a da Xunta pode comprobar a existencia de documentación de máis de 10 anos pero son precisamente consultando cos profesionais da arquivística na Xunta, coa seguinte análise, os que nos demostran que o Presidente ou[…]

  • 17 de Maio DIA DAS LETRAS GALEGAS

    CIG Correos 16 May 2013 | 8:44 am

    GRANDE MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA(Saída ás 12:00 dende a Alameda)“Non queremos ser estranxeiros na nosa Patria. Queremos galego!”Para máis información: Plataforma Queremos Galego ou no xornal dixital da CIG Avantar

  • A CIG convoca asembleas e mobilizacións contra a proposta dun pacto social que suporá máis recorte de dereitos

    CIG Correos 16 May 2013 | 8:43 am

    O próximo xoves 16 de maio en distintas comarcas do País  A CIG ten convocadas mobilizacións de delegados e delegadas en distintas comarcas de Galiza, o vindeiro xoves día 16 de maio, con asembleas previas nas que se analizará a situación socioeconómica e laboral, centrando o debate no escenario que se vai crear a nivel de estado ante a convocatoria, para ese mesmo día, dunha xuntanza entre o goberno, a patronal e os sindicatos españois CCOO e UGT, para acadar un hipotético ‘pacto social polo emprego’.Para máis información preme AQUÍ

  • Curso sobre como dar malas novas: especial edición para Feijóo

    Novas nacionais 16 May 2013 | 8:23 am

    No DOG do 16/05/2013 a Academia Galega de Seguridade publica a convocatoria dun curso sobre como dar malas novas: técnicas específicas. Nestes momentos de despedimentos e recortes na Xunta, fácemoslle unha encarecida recomendación a Feijóo para que faga este curso. Terá moito andado para cando volva a botar os seus traballadores á rúa, cando nos volva a recortar o salario ou teña que comunicarlle á sociedade galega porque a súa receita da "austeridá" non crea máis que paro e miseria. Sen dúbida é mellor afrontar as malas novas que andar creando realidades paralelas e dicindo que non son despedimentos senón amortizacións, que non son recortes senón que imos cobrar máis que o ano que pasado ou que non fai nada[…]

  • A Xunta está a xogar de forma partidista co reforzo de verán dos dispositivos de extinción de incendios forestais

    Novas nacionais 16 May 2013 | 7:58 am

    A Xunta recua os anos 90 voltando a ofertar os concellos a contratación  de parte do dispositivo de reforzo de verán na loita contra os incendios forestais e recupera medidas de antano que resultaron ineficaces e partidistas. Un ano máis, en momentos previos á contratación do reforzo de verán para a loita contra os incendios forestais, a falta de previsión e transparencia fai que a planificación e organización brille pola súa ausencia.A día de hoxe, o reforzo de brigadas no período de máximo risco para a extinción e prevención de incendios forestais é clave na planificiación e organización deste dispositivo. Inicialmente, desde os anos oitenta comezaron sendo brigadas contratadas polos concellos, aos que pouco a pouco se lle foi incorporando[…]

  • CURSOS FORMACIÓN EGAP PARA TRABALLADORES DE XUSTIZA

    CIG - Sector de Xustiza 15 May 2013 | 10:27 am

       No DOG de hoxe 15 de maio saíu publicada a convocatoria de cursos de formación para traballadores da administración de xustiza en Galiza.   As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes (16 de maio) e ata as 14.00 horas da data de finalización o vindeiro 25 DE MAIO. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.   O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco. Serán excluídos automaticamente aqueles solicitantes que presenten solicitudes para máis de cinco cursos. 

  • 15 de maio: día da familia. A Xunta celébrao botando á rúa a 59 traballadores/as

    Novas nacionais 15 May 2013 | 8:53 am

    A Xunta de Galiza publica un vídeo retrógado no seu web sobre o concepto "familia galega" e aproveita para facer pedagoxía dos recortes cos cartos de todas e todos. A Xunta de Galiza celebra hoxe o día da familia e o goberno galego súmase á declaración deste día como día internacional da familia, a familia auténtica,  a que describe con imaxes no seu web corporativo:  avoa aforradora, papá, mamá, imaxinamos que casados pola igrexa, evidentemente fillo e filla (ou os que veñan), coa deformidade psíquica ou física que Deus decida no período de xestación, como ten que ser... Imaxinamos que isto é o que entende por familia este goberno, familias que se portan ben, que non van a manifas do[…]

  • A Xunta segue convocando prazas de persoal informático en formato "asistencia técnica"

    Novas nacionais 15 May 2013 | 7:11 am

    No DOG do 14/05/72013 publícase a licitación dun contrato de servizos informáticos do Instituto Galego de Vivenda e Solo. No Prego de claúsulas técnicas descubrimos que se trata fundamentalmente de obter os servizos de 4 informáticos/as: 1 xefe/a de proxecto, 1 analista e 2 programadores/as. Na RPT actual do IGVS pode comprobarse que o Servizo de Informática componse actualmente de 5 postos nos que xa existen estes perfís profesionais. Porén, a Xunta continúa coa súa teima de amortizar postos de persoal informático cando contratos como este demostran que son necesarios. Estas necesidades existen e tamén existen os profesionais sen necesidade de irse a buscalos fóra da Xunta e se houbera necesidade de reforzar o persoal para iso están as listas[…]

  • CONVOCATORIA ACCION SOCIAL 2013

    CIG - Sector de Xustiza 14 May 2013 | 1:07 pm

       No DOG de onte 13 de maio saíu publicada a convocatoria de axudas de acción social para este ano 2013, exclusivamente do programa para persoas con discapacidade física, psíquica o sensorial. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles que finalizan o vindeiro 31 DE MAIO. As solicitudes deberán de cubrirse a través da OPAX.

  • Traballadores da Xunta concéntranse en San Caetano contra os despedimentos e as privatizacións

    Novas nacionais 14 May 2013 | 12:33 pm

    Preto de 200 traballadoras e traballadores públicos concentráronse en San Caetano o martes, 14 de maio, en rexeitamento pola política de amortizacións e despedimentos da Xunta de Galiza. {youtube}7Iz_G0w-JVU{/youtube} Coreáronse berros de "Non, non, non ás amortizacións", "Non máis despedimentos na Xunta de Galiza", "O público é servizo, o privado beneficio", "Non faltan cartos, sobran ladróns". Rematouse co xa clásico minuto de ruído e un espontáneo "Uns no barco con Dourado e outros marchan para o paro". Durante a concentración, o presidente do Comité Intercentros anunciou que seguirían as mobilizacións e que non quedará ningunha agresión sen resposta; a vindeira este xoves, 16 de maio, con caceroladas en todos os edificios administrativos da Xunta de Galiza. Ler máis...

  • 20.000 Prazas para o Curso de Inglés Básico para Atención ao Cliente Extranxeiro

    CIG Correos 13 May 2013 | 1:30 pm

    Correos convoca un curso de inglés básico cuxos contidos están adaptados aos procesos e produtos postais para facilitar a atención, información e venda aos cliente estranxeiros.O curso está dirixido a traballadores/as dos grupos  III  e  IV da Dirección de Operacións, tanto laborais fixos como funcionarios, en activo ao inicio do curso, que desenvolvan o seu traballo en postos nos que se relacionen co público (oficinas e distribución –carteiros-as). Que non fosen inscritos na convocatoria de 2012.A modalidade do Curso  é  on-line fóra da xornada laboral.Inscrición: Do 13 de maio ao 19 de maio a través do Campus virtualde Correos (https://formacion.correos.es).Comunicarase vía correo electrónico e  sms a data de realización do curso (Correos recomenda revisar estes datos no apartado "A miña[…]

  • Despedimentos en Traballo: man dura coas persoas desempregadas, flexibilidade coas empresas

    Novas nacionais 13 May 2013 | 9:02 am

    A pasada semana, a Consellaría de Traballo anunciou a contratación de 20 persoas para o control da fraude nas prestacións do Plan Prepara. A CIG-Autonómica chama a atención no cinismo que amosa a consellaría, competente entre outras na promoción do emprego, quen contrata 20 postos ao tempo que leva destruido 223 nas oficinas de emprego entre xuño e decembro do 2012, e que nestes días está a despedir a máis persoal. Chamamos tamén a atención na visión que teñen os responsábeis políticos da consellaría e do goberno do que é realmente importante en materias relativas a traballo: Os 20 postos que van crear están dirixidos á controlar a fraude nas prestacións do Plan "Prepara" que reciben os desempregados e desempregadas[…]

  • Concurso de informática: buzón de postos

    Novas nacionais 13 May 2013 | 6:32 am

    Achegamos a situación do buzón de postos das escalas de informática coas últimas modificacións. Dos 121 postos vacantes, un total de 14 van ser amortizados, en contra das nosas alegacións, polo que Función Pública non as ofertará finalmente na vindeira convocatoria do concurso de traslados.

  • Publicados os resultados das probas físicas e de agudeza visual dos integrantes das listas do SPDCIF

    Novas nacionais 10 May 2013 | 5:58 pm

    A Consellería do Medio Rural e do Mar informa que, ao longo do día 10 de maio de 2013, poderanse consultar na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar os resultados das probas físicas e de agudeza visual celebradas os días 29 e 30 de abril e 2 e 3 de maio de 2013. Estas probas foron convocadas ao abeiro do disposto no DOG do 17/04/2013, onde saiu publicada a convocatoria para a realización das probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa[…]

  • Sindicatos asinantes: MENTIREIROS!!

    CIG Correos 10 May 2013 | 11:43 am

  • Incentivos altos cargos POBRIÑOS!!!

    CIG Correos 10 May 2013 | 11:38 am

  • NOTA CONXUNTA TRAS O ABANDONO DA MESA DE NEGOCIACIÓN

    CIG - Sector de Xustiza 9 May 2013 | 1:47 pm

    O DIRECTOR XERAL, JUAN JOSÉ MARTÍN ÁLVAREZ, CUNHA ACTITUDE FASCISTA, REVENTA AS NEGOCIACIÓNS E IMPLANTA O TOTALITARISMO NAS CONDICIÓNS LABORAIS DOS  TRABALLADORES DA XUSTIZA EN GALICIA.Tras varios meses de negociación  nos que conseguimos minimizar algúns dos recortes con respecto ao RD 20/2012  (sete días de vacacións de disfrute independente, a posibilidade de unir eses días aos moscosos, concesión do permiso de ingreso hospitalario de xeito independente no prazo dun mes, mantemento do horario de verán e semana grande, días de asuntos particulares por cada festivo nacional que coincida en sábado, …), o Director Xeral, nunha actitude fascista sen precedentes, non sabemos se dirixido, como un monicreque, polo Conselleiro, trocou a súa actitude na mesa amosando  desprezo ás Organizacións Sindicais con[…]

  • Educación rectifica e vai permitir formarse ao seu persoal

    Novas nacionais 9 May 2013 | 10:34 am

    Informábamos o xoves 2 de maio que a Consellaría de Educación ditara unha circular non negociada na que se lle prohibía ao persoal de administración e servizos a matrícula nas probas de certificación de idiomas. A CIG-Autonómica denunciou os feitos e enviou escrito a Educación solicitando a depuración de responsabilidades e a apertura dun expediente informativo ao Director Xeral de Educación por vulneración dos dereitos fundamentais. Pois ben, responsábeis da consellaría contactaron coa CIG-Autonómica para informarnos que se trata dunha mala redacción e que van rectificar a circular para que o persoal non docente poida matricularse por libre en centros distintos aos que presta os seus servizos. Inda que supoñemos que a decisión do cambio foi debida á dubidosa legalidade[…]

  • NOVAS SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

    CIG - Sector de Xustiza 9 May 2013 | 9:48 am

    Publicáronse na intranet no día de hoxe algunha das  adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre titulares así como os avisos de desocupación de novas prazas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo. Adxudicacións:https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oR19xNlBzYkt2aDQ/edit?usp=sharingNovas substitucións:https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5ocDZOOXlpTS1sNjA/edit?usp=sharing

  • Contratos lixo e despedimentos masivos en Traballo

    Novas nacionais 8 May 2013 | 12:28 pm

    A consellaría de Traballo, entre xuño e decembro do pasado ano, botou a rúa a 223 traballadores/as das oficinas de emprego; tanto aos contratados para a orientación como aos do seguimento do plan prepara. Hoxe mesmo está comunicando a rescisión dos contratos de traballo do persoal laboral temporal e o indefinido, tanto o que supervisa as subvencións finalistas procedentes dos fondos europeos como os das unidades da dependencia de Santiago, Ferrol e Vigo. Sorprendentemente e sen a previa comunicación ás OOSS, enterámonos que Traballo vai a celebrar 20 contratos que se extenderán ata o remate deste ano e co obxecto de controlar o fraude nas prestacións. Traballo elabora unha memoria explicativa, a que non é discutida coas OOSS, na que[…]

  • Correos Reduciu 100 Traballadores nos Últimos cinco Anos na Provincia de Ourense

    CIG Correos 8 May 2013 | 10:47 am

    Ourense non é sitio distinto e padece tanto ou máis que o resto do pais a redución drástica de postos de traballo, penalidade que se fai moito máis palpable no entorno rural. ¿Chegará o día no que os Gobernos e a Dirección de Correos asuman a súa parte de culpa e se responsabilicen da actual situación desta empresa?  Para máis información ollar a prensa    LA VOZ DE GALICIA1                                                            LA VOZ DE GALICIA 2

  • CORREOS ABRIRÁ UNHA OFICINA DE ATENCION Ó PÚBLICO NO BURGO

    CIG Correos 7 May 2013 | 11:10 am

    Despois de 6 anos de loita os veciños conseguen que Correos e o Concello de Culleredo cheguen a un acordoO Concello cede un local 34 metros na Antigua Casa da Xuventude do Burgo para que Correos instale ali a oficina de atención ó público.Agardamos que se poña en marcha o máis rápido posible para poder atender a un núcleo de poboación tan importante que estaba esquencido por Correos.Para máis información olla esta nota de prensa: LA OPINION

  • Aberto o prazo para solicitar os cursos do plano interadministrativo 2013 de forGA

    Novas nacionais 7 May 2013 | 10:56 am

    Desde o 6 de maio e ata a data de comezo de cada curso está aberto o prazo para inscribirse no Plano de Formación Interadministrativo. Esta oferta formativa está dirixida ao colectivo de persoal laboral, funcionario e estatutario en activo das Administracións Públicas. Na páxina de forGA atoparedes esta oferta formativa subvencionada dividida por áreas: Administración Pública, Sanidade e Ensino; tedes que premer no botón da oferta formativa de "Administración". Na seguinte ligazón, ademais da oferta de cursos subvencionados de Administracións públicas, atoparedes toda a oferta específica para persoas desempregadas. En ambos os dous casos, tedes información sobre como se solicitan os cursos, como se selecciona ao alumnado e como se desenvolverán estes. A solicitude se fai premendo no botón[…]

  • Concurso das escalas de informática: borrador das bases da convocatoria

    Novas nacionais 7 May 2013 | 10:23 am

    Achéganos Función Pública o borrador das bases da convocatoria do concurso de traslados para a cobertura de postos vacantes das escalas de informática, ante a súa próxima convocatoria. A primeira reunión terá lugar o 14 de maio. Coma sempre, podedes achegarnos as vosas consideracións a autonomica@cigadmon.org

  • CONVOCATORIA CONCURSO DE TRASLADOS 2013

    CIG - Sector de Xustiza 6 May 2013 | 7:44 am

       No DOG e BOE de hoxe 6 de maio saen publicadas as resolucións de convocatoria do concurso de traslados deste ano 2013.    O prazo de presentación de instancias finaliza o vindeiro 16 DE MAIO.   Podedes cubrir a instancia de xeito informático a través da aplicación AINOA facendo click no enlace de abaixo ou ben entrando na intranet de xustiza  en RR.HH - Concursos de traslados. Non esquezades que aínda cubrindo e formalizando a instancia de xeito informático debedes tamén imprimir a mesma e enviala da forma ordinaria a administración correspondente. Se todos o facemos así poderemos axilizar moitísimo a resolución do concurso.Instancia Informática

  • Nun Ano Extinguíronse 469 Empresas Públicas

    CIG Correos 2 May 2013 | 2:14 pm

     O sector privado reclama que se reduza o peso da Administración Pública e, sobre todo, das empresas públicas, como un dos requisitos para que España volva crecer.Agora os culpables da crise son as Empresas Públicas, lembremos que antes a  culpa a tiñan os desempregados, os xubilados, os inmigrantes, unha sanidade pública por riba das nosas posibilidades ao igual que o ensino público. Coma cura recortan prestacións,  axudas á dependencia e desmantelan todos os servizos públicos; agora tócalles ás empresas públicas.¿Preguntámonos que empresas públicas se van extinguir, as creadas para colocar os amiguetes e familiares, etc. cuns soldos de escándalo ou as que prestan un servizo público como Correos?                           […]

  • Prazas Outros Ministerios

    CIG Correos 2 May 2013 | 11:38 am

    BOE Nº 103 DO 30 DE ABRIL RESOLUCIÓN 25 DE ABRIL 2013PRAZAS EN GALIZA: VIGO, VILAGARCIA, TUY, A CORUÑA, LUGO, OURENSE e PONTEVEDRA.SUBGRUPOS: C1 e C2.

  • Prazas Outros Ministerios

    CIG Correos 2 May 2013 | 11:20 am

    BOE Nº 103 DO 30 DE ABRIL ORDE HAP/712/2013 DO 18 DE ABRILPRAZAS EN GALIZA: A CORUÑA, LUGO e PONTEVEDRA.SUBGRUPOS: A2, C1 e C2.

Free Joomla Templates: by JoomlaShack