POSTURA DA CIG-ADMON. PÚBLICA ANTE A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALIZA

 
  1. A LINGUA GALEGA É MATERIA DA QUE OS EMPREGADOS PÚBLICOS NA NOSA  COMUNIDADE AUTÓNOMA, TEN DE ACREDITAR O SEU COÑECEMENTO, E ISO É ASI POR IMPERATIVO LEGAL ARTG. 33 DA LEI DA FUNCIÓN PÚBLICA DE GALIZA (Lei 4/88), EN DESENVOLVEMENTO DA LEI 3/83 DE NORMALIZACIÓN LINGUÍSTICA.- Outra cuestión é o xeito de como se produce esa acreditación.

  2. Nos procesos selectivos que se levaron e regularon no ano 99, a Consellaria da Presidencia estabelecia nas bases (por primeira vez) que os exames de galego, só eran para aqueles que no seu expediente educativo (formación reglada ou continua) non se acreditara. (por certo xá a própria CIG no ano 93, solicitara a sua supresión, con modificación substancial do proceso de selección)

  3. As bases da convocatória foran recorridas pola CIG, non porque estiveramos de forma inabalábel a prol da proba de galego, pois xá no ano 93, no ano 95, no ano 99, e en multiples situacións nas que se ten dado este debate, entendiamos que a mesma non era a forma acaida de acreditar o coñecemento da língua galega, o que é de hai tempo, un feito recoñecido por todos -CIG e Administración- de que na prática as probas que se realizaban pouco significaban sobre a acreditación de coñecemento da língua galega. Outro asunto e a simples supresión que con as limitacións sinaladas efectua a administración, fronte a alternativa que a CIG elaboraba a esa supresión.

  4. O recurso correspondia mais a insatisfacción pola non apreciación das nosas propostas alternativas e todas sen exame de galego, e por entender que as bases en si, sen seren nada que trocara de facto radicalmente a realidade, si supuñan unha certa debilidade da língua galega mais no plano das ideias das persoas que no seu espírito legal de facto no sindicato pensabamos e pensamos que a leitura legal muitas veces estaba ao alem do que eran e é o espirito da Lei que isto poderia ser apreciada polo tribunal, para o que se aportaban elementos xuirídicos.

  5. A situación da língua galega non muda nada a vista da Sentenza, o único que di, é que admite como válida, como forma de acreditación, as certificacións académicas. A Sentenza refire-se as bases dunhas convocatórias efectuadas no ano 99, reproducibeis no futuro ou modificabeis. De facto en toda a história da Administración Autonómica nunca se reproduciron ad pedem leterae unhas mesmas bases en varias convocatórias.

  6. A CIG segue e seguirá insistindo na modificación (e dicer das bases das convocatórias) do sistema de selección de empregados públicos, tal como nos temos repetidamente manifestado en distintos documentos tanto externos como internos; e nos que básicamente reclamamos que dunha vez e en sério a EGAP cumpra o papel que no artg. 14 da Lei 3/83 se lle fixa, -que non exista nengunha proba como tal de língua galega ou castelá-, e si, que o opositor concursante obrigatoriamente deberia efectuar un dos exames do proceso seleccionador en galego, que seria sempre o exame oral (Ha que ter  en conta que o exame oral so se produce nos grupos altos).

  7. O tratamento xornalístico da Sentenza, creemos que está fora de contexto, nada muda na situación legal da língua galega, pensamos que tal vez o descoñecemento xurídico do debate "xurídico" (serva a redundáncia) sobre o que en certa maneira se pronúncia o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, pode levar o que se estexan proxetando na opinión pública unhas ideias confusas e pouco clarecedoras da auténtica situación do problema; pois no quadro legal no que se insire a administración na nosa CCAA os empergados públicos ten de acreditar o coñecemento da língua galega, outra cousa e o procedemento de esa acreditación, que en principio é algo se fixa nas bases das próprias convocatorias.