|
Todos
os traballadores e traballadoras son titulares do dereito á protección
da súa saúde de integridade no ámbito laboral, con independencia do
tipo de contrato que teñan ou da súa adscrición ao sector público ou
privado.
|
Os
traballadores e traballadoras, en función da formación recibida polo
empresario, deben:
-
Velar
pola súa saúde e seguridade e pola de aquelas outras persoas ás
que poida afectar a súa actividade laboral.
-
Utilizar
adecuadamente calquera elemento ou medio co que desenvolva a súa
actividade.
-
Non
poñer forra de funcionamento, e utilizar
correctamente, os dispositivos de seguridade.
-
Informar
de inmediato das situacións de risco.
-
Contribuír
ao cumprimento das obrigas establecidas pola autoridade competente.
-
Cooperar
co empresario para que éste poída garantir unas condicións de
traballo seguras.
|
-
Información:
Recibir toda a información necesaria sobre os riscos do seu posto
de traballo, medidas de protección e planos de emerxencia.
-
Formación:
Recibir formación teórica e práctica en materia preventiva, que
deberá actualizarse sempre que sexa necesario. O tempo dedicado
debe ter a consideración de tempo de traballo.
-
Proposta:
Formular propostas, para mellorar a seguridade e saúde, ao
empresario, ao Comité de Seguridade e Saúde ou
aos Delegados/as de Prevención.
-
Vixiláncia
da saúde:
O custo dos recoñecementos medicos recae sobre o empresario. O
tempo invertido considérase tempo de traballo efectivo.
-
Denuncia:
Dereito a recurrir á Inspección de Traballo se considera que as
medidas adoptadas e os medios utilizados polo empresario non son
abondo para garantir a seguridade e a saúde no traballo.
-
Resistencia:
Dereito a interromper a actividade e abandoar o traballo cando
considere que existe un risco grave e inminente para a súa vida ou
a súa saúde.
|